AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Lídia Senra reclama que as Administracións promovan os produtos da pesca artesanal nos comedores públicos

15 Maio, 2019 A Coruña, A nosa voz en Europa, comercio local, compromiso por europa, eleccions europeas, En Marea, Lidia Senra, mercado da praza de lugo, peixe, pesca artesanal

Lidia Senra e Villares repartindo II

  • Estivo hoxe pola mañá repartindo información da campaña electoral no Mercado da Praza de Lugo, na Coruña, acompañada por Luís Villares e Luz Marcos Buján
  • A eurodeputada e candidata á reelección, que esta tarde se reunirá coa Confraría da Coruña, sitúa como prioridade tamén a limpeza e rexeneración das rías

CORTE AUDIO DECLARACIÓNS DE LÍDIA SENRA HOXE PINCHANDO AQUÍ 

https://lidiasenra.gal/wp-content/uploads/2019/05/Video-na-praza-de-Lugo.mp4

A Coruña, 15 de maio de 2019. A eurodeputada Lídia Senra, candidata de En Marea: Compromiso por Europas ás eleccións europeas do 26 de maio, estivo este mércores pola mañá na Coruña, repartindo información da campaña electoral no Mercado da Praza de Lugo, acompañada polo voceiro de En Marea, Luís Villares, polo deputado no Parlamento Galego Pancho Casal, e pola membro da lista electoral europea, veciña de Oleiros, Luz Marcos Buján. Senra tivo a oportunidade de conversar coas persoas que atenden os postos do mercado, algunhas delas ben coñecidas por ella, pois durante anos, antes de ser eurodeputada, tamén tivo un posto de venda de produtos neste mercado.

En declaracións aos medios, a candidata reclamou que as Administracións deben dar exemplo, tanto a UE como a Xunta como o Estado español, e promover o consumo de produtos procedentes da pesca local e artesanal. “A pesca artesanal e de pequena escala é fundamental neste país, xera moitos postos de traballo directos e indirectos na Galiza. A UE debe defendela e ademais de políticas específicas adaptadas a estas flotas, é moi importante que se promova o consumo do pescado que traen estes barcos. A Praza de Lugo xoga un papel moi importante na venda de peixe na comarca da Coruña e as Administracións públicas debe apostar decididamente por comprar estes produtos para abastecer os comedores públicos, falo de que os servizos que levan as comidas nas escolas, hospitais, etc, se abastezan dos produtos da pesca artesanal e dos produtos agrícolas e gandeiros do comercio local e galego”, defende.

Lídia Senra tamén marcou como prioridade para seguir traballando durante os próximos 5 anos, a defensa da limpeza e da rexeneración das rías galegas e poñerlle freo ás industrias que contaminan as augas. A candidata estará pola tarde nun encontro no porto de Oza, reunida con membros da Confraría de Pescadores, cos que ao longo deste mandato xa mantivo fluido contacto para defender a rexeneración da ría do Burgo. A eurodeputada comprométese a seguir traballando neste sentido, ao lado dos mariscadores e mariscadoras por toda Galiza e da man do sector pesqueiro de pequena escala.

“O dereito a empregos dignos e seguros e a supervivencia dos nosos sectores produtivos e dos territorios que viven deles deben estar por riba dos intereses do capital. O sector pesqueiro afronta na próxima lexislatura desafíos coma o Brexit, novas medidas técnicas ou a obriga de desembarque que fan imprescindible continuar tendo unha voz forte no Parlamento Europeo na defensa dos pescadores e pescadoras das frotas artesanal e de pequena escala”, zanxou.

Lidia Senra e Luis Villares repartindo Lidia Senra e Villares repartindo III photo5971946588668538552 photo5971946588668538553 photo5971946588668538557 photo5972195366059225108 photo5972195366059225109 photo5972195366059225110 photo5972195366059225112 photo5972195366059225121 photo5972195366059225123 photo5972195366059225124

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra

Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito

26 Maio, 2019
Lidia Senra comprando no mercado de teo

Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei”

25 Maio, 2019
Vista xeral_2592x1460

Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade

24 Maio, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies