AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Lídia Senra reivindica a creación de emprego a través das pemes e o fin do dumping social, económico e ambiental

12 Maio, 2019 A nosa voz en Europa, dia europeo das pemes, dumping, eleccions europeas, emprego, enfermaria, Lidia Senra, melide, openegra, pequenas e medianas empresas, rural

photo5962985160880271944

  • No Día Europeo das Pequenas e Medianas Empresas, a candidata ás eleccións reclama unha UE na que se poña fin ao dumping social, económico e ambiental
  • Amosa tamén todo o seu apoio ao colectivo de Enfermeiras Eventuais en Loita que hoxe teñen a #OPEnegra e exixe rematar coa precarización das traballadoras e traballadores do Sergas para poder ter unha sanidade púbica e de calidade
  • https://lidiasenra.gal/wp-content/uploads/2019/05/Video-lidia-senra-en-Melide.mp4

Melide, 12 de maio de 2019. A eurodeputada galega, Lídia Senra, candidata de En Marea:Compromiso por Europa ás eleccións europeas do 26 de maio, reivindicou hoxe en Melide que a prioridade orzamentaria da UE ten que ser a creación de emprego a través das pequenas e medianas empresas, fronte ás multinacionais. Así o dixo, coincidindo coa conmemoración do Día Europeo das Pemes, que se celebra este domingo.

En declaracións aos medios de comunicación na Festa do Melindre de Melide, Senra apostou por unha UE na que se impida a venda no mercado de produtos por debaixo dos costes de produción, na que se poña fin ao dumping social, económico e ambiental, na que se impida a deslocalización e na que se poñan enriba da mesa medidas para que as grandes empresas paguen os impostos que lle corresponden a nivel fiscal e arancelario.

“É fundamental a creación de emprego para o desenvolvemento do medio rural e neste sentido é prioritario que se blinden os servizos publicos e de calidade. Neste contexto, hoxe especialmente quero facer fincapé tamén e reivindicar que a sanidade pública é fundamental e que para que esa sanidade pública sexa de calidade, na Galiza, o Sergas non pode ter precarizadas ás súas traballadoras e traballadores. Todo o meu apoio á digna batalla que están a dar o colectivo de Enfermeiras Eventuais en Loita neste tamén Día da Enfermaría no que ademais se realizan as probas da #OPENegra. Reclamamos estabilidade laboral en todo o Sergas xa!”, defendeu Lídia Senra tamén.

Audio das declaracións de Lídia Senra PINCHANDO AQUÍ 

photo5962985160880271943 photo5962985160880271942 photo5962985160880271941 photo5962985160880271940 photo5962985160880271939 photo5962985160880271938 (1) photo5962985160880271937 photo5962985160880271936 photo5962985160880271935

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra

Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito

26 Maio, 2019
Lidia Senra comprando no mercado de teo

Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei”

25 Maio, 2019
Vista xeral_2592x1460

Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade

24 Maio, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies