AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

O preocupante auxe da extrema dereita en toda Europa, a análise nunhas xornadas na Coruña

7 Marzo, 2019 adama sow, altsasu gurasoak, anton losada, claudia moran, comision pola recuperacion da memoria historica, coruña, david lombao, david soto, dereitos, edurne goikoetxea, extrema dereita, fernando souto suarez, gabriele michalitsch, GUE/NGL, irene tome urresti, juan miguel baquero, liberdades, Lidia Senra, miguelanxo malvido, natalia monje, neofascismo, pastora filigrana, sophia soddiqi, universidade da coruña

para web, mesma proporción do 520x254

  • O Paraninfo da Universidade herculina acolle o 15 e 16 de marzo varios coloquios abertos ao público sobre a perda de dereitos e liberdades, con relatores/as que virán de Austria, Reino Unido, Andalucía, Euskadi e Galiza

  • No evento farase un retrato do neofascismo nos diferentes países, abordarase a criminalización social e o papel das redes e dos medios de comunicación na propagación dos discursos do odio, machismo e racismo

A Coruña, 07 de marzo de 2019. O Paraninfo da Universidade da Coruña converterase os próximos 15 e 16 de marzo en lugar de análise e debate sobre ‘O auxe do neofascismo e da extrema dereita en Europa’. Este é o título das xornadas nas que, durante dous días, se intentará realizar, a través de diferentes coloquios e relatorios, un retrato do que é a extrema dereita en Europa hoxe en día, afondando na preocupante situación de perda de dereitos e liberdades á que estamos asistindo en diferentes países. O evento, organizado pola eurodeputada Lídia Senra, membro do Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), en colaboración coa Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña (CRMH) e a propia Universidade da Coruña, está aberto á asistencia de todo o público interesado, sen necesidade de inscrición previa algunha.

Nas xornadas intervirán persoas chegadas de diferentes puntos de Europa, concretamente de Austria, Reino Unido, Andalucía, Euskadi e Galiza, expertas na materia, politólogas, xornalistas, avogadas, representantes de movementos sociais e sindicais, etc, co obxectivo de ser un punto de encontro no que analizar e debullar e denunciar o que está a acontecer na actualidade para poder artellar mellor alternativas que nos permitan frear esta tendencia. “Non podemos permitir que se continúen a dar pasos atrás nos avances sociais logrados con tantísimo esforzo e coa loita de moitos anos e moita xente”, defende Lídia Senra, quen denuncia que “a extrema dereita, o capitalismo e o patriarcado van a día de hoxe da man para intentar botar abaixo os dereitos e as liberdades conquistadas nas últimas décadas”. “Non o imos permitir, por iso, é necesario informarse e debater, saber o que significan e o que propoñen os grupos de extrema dereita que están avanzando en Europa e que temos tamén aquí no Estado español e na Galiza, e facerlles fronte para impedir a formación de Gobernos autoritarios e de extrema dereita que teñen como obxectivo quitarnos os dereitos ás mulleres, reformas laborais para aplicarlle á clase traballadora as medidas máis duras do neoliberalismo e políticas que vulneran os dereitos humanos”, denuncia a eurodeputada.

As xornadas comezarán o venres 15 de marzo, ás 17:00 horas, coa apertura das mesmas a cargo da propia eurodeputada Lídia Senra; de Fernando Souto Suárez, presidente da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña; e de Julio E. Abalde Alonso, reitor da Universidade da Coruña. Xa ás 17:30 horas, terá lugar o primeiro dos coloquios, no que se tratará de facer un ‘Retrato da extrema dereita en Europa’. Nel intervirán Gabriele Michalitsch, investigadora en Economía Política, Teorías Políticas e Economías Feministas no Departamento de Ciencias Políticas da Universidade de Viena; Pastora Filigrama, avogada defensora e especialista en dereitos humanos, membro do Sindicato Andaluz de Traballadores/as (SAT); e Sophia Siddiqui, membro do Institute of Race Relations (Reino Unido). Tras o debate, e para finalizar a xornada dese primeiro día, está programado a partir das 20:30 horas, un concerto acústico de Satxa e Samu Acaracán.

Xa o sábado, 16 de marzo, a xornada comezará ás 11:00 horas, cun coloquio sobre ‘O papel dos medios de comunicación e das redes sociais na divulgación e propagación da mensaxe da extrema dereita, do racismo e do machismo. Como facerlle fronte ás súas estratexias?’. Nel tomarán a palabra Juan Miguel Baquero, xornalista especializado en Memoria Histórica e Dereitos Humanos, colaborador de eldiario.es, autor de ‘El país de la desmemoria’, ‘Las huellas en la tierra’ e ‘Que fuera mi tierra’ sobre as fosas comúns do franquismo en Andalucía; Antón Losada, profesor titular de Ciencia Política da Universidade de Santiago de Compostela e politólogo; Natalia Monje, responsable de Comunicación de Ecos do Sur; e Claudia Morán, vogal da asociación Xornalistas Galegas. David Lombao, xornalista, director de Praza.gal, encargarase de presentar e moderar esta mesa.

Xa o sábado pola tarde, a partir das 16:00 horas, desenvolverase o coloquio sobre ‘Liberdades, dereitos civís e dereitos humanos en perigo na sociedade actual’. Nel participarán Edurne Goikoetxea, membro de Altsasu Gurasoak; Adama Sow, manteiro senegalés, que foi membro da Asociación Sen Papeis da Coruña; e Miguelanxo Malvido, sindicalista, membro da Executiva Confederal da CIG. David Soto, profesor na Facultade de Dereito da Universidade da Coruña, presentará e moderará este debate.

Ao redor das 18:30 horas, está previsto un recital poético; e a continuación será o peche da xornada, a cargo da eurodeputada Lídia Senra e de Irene Tomé Urresti, membro da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña.

Cartel Xornada O AUXE DO NEOFASCISMO 150319 Coruña

Programa Xornada O AUXE DO NEOFASCISMO 150319 Coruña

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra

Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito

26 Maio, 2019
Lidia Senra comprando no mercado de teo

Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei”

25 Maio, 2019
Vista xeral_2592x1460

Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade

24 Maio, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Xullo 2025
M T W T F S S
« Mai    
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies