AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Lídia Senra insta á CE a incluír a Sensibilidade Química Múltiple na lista europea de enfermidades

27 Marzo, 2019 enfermidades, GUE/NGL, Lidia Senra, saúde, sensibilidade quimica multiple, sqm

Lidia Senra, entre membros da Asociacion SQM Galicia, reunidas en Santiago_2656x1494

  • A eurodeputada reuniuse con membros da asociación SQM-Galicia, que piden que a Organización Mundial da Saúde recoñeza oficialmente a doenza

  • A europarlamentaria reclama algunha iniciativa do Centro Europeo para a Prevención e o Control das Enfermidades para mellorar a vida das afectadas

Santiago, 27 de marzo de 2019. A eurodeputada Lídia Senra, membro do Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL) e candidata de En Marea ás eleccións europeas de finais de maio, rexistrou esta mañá en Bruxelas unha pregunta escrita dirixida á Comisión Europea (CE) sobre a Sensibilidade Química Múltiple (SQM), enfermidade que nos últimos anos se ven detectando que cada vez afecta a máis poboación e que está incluída oficialmente na Clasificación Internacional de Enfermidades do Estado español desde o 2014 e tamén recoñecida noutros países como Alemaña (desde o ano 2000), Austria (2001), Suíza (2010), Dinamarca (2012) ou Xapón (2009).

A pregunta é froito da reunión que Senra mantivo o venres pasado en Santiago con varias membros da Asociación SQM-Galicia, quenes lle explicaron a loita que están a levar a cabo para que se activen protocolos en todos os lugares e a Organización Mundial da Saúde (OMS) recoñeza a enfermidade adquirida, caracterizada pola perda progresiva de tolerancia a produtos químicos diversos, que deriva en problemas cardiovasculares, respiratorios, endocrinos, hepáticos, inmunolóxicos, neurocognitivos, neurolóxicos, xinecolóxicos, androlóxicos, de pel e mucosas, ademais de xerar alteracións do estado do ánimo e derivar en incertidume, aillamento e incomprensión. Isto leva a que as persoas afectadas por SQM non poidan levar unha vida normal, xa que estar en contacto ou en ambientes con produtos químicos como combustibles, disolventes, pesticidas, pinturas, materiais de construción, barnices, produtos de uso habitual como colonias, pergumes, desodorantes, produtos de limpeza, ambientadores, deterxentes, suavizantes, etc, desencadéalles serios problemas de saúde.

Senra insta neste sentido á Comisión Europea a exercer as competencias que ten para loitar contra as enfermidades e para garantir a saúde medioambiental europea e pídelle unha valoración sobre a SQM. “Valora o Centro Europeo para a Prevención e o Control das Enfermidades incluír esta doenza na súa lista, realizar estudos e levar a cabo programas para contribuír a mellorar a vida das persoas afectadas?”, pregunta a eurodeputada no texto rexistrado hoxe en Bruxelas. “Considerando que as asociacións de afectadas levan tempo pedindo tamén que a OMS recoñeza oficialmente esta enfermidade, contempla a CE impulsar un cambio nesta dirección?”, apela Lídia Senra. A CE debería dar resposta a estas preguntas nas próximas semanas.

PE Sensibilidade Quimica Multiple 270319

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra no banco mais fedento do mundo con vistas ao vertedoiro de sogama

Lídia Senra: “Na Galiza urxe un modelo de xestión de residuos público 100%, descentralizado e baseado na redución, reciclaxe, reutilización e protección do medio ”

14 Maio, 2019
Comprobando o estado da contorna da Lanzada_2656x1494

Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

12 Abril, 2019
VdMRXGtM

Lídia Senra reclama na CE solucións para que unha muller poida acceder sen barreiras á súa casa en Abadín

9 Abril, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Xullo 2025
M T W T F S S
« Mai    
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies