AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Lídia Senra vota contra o Produto Paneuropeo de Pensións Individuais: “É un insulto para a maioría social”

4 Abril, 2019 dereitos, GUE/NGL, Lidia Senra, nonpaneuropeo, nonpepp, nopepp, pensións, PEPP, produto paneuropeo de pensions individuais, xubilación

Lidia Senra, cos carteis contra o PEPP, no pleno do Parlamento Europeo hoxe

  • A eurodeputada critica duramente no pleno da Eurocáramara que se vaia destinar diñeiro público, a través de vantaxes fiscais, para apoiar o PEPP

  • Reclama que se traballe noutro tipo de regulamento que axude aos Estados a fortalecer e blindar os sistemas públicos de pensións e as pensións dignas

Santiago, 04 de abril de 2019. O Produto Paneuropeo de Pensións Individuais (PEPP) que hoxe se somete a votación no pleno do Parlamento Europeo paréceme un insulto á clase traballadora, un insulto á mocidade precaria, un insulto ás mulleres, un insulto a tantas e tantas persoas que non teñen emprego. Creo firmemente que para realmente garantir sistemas públicos de pensións e pensións dignas temos que votar non a este PEPP e poñernos a traballar en outro tipo de medidas e nun regulamento que axude aos Estados a fortalecer os sistemas públicos de pensións e a ter pensións dignas. O noso futuro, o feito de que na vellez teñamos unha vida digna, non pode depender de se as persoas temos capacidade de aforro ou non. Paréceme unha falta total de ética que se destine diñeiro público, que se establezan vantaxes fiscais, para apoiar este PEPP. Vaise traspasar diñeiro público ás arcas do negocio de quen vai vender estes produtos privados. Intolerable”. Así o manifestou a eurodeputada Lídia Senra, membro do Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), e candidata de En Marea ás próximas eleccións europeas de maio, esta mañá no pleno da Eurocámara, en Estrasburgo, durante o debate previo á votación sobre a Proposta de Regulamento do Parlamento Europeo e do Consello sobre un PEPP.

Tal e como xa anunciara, Lídia Senra votou NON a esta proposta de regulamento e tamén votou NON ao Informe sobre o tratamento fiscal dos produtos de pensións individuais, incluído o PEPP. En liña co traballo que ven desenvolvendo1, a eurodeputada chama a continuar combatendo este PEPP na rúa e nas institucións, a pesar de que hoxe quedara aprobado polo pleno debido á maioría neoliberal que impera nas institucións europeas (338 votos a favor, 143 en contra e 139 abstencións).

Así, resalta a grande importancia que tivo e segue a ter a campaña #NonPEPP #NoPEPP posta en marcha pola Coordinadora Estatal pola Defensa do Sistema Público de Pensións e o Movemento Galego pola Defensa das Pensións Públicas (MODEPEN). “A campaña e a oposición social a este PEPP é tan importante que incluso hoxe, no debate do pleno do Parlamento Europeo, quedou de manifesto que preocupa moito a quen sigue defenden este Produto inadmisible. Por iso, temos que seguir loitando contra el e contra a privatización dos servizos públicos”, considera Senra.

Para a europarlamentaria, non hai dúbida algunha de que as ventaxas fiscais que se lle outorgan ao PEPP implican “seguir saqueando as arcas públicas a favor de quen máis ten” e acusou ao vicepresidente da Comisión Europea (CE) e comisario de Fomento do Emprego, Crecemento, Investimento e Competitividade, Jyrki Katainen, de “mentir descaradamente” durante o debate de hoxe ao dicir que o PEPP vai reducir a fenda das pensións. “Todas sabemos que a fenda de xénero e a que a fenda entre pensións vai aumentar con este Produto Paneuropeo de Pensións Individuais”, declara Senra.

______________________________

1A eurodeputada organizou en setembro do 2018, xuntos á Coordinadora Estal pola Defensa do Sistema Público de Pensións e MODEPEN, unhas importantes xornadas en Santiago sobre O futuro das pensións na Galiza, Estado español e Europa, das que despois se publicou un libro que está a ser presentado por multitude de lugares con gran acollida :

https://lidiasenra.gal/wp-content/uploads/2018/11/Libro-O-futuro-das-pensions-na-Galiza-Estado-espa%C3%B1ol-e-Europa.pdf

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra

Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito

26 Maio, 2019
Lidia Senra comprando no mercado de teo

Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei”

25 Maio, 2019
Vista xeral_2592x1460

Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade

24 Maio, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies