AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Lídia Senra aposta por avanzar no debate social sobre os sistemas económicos alternativos ao capitalismo

6 Abril, 2019 alternativas, capitalismo, datos, economía, ekaitz cancela, GUE/NGL, Lidia Senra, paul cockshott, tecnoloxia, xabier perez davila

Lidia Senra e Ekaitz Cancela, nas xornadas hoxe II_2656x1494

  • Avoga por recuperar a soberanía das persoas sobre os datos e información, para evitar ser materia prima da acumulación de grandes capitais privados

  • Conclúen en Santiago, con Ekaitz Cancela e Paul Cockshott, as xornadas de Economía no século XXI, organizadas en colaboración con Xabier P. Davila

    Pola esquerda, Xabier Perez Davila, Paul Cockshott, Lidia Senra e Ekaitz Cancela, hoxe en Santiago_2656x1494

Santiago, 06 de abril de 2019. A eurodeputada Lídia Senra, membro do Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL) e candidata de En Marea ás próximas eleccións europeas de finais de maio, avogou esta mañá por profundizar sen demora no debate social sobre os sistemas económicos e sociais alternativos ao capitalista, e sobre a transición a unha sociedade verdadeiramente socialista na práctica, feminista e ecoloxista, baseada na propiedade social e na democracia radical. Así o defendeu en Santiago, na Facultade de Filosofía, durante o segundo e último día das xornadas Finanzas, Enerxía, Terra, Coidados, Datos. Privados? Sociais? A economía no século XXI organizadas pola propia Senra, en colaboración co economista e membro do Consello das Mareas Xabier Pérez Davila.

Senra chamou a introducir con máis forza na esquerda este tipo de debates, nos que falar de como facerlle fronte de forma efectiva ao neoliberalismo. A europarlamentaria foi o encargada de presentar nas xornadas ao xornalista e autor do libro Despertar del sueño tecnológico, Ekaitz Cancela, que fixo un relatorio centrado na propiedade e comercialización dos datos. “Debemos recuperar a soberanía das persoas sobre a información e os datos que xeran. Os datos e a información deben ser un ben común, e non a materia prima da acumulación de grandes capitais privados. É imprescindible pór a información e os datos ao servizo de investigacións útiles en aforro enerxético, saúde, optimización das redes de transporte, investigación sobre crise ecolóxica e mudanza climática agroecolóxica”, defenderon Lídia Senra e tamén Pérez Davila, que se encargou de presentar nas xornadas a William Paul Cockshott, profesor de Computing Science da Universidade de Glasgow.

Cos coloquios de hoxe, rematan estas xornadas, que se desenvolveron durante o sábado pasado e este mesmo. Dos dous días de debates, Lídia Senra e Pérez Davila como organizadores tiran unha serie de amplas conclusións [CONSULTAR COMPLETAS PINCHANDO AQUÍ], destinadas a como se debería levar a cabo unha planificación económica para unha economía máis social e alternativa ao capitalismo.

Xabier Perez Davila e Paul Cockshott, nas xornadas hoxe_2656x1494

Xeral da xornada de hoxe_2656x1494

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra

Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito

26 Maio, 2019
Lidia Senra comprando no mercado de teo

Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei”

25 Maio, 2019
Vista xeral_2592x1460

Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade

24 Maio, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies