AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Senra critica a falta de determinación da UE para establecer unha Directiva que remate cos abusos na cadea alimentaria

12 Marzo, 2019

 

  • O PE aprobou unha Directiva que recoñece que as grandes empresas impoñen prácticas abusivas a pequenas e medianas produtoras
  • O texto no establece medidas para pór fin a estes abusos e non aborda o feito de que moitas labregas/os vense na obriga de vender a perdas

Estrasburgo, 12 de Marzo de 2019. O Parlamento Europeo aprobou na mañá de hoxe unha proposta de Directiva para regular as que se veñen denominando como “prácticas comerciais desleais” nas relacións existentes na cadea de subministro alimentario. Sen embargo, se ben este texto recoñece a existencia de prácticas abusivas ao longo da cadea de produción, constitúe un exemplo máis de como as institucións europeas, logo de aceptar asumir as inxustas asimetrías de poder implícitas na liberalización comercial, conclúen aprobando un posicionamento feble que en termos reais non muda a situación actual.

“Votamos en contra do informe aprobado hoxe non so porque non vai ao fondo real do problema, senón tamén porque non estamos dispostas a avalar co noso voto un texto que pode dar a entender que se está a abordar esta problemática con eficacia. O traballo para rematar cos abusos das grandes distribuidoras e conglomerados agroindustriais está inda por facer”, argumentou hoxe dende Estrasburgo Lídia Senra, coordenadora do Grupo da Esquerda Unitaria Europea-Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL) na Comisión de Agricultura e Desenvolvemento Rural.

Se ben as institucións europeas recoñecen que as prácticas comerciais desleais son endémicas na cadena de subministro, tanto a Comisión como grande parte dos Estados membro levan anos eludindo ir máis aló de establecer códigos voluntarios, protexendo deste xeito aos axentes máis fortes e desprotexendo aos labregos e labregas. A Directiva votada hoxe foi precedida por cinco resolucións do Parlamento Europeo, tres comunicacións da Comisión, un Libro Verde, un documento non oficial do Consello e un Informe do Grupo de Traballo sobre Mercados Agrícolas. “Logo de tanto texto que non muda nada na práctica, que para pouco máis serven que para engordar a literatura positivista da UE que tan distante está logo das medidas que desenvolve, e logo de levar traballando nesta Directiva dende o ano 2016, resulta indignante que este texto presente unha ínfima lista de prácticas identificadas como non permitidas. Os problemas de ter convertido a alimentación nun negocio coma outro calquera van moito máis aló, e as institucións europeas sábeno, pero non o queren afrontar porque seguen protexendo os intereses das grandes empresas en lugar dos dereitos da cidadanía”.

As pequenas e medianas produtoras e produtores son sempre o elo máis feble da cadea, quenes máis dificultades afrontan para poder acadar prezos xustos polos seus produtos. O caso do sector lácteo na Galiza pode ser tomado como claro exemplo, incluído o capítulo no que tanto o Goberno estatal como o galego deron como boa solución o establecemento de contratos entre as gandeiras/os e  industria, que finalmente resultaron ser na maioría das veces acordos negativos para as explotacións agrarias ou compromisos que as industrias lácteas perfectamente se poden permitir eludir. “Unha das principais prácticas desleais dentro da cadea alimentaria é precisamente a falta de medidas que garantan que as labregas e labregos reciban prezos polos seus produtos que garantan cubrir custos de produción e remuneren o seu traballo. Que práctica comercial máis desleal pode haber que obrigar a vender a perdas? Sen embargo sobre isto non atopamos medidas na Directiva”, abondou Senra.

A discriminación que afecta ás pequenas/os e medianas/os produtoras/es garda relación directa coas políticas desreguladoras da UE, tanto no eido da produción como no da comercialización, fortemente acentuadas pola falta de compromiso institucional ca responsabilidade de garantir un dereito fundamental para a vida como é a alimentación. “Aceptamos como positivo que se vaia asumindo e identificando os abusos na cadea de produción -inda que botamos en falla o establecemento de medidas claras que garantan a eliminación destas prácticas-, pero pensamos que o caso da alimentación ten que ser tratado dun xeito diferenciado, exhaustivo; polo que máis que facer unha lista do que está mal e aspirar a que as grandes empresas deixen de facelo o que se precisa é unha lista clara do que está ben e unhas institucións que aseguren con contundencia o seu cumprimento”.

 

 

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra

Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito

26 Maio, 2019
Lidia Senra comprando no mercado de teo

Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei”

25 Maio, 2019
Vista xeral_2592x1460

Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade

24 Maio, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Xullo 2025
M T W T F S S
« Mai    
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies