AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Senra traslada á Comisión a preocupación pola concesión mineira Isabela II

1 Marzo, 2016 acordos comerciais, actividades, AGEe, agricultura, Comisión Europea, contaminación, crise agrícola europea, crise de dereitos, economía rural, minaría, soberanía alimentaria
Plano1 Isabela II
Plano 1 do proxecto Isabela II. Fonte: Quepasanacosta.gal

• AGEe vén de rexistrar unha pregunta parlamentaria dirixida á Comisión na que se solicita a súa valoración sobre a pretensión da Xunta
• Máis de 28.000 persoas que traballan nas comarcas do Xallas e Costa da Morte corren o risco de perder os seus postos de traballo

Bruxelas, 01 Marzo 2016. Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), vén de rexistrar a través da súa eurodeputada Lídia Senra unha pregunta parlamentaria dirixida á Comisión Europea trasladando a preocupación social pola concesión outorgada pola Xunta de Galicia á sociedade madrileña Grupo M-FM 2001, S.L , para proceder realizar prospeccións na procura de ouro en más de 46 quilómetros cadrados dos termos municipais de Zas, Santa Comba, Vimianzo e Coristanco, na provincia de A Coruña (Proxecto Isabela II).

“É moi indignante que logo da importantísima mobilización social que logrou a paralización da mina de Corcoesto o Goberno de Feijoo veña agora con estas concesións”, criticou Senra, “a propia Xunta de Galiza parece ter a vontade de dar pasos para devastar e contaminar o noso territorio e redundar no abandono do medio rural”, lembrou en alusión ás máis de 28.000 persoas que traballan nestas comarcas do Xallas e Costa da Morte en actividades relacionadas co sector agrícola, forestal, silvícola, turístico e paisaxístico e que constitúen, segundo o propio Instituto Galego de Estadística (IGE), o principal motor da economía desta zona.

Tendo en conta que está prohibida calquera tipo de actuación incompatíbel cos valores ecolóxicos, históricos e culturais de cada zona, tras informar a Comisión do forte impacto social, ecolóxico e económico deste proxecto, solicitamos que valore se realmente é aceptábel dende o punto de vista da Unión Europea a realización destas prospeccións mineiras nestas comarcas.

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra no banco mais fedento do mundo con vistas ao vertedoiro de sogama

Lídia Senra: “Na Galiza urxe un modelo de xestión de residuos público 100%, descentralizado e baseado na redución, reciclaxe, reutilización e protección do medio ”

14 Maio, 2019
Comprobando o estado da contorna da Lanzada_2656x1494

Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

12 Abril, 2019
VdMRXGtM

Lídia Senra reclama na CE solucións para que unha muller poida acceder sen barreiras á súa casa en Abadín

9 Abril, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Xullo 2025
M T W T F S S
« Mai    
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies