AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Consultamos á Comisión Europea sobre a aplicación da exclusión da pesca artesanal dos totais admisíbeis de captura

29 Xaneiro, 2016 acordos comerciais, emerxencia social, liberalización, libre mercado, Lidia Senra, mariñeiros, marisqueo, Organización Mundial do Comercio, pesca, pesca artesanal, políticas públicas, PPC, soberanía alimentaria
  • AGEe acadou a aprobación dunha emenda na resolución de opinión do Parlamento sobre a nova PPC, logrando especificar esta exclusión
  • Lídia Senra rexistrou onte unha pregunta parlamentaria dirixida á Comisión Europea para saber se esta enmenda vai ser tomada en conta

Bruxelas, 29 Xaneiro 2016. O pasado mes de decembro a Eurocámara procedeu á aprobación dunha emenda[1] rexistrada por Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), insertada na resolución do Parlamento Europeo (PE) Unha nova PPC: estrutura para as medidas técnicas e para os plans plurianuais, co fin de que no texto final deste informe ficase especificado que “a pesca artesanal accidental nas augas interiores dos Estados e das rexións debe permanecer fóra dos TAC[2]“. A nivel galego, isto suporía que as embarcacións que se adican a artes de enmalle[3], como por exemplo as betas ou os miños, non se verían obrigadas a tirar unha parte dos lotes de peixe capturado ao mar, minimizando deste xeito as grandes perdas que están a ter a día de hoxe.

Dita emenda foi elaborada a partir da información proporcionada polo Patrón Maior da Confraría de Cangas, Francisco Javier Costa, durante a realización da xornada “As pescas e a acuicultura na Galiza no contexto da Política Pesqueira Común (PPC): retos e propostas de futuro”, convocada por AGEe o pasado mes de novembro nesta vila do Morrazo.

Así, avanzando na reivindicación do sector de que a pesca artesanal galega accidental estea libre de TAC’s e cotas dentro das augas interiores, a eurodeputada de AGEe Lídia Senra rexistrou onte unha pregunta parlamentaria dirixida á Comisión Europea interpelando directamente á Comisión Europea para que concrete se vai “tomar en consideración este punto da Resolución do Parlamento Europeo” e, en caso afirmativo, “que accións emprenderá para que se faga efectivo nos Estados membro e en qué prazo”.

A eurodeputada galega destacou a relevancia para Galiza de incorporar esta consideración na PPC, subliñando que “este é un aspecto moi importante para manter a economías das pequenas embarcacións que se adican á pesca artesanal e abastecen os mercados diarios de peixe fresco”.

 

 

[1] Punto 25 da resolución Unha nova PPC: estrutura para as medidas técnicas e para os plans plurianuais

[2] Información sobre TAC e cotas na PPC: http://ec.europa.eu/fisheries/cfp/fishing_rules/tacs/index_pt.htm

[3] Artes de enmalle na pesca artesanal: http://www.pescadoartesanal.com/gl/artes-de-pesca-galicia/

 

 

Imaxe: EFEagro

anterior seguinte

Artigos relacionados

Comprobando o estado da contorna da Lanzada_2656x1494

Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

12 Abril, 2019
VdMRXGtM

Lídia Senra reclama na CE solucións para que unha muller poida acceder sen barreiras á súa casa en Abadín

9 Abril, 2019
Lidia Senra e Ekaitz Cancela, nas xornadas hoxe II_2656x1494

Lídia Senra aposta por avanzar no debate social sobre os sistemas económicos alternativos ao capitalismo

6 Abril, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies