AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Lidia Senra: “Non hai solución de futuro que non pase por voltar á política leiteira pública”

15 Setembro, 2015 Diane Dowling, leite, liberalización, Lidia Senra, Néstor Alfredo Díaz

Bruxelas, 03 Setembro 2015. A eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), Lídia Senra, quixo encetar a comparecencia en rolda de prensa da mañá de hoxe en Bruxelas amosando “a total solidariedade e apoio do Grupo da Esquerda Verde Nórdica-Esquerda Unitaria Europea ás mobilizacións que está a levar adiante o sector leiteiro europeo”, salientando especialmente “a loita que está tendo lugar hoxe en Lugo e a tractorada que terá lugar a vindeira semana en Compostela”.

Trala exposición por parte da canadense Diane Dowling –presidenta da National Farmers Union (NFU) Local 316– e o colombiano Néstor Alfredo Díaz -presidente da Federación Nacional Sindical Unitaria Agropecuaria (FENSUAGRO)- dun pequeno resumo das intervencións realizadas onte no marco do seminario internacional “Impacto da liberalización do sector lácteo en Europa: Que futuro?”, Senra tomou a palabra para reivindicar como “imprescindíbel” o control da produción leiteira e a fixación de prezos mínimos en orixe.

A eurodeputada de AGEe reiterou a inoperancia dos “malos parches” aplicados até o momento para facer fronte á grave situación de inestabilidade do sector nestes últimos anos, tales como o denominado ‘paquete lácteo’, que cualificou de “auténtico fracaso”, xa que os contratos “están feitos á medida das empresas, que deciden o que fan co contrato, e nos estados nos que é obrigatorio a situación é inda peor”.

Asemade, salientou a “falsidade” da proposta incluída neste paquete de crear asociacións de produtores/as para supostamente favorecer a capacidade negociadora, unha medida que para a eurodeputada galega o que  procura é  “desposuír ao sector dos instrumentos que ten para negociar políticas”, por unha parte desprazando as organizacións sindicais agrarias e, por outra, porque “ao desarticular a política pública e deixar o prezo en mans do mercado dá igual as negociacións que teñamos, non haberá forza no sector.”

O modelo de liberalización do sector lácteo “transita cara un futuro onde 10.000 explotacións producirán o que a dia de hoxe producen 650.000 en toda Europa”, afirmou, como tamén se deixa ver no estudo presentado na mañá de hoxe ás gandeiras e gandeiros galegos que acudiron ao seminario, no que unha das conclusións é que “a produción láctea concentrarase no norte, e os estados dos Sur da Unión Europea van perder produción porque non poderán aguantar esta concentración”. No Estado español, proseguiu, “o meu país, Galiza, produce practicamente o 50%, polo que temos a certeza de que tanto Galiza como en xeral a cornixa cantábrica será a grande afectada, inda que tamén están en risco a meirande parte  das pequenas e medianas explotacións europeas”.

Facendo fronte aos argumentos políticos e institucionais que plantexan a inexistencia dun escenario alternativo, Lídia Senra retomou as propostas postas onte enriba da mesa pola Coordenadora Europea Vía Campesina (CEVC) e o European Milk Board (EMB) salientando que “é posíbel unha política leiteira pública que reduza a produción adecuándoa á demanda; é posíbel redistribuír o dereito a producir; é posíbel situar o prezo en orixe no centro da política e tamén é posíbel producir cun modelo diferente que poña fin ao ‘sinsentido’ de estar importando soia e cereais dos países do Sur para producir excedentes europeos que logo, subvencionados con cartos públicos, van voltar ao mercado internacional”,  un  proceso que destrúe á pequena e mediana explotación europea e en todo o mundo.

“Por iso queriamos dotar dunha dimensión internacional a este seminario”, abondou,  “para amosar aos partidos políticos e á sociedade que os medianos/as e pequenos/as labregos e labregas a nivel mundial non competimos entre nós, que a competencia está no modelo de produción.”

Como é sabido, a día de hoxe os prezos do mercado mundial son artificiais, sostidos cun dumping -venta por embaixo de custos produtivos- que facilita que o negocio agroexportador “teña unha materia prima barata a costa da sociedade e do pequeno e mediano campesiñado”.

Dende o grupo da Esquerda Verde Nórdica-Esquerda Unitaria Europea (GUE/NGL), “seguiremos adiante loitando por esta nova política, e levando adiante propostas solidarias e imaxinativa que veñan de organizacións críticas.” A día de hoxe, concluíu, “non hai solución de futuro que non pase por voltar á política leiteira pública.”

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra e Ekaitz Cancela, nas xornadas hoxe II_2656x1494

Lídia Senra aposta por avanzar no debate social sobre os sistemas económicos alternativos ao capitalismo

6 Abril, 2019
Ekait e Paul

O xornalista Ekaitz Cancela e o científico informático e economista Paul Cockshott, este sábado en Santiago

3 Abril, 2019
Lidia Senra visitando a Enseada de San Simon II_2304x1728

Lídia Senra denuncia na CE a nova terminal portuaria prevista na Enseada de San Simón, plena Rede Natura

28 Marzo, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies