AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

A PAC debería ser unha ferramenta de defensa dos bens comúns e da xustiza social e ambiental

5 Febreiro, 2019

 

  • Deputadas do GUE/NGL desenvolveron hoxe unha xornada de traballo no PE sobre a loita contra a mercantilización dos bens comúns na UE
  • Senra participou no panel adicado ás políticas agrarias e o seu rol na protección dos bens comúns e na procura da xustiza social e ambiental

Bruxelas, 05 de Febreiro de 2019. A coordenadora do Grupo da Esquerda Unitaria Europea-Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL) na Comisión de Agricultura e Desenvolvemento Rural do Parlamento Europeo (PE), Lídia Senra, participou na tarde de hoxe na xornada “Bens comúns e xustiza ambiental. Os retos para Europa e para as autoridades locais”, convocada polas tamén eurodeputadas do GUE/NGL Eleonora Forenza (L’Altra Europa con Tsipras) e Lynn Boylan (Sinn Féin) no PE.

050219_Senra_BensComunsPE (2)

Entre os obxectivos desta xornada figura a vontade de contribuír ao relanzamento de políticas de preservación dos bens comúns e a procura da xustiza ambiental en Europa. A denuncia da crecente capitalización e privatización de moitas das cuestións que até o día de hoxe considerabamos como bens ou servizos públicos -tales como a auga, a educación, a saúde ou a cultura- foi o nexo de unión entre os catro paneis desenvolvidos hoxe.

050219_Senra_BensComunsPE (1)
Eleonora Forenza e Lídia Senra

Así, persoas expertas procedentes de movementos sociais e do ámbito académico, xunto con representantes da política local e eurodeputadas/os que veñen traballando nestas cuestións ao longo de toda a lexislatura, presentaron os conceptos clave e achegaron o que consideran como puntos máis relevantes para a elaboración dun marco legal aplicado a unha política europea de bens comúns, achegando experiencias concretas de xestión dos mesmos.

A través da súa participación na mesa adicada ao rol das políticas agrarias nesta loita, Senra destacou a importancia de que a propia Política Agraria Común funcione como “unha ferramenta a través da cal poder avanzar na xustiza social e ambiental e na conservación e recuperación dos bens comúns”. Pero para iso, matizou, “cómpre elaborar outro tipo de PAC; unha PAC que sitúe no centro a cuestión do prezo dos produtos agrícolas, que implique un cambio radical de modelo de cara a superar o actual proceso de agroindustrialización a través da transición cara un modelo agroecolóxico, ca soberanía alimentaria como marco xeral das políticas agroalimentarias na UE”.

A eurodeputada galega compartiu panel cas tamén deputadas do GUE/NGL Anja Hazekamp -Partij voor de Dieren, Holanda- e Miguel Viegas -Partido Comunista Português-, o profesor da Università del Salento Nicola Grasso e o perito agrario Giuseppe Caldara.

 

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra

Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito

26 Maio, 2019
Lidia Senra comprando no mercado de teo

Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei”

25 Maio, 2019
Vista xeral_2592x1460

Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade

24 Maio, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Xullo 2025
M T W T F S S
« Mai    
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies