AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Lídia Senra: “É vergoñento ver ao PP apurando favores co sector privado á costa da saúde e o medioambiente”

27 Xaneiro, 2016 bruxelas, Comisión Europea, contaminación, emerxencia social, ENCE, liberalización, Lidia Senra, mariñeiros, marisqueo, pesca, pesca artesanal, políticas públicas, Ría de Pontevedra, sustentabilidade
  • Confírmase o denunciado polas organizacións que se entrevistaron ca CE en decembro: moitas veces o peor inimigo é a Administración
  • AGEe contactará inmediatamente á Dirección Xeral de Medioambiente da Comisión Europea para informar do acontecido con ENCE

Bruxelas, 27 Xaneiro 2016. O pasado 2 de decembro distintos colectivos e organizacións que loitan pola defensa das rías e ríos da Galiza participaron en Bruxelas nun encontro con Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe) e Jose Manuel Servert, representante da Comisión Europea pertencente á unidade adicada ao seguimento de infraccións e cuestións xurídicas. Nesa xuntanza subliñouse como un dos principais axentes responsábeis da mala situación das nosas rías e ríos precisamente á propia Administración.

“Ver un goberno en funcións tomando a decisión de conceder 60 anos máis de licenza a unha fábrica contaminante é un claro exemplo de como o Partido Popular xestiona as cuestións meidoambientais actuando igual que o raposo ‘coidando’ das galiñas”, valorou hoxe a eurodeputada de AGEe dende Bruxelas.

“O PP xa non é que non faga políticas para mellorar a calidade de vida das persoas, senón que directamente fai políticas en contra de todas e todos nós”, criticou, “é vergoñento velos apurando o intercambio de favores co sector privado á costa da saúde da poboación e da riqueza da Ría”.

Como trasladou no mes de decembro en Bruxelas a Asociación pola Defensa da Ría de Pontevedra (APDR), e reiterou hoxe Senra, “se de verdade se quere acadar o saneamento e recuperación da Ría o camiño é a eliminación definitiva de ENCE”.

Aliás, se pensamos nas fontes de emprego vinculadas ao aproveitamento racional da Ría, “na actualidade está catalogada como Zona C por culpa da contaminación de ENCE, o que supón a perda de moitos postos de traballo, especialmente o das mulleres que exercen a actividade marisqueira”, como nos explicaron as representantes da Agrupación de Mariscadoras a Pé da Confraría de Pescadores de San Telmo de Pontevedra, presentes tamén na xuntanza mantida ca Comisión Europea.

Lembremos ademais que esta fábrica foi construída no ano 1958 baixo ditadura franquista, expropiando forzosamente as terras e reprimíndoa forte contestación da cidadanía, unha oposición social con especial protagonismo das mulleres mariscadoras, que eran conscientes da máis que posíbel desaparición dos seus postos de traballo[1].

Dende AGEe poremos en coñecemento da Comisión Europea, a través do propio Servet, o feito de que o goberno do PP en funcións vén de ampliar a actividade desta empresa contaminante.

 

[1] Libro branco de ENCE

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra no banco mais fedento do mundo con vistas ao vertedoiro de sogama

Lídia Senra: “Na Galiza urxe un modelo de xestión de residuos público 100%, descentralizado e baseado na redución, reciclaxe, reutilización e protección do medio ”

14 Maio, 2019
Comprobando o estado da contorna da Lanzada_2656x1494

Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

12 Abril, 2019
VdMRXGtM

Lídia Senra reclama na CE solucións para que unha muller poida acceder sen barreiras á súa casa en Abadín

9 Abril, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies