AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

“É indignante comprobar que a UE e Marrocos estanse repartindo o espolio dos recursos do pobo saharuí”

23 Xaneiro, 2019

 

  • A Comisión de Pesca do PE aprobou hoxe un novo Acordo de Pesca UE-Marrocos a pesar de non cumprir cos requisitos esixidos polo TXUE
  • Senra denuncia que este acordo segue sen contar co consentimento do pobo saharauí e será recorrido de novo pola Fronte Polisario

Bruxelas, 23 de Xaneiro de 2019. A Comisión de Pesca do Parlamento Europeo aprobou hoxe con 17 votos a favor e 7 en contra un novo acordo de pesca entre a UE e Marrocos, texto que será sometido a votación na sesión plenaria de febreiro. “Logo de que o Tribunal Superior de Xustiza da Unión Europea emitira unha sentenza que invalidaba o tratado comercial (2015) e posteriormente outra que invalidaba o anterior acordo de pesca (2018) -en ámbolos dous casos por non cumprir, entre outros requisitos, a obriga de consultar á poboación do Sáhara Occidental-, é moi preocupante observar como a UE está a preferenciar os seus intereses económicos por riba do seu propio Tribunal de Xustiza (TXUE). A Unión Europea estase repartindo con Marrocos o botín do espolio do Sáhara Occidental”,  advirte a eurodeputada Lídia Senra, encargada de facer o seguimento para o Grupo da Esquerda Verde Nórdica-Esquerda Unitaria Europea (GUE/NGL) do informe sobre o acordo de pesca UE-Marrocos que tamén foi votado -pero non aprobado- na mañá de hoxe*.

UE-Marrocos_ComPECH_web

Senra cualifica ademais a actitude da UE de “irresponsábel”, e apunta que vai derivar en máis deslexitimación e custos económicos, xa que “ao igual que fixo a semana pasada co acordo comercial, cabe esperar que a Fronte Polisario denunciará tamén de novo ante o TXUE o acordo de pesca se é aprobado pola plenaria do Parlamento o vindeiro mes”. Son xa varias as veces nas que a xustiza está a dar a razón á Fronte Polisario na súa denuncia contra os acordos establecidos entre a UE e Marrocos pero que afectan ao Sáhara Occidental. Así, á anulación dos acordos comercial e de pesca hai que engadir tamén a anulación o ano pasado do acordo de aviación.

“O Tribunal de Xustiza da UE está a deixar claro que se a UE quere negociar sobre os recursos do Sáhara Occidental debe facelo co pobo saharauí, ao que as nacións unidas recoñece a soberanía permanente dos seus recursos naturais,  ca Fronte Polisario como lexítimo representante”, reitera Senra ao tempo que denuncia que situacións como a votación desta mañá na Comisión de Pesca “implican que as institucións europeas estean a posicionarse de parte da potencia ocupante, neste caso o Reino de Marrocos, xa que seguen téndoo como interlocutor e, na práctica, ao establecer relacións comerciais que abarcan os recursos saharauís, estase lexitimando esta ocupación”.

*Esta mañá na Comisión de Pesca deuse ademais a controvertida situación de que o poñente do informe que acompañaba este acordo, o presidente da Comisión de Pesca Alain Cadec, votou en contra do seu propio informe para que saíra rexeitado, xa que previamente foron aprobadas emendas que, ao igual que a sentenza do TSUE, entre outras cousas facían fincapé en que a UE tería que ter como interlocutora  á  Fronte Polisario.

 

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra

Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito

26 Maio, 2019
Lidia Senra comprando no mercado de teo

Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei”

25 Maio, 2019
Vista xeral_2592x1460

Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade

24 Maio, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies