AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Senra á UE: “Volten á vida real e abran as portas ao control público da produción no sector leiteiro”

9 Marzo, 2016 acordos comerciais, agricultura, Comisión Europea, crise agrícola europea, economía rural, emerxencia social, leite, liberalización, liberalización comercial, liberalización sector lácteo, libre mercado, Lidia Senra, OMC, Organización Mundial do Comercio, PAC, políticas públicas, soberanía alimentaria, sustentabilidade, transxénicos

 

https://ageuropa.gal/wp-content/uploads/2016/03/090316_Senra_Denuncia-crise-de-emprego-no-sector-agrícola-europeo.mp4

 

  • Durante o debate de preparación Senra reivindicou que se aborde no vindeiro Consello Europeo a crise de emprego no sector agrícola
  • Os sectores hortofrutícola, porcino e leiteiro están a pasar por unha situación crítica debido ao fracaso da Política Agraria Común (PAC)

Estrasburgo, 09 Marzo 2016. Na mañá de hoxe tivo lugar durante o pleno do Parlamento Europeo en Estrasburgo[1] o debate[2] de preparación da reunión do Consello Europeo dos vindeiros 17 e 18 de marzo, no que se abordarán temas como a débeda, economías emerxentes, volatilidade nos mercados ou a situación do emprego a nivel da UE, entre outros.

A eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), Lídia Senra, titular para o Grupo da Esquerda Verde Nordica-Esquerda Unitaria Europea (GUE/NGL) na Comisión de Agricultura do Parlamento Europeo, interpelou aos representantes do Consello e a Comisión presentes na Eurocámara para sinalarlles que a vindeira semana, cando aborden a situación do emprego na Unión Europea, “deben lembrarse da crise do sector agrícola europeo, crise que nestes momentos ten na picota a sectores como froitas e hortalizas, porcino ou leite”.

A continuación, Senra retomou a grave situación do sector leiteiro dirixíndose directamente á Comisión Europea: “a incapacidade do Comisario Hogan para atopar solucións á crise leiteira europea pon de manifesto o fracaso das súas políticas”.

Xa a principios de semana, durante a xuntanza extraordinaria da Comisión de Agricultura do Parlamento Europeo que tivo lugar o luns pola noite, a eurodeputada galega visibilizou unha forte crítica ao proceder da Comisión, “benvido ao mundo real” -espetou ao Comisario de Agricultura Phil Hogan logo de que este intervira recoñecendo a existencia da crise no sector leiteiro europeo[3]-, “cando van estar dispostos a admitir que se equivocaron aprobando a actual PAC e cando explorarán vías que conleven a regulamentación da produción e do mercado?”, insistiu a eurodeputada galega.

Senra retomou esta crítica tamén hoxe no hemiciclo, “no vindeiro Consello, volten á vida real e abran as portas á regulación da produción no sector leiteiro”, alentou, xa que “non só conta o emprego que se constrúe, senón tamén o que se destrúe”.

“Teñan en conta a situación do sector agrario e paren esta sangría para contribuír á creación de emprego e dun mundo rural vivo en Europa”, concluíu a eurodeputada de AGEe.

 

 

[1] Orde do día de toda a semana: http://www.europarl.europa.eu/sides/getDoc.do?pubRef=-//EP//TEXT+AGENDA+20160307+SYN+DOC+XML+V0//PT
[2]Todas as intervencións do debate están accesíbeis neste enlace en tódolos idiomas oficiais: http://www.europarl.europa.eu/plenary/es/debate-details.html?date=20160309&detailBy=date
[3]A instancias de AGEe, a Comisión respostou tamén unha pregunta paralamentaria na que asumían a situación crítica do sector leiteiro. Ver [NdP220216AGEe] A Comisión Europea admite, interpelada por AGEe, que a liberalización abocou ao sector lácteo a unha situación “moi difícil”.
anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra no banco mais fedento do mundo con vistas ao vertedoiro de sogama

Lídia Senra: “Na Galiza urxe un modelo de xestión de residuos público 100%, descentralizado e baseado na redución, reciclaxe, reutilización e protección do medio ”

14 Maio, 2019
Comprobando o estado da contorna da Lanzada_2656x1494

Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

12 Abril, 2019
VdMRXGtM

Lídia Senra reclama na CE solucións para que unha muller poida acceder sen barreiras á súa casa en Abadín

9 Abril, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies