AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Cambio de sede da xornada “Mulleres e Saúde”: Café de Catro a Catro (Vigo)

13 Decembro, 2018 alicia capilla, cafe de catro a catro, carmiña mosqueira, elena gil rodriguez, feminismo, GUE/NGL, iria pinheiro, isabel blanco, Lidia Senra, marco, Margarida López Barreiro, María Luisa Lores, maria montenegro, mulleres, o parto e noso, saúde, vacina, Vigo, virus do papiloma humano

 pezaparaweb-01

  • O Café de Catro a Catro acollerá as xornadas sobre saúde das mulleres que van ter lugar o vindeiro sábado 15 en Vigo a partir das 11:00h
  • Estas xornadas, de asistencia aberta e gratuíta, abordarán necesidade de transversalizar a perspectiva de xénero no ámbito da saúde 

Bruxelas, 13 de Decembro de 2018.  A xornada “Mulleres e Saúde” (PROGRAMA) prevista para este sábado día 15 en Vigo terá lugar no Café de Catro a Catro, na Rúa de Girona Nº16.

Trátase dunha xornada aberta, dirixida a todas as persoas interesadas en abordar claves de análise que permitan avanzar na transversalización da perspectiva de xénero no ámbito da saúde.

Comezará ás 11:00 horas coa apertura da mesma a cargo da propia Lídia Senra. A continuación desenvolverase un coloquio titulado “O tratamento médico das mulleres” no que participará a presidenta da Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública, María Luisa Lores, que ten estudada a medicalización e a calidade de vida das mulleres galegas; e Carmiña Mosqueira, que traballou como epidemióloga da Consellería de Sanidade de Asturias e actualmente está xubilada e ten estudado o cribado de cancro de mama por mamografía.

A partir das 13:00 horas, Alicia Capilla, presidenta da Asociación de Afectadas pola Vacina do Papilima Humano (AAVP),  exporá a experiencia das mulleres vacinadas organizadas nesta asociación. A activista da Marcha Mundial das Mulleres María Montenegro, encargarase de presentar a charla e de moderar o debate posterior.

Ás 14.00hrs. proporcionaranse declaracións aos medios de comunicación no mesmo lugar da xornada. 

Xa pola tarde, a partir das 17:00 horas, terá lugar o coloquio titulado “A violencia obstétrica, unha realidade que hai que sacar á luz para tecer sororidade”. Nel intervirán Elena Gil Rodríguez, experta na situación actual de atención ao embarazo, parto e saúde das mulleres, co-coordinadora galega de O Parto é Noso e responsable do grupo de Vigo; e Iria Pinheiro, nai, actriz e protagonista de ‘Anatomía dunha serea’ de Chévere Berberecheira. A xinecóloga Isabel Blanco será a moderadora.

A asistencia á xornada é aberta e gratuíta, podendo participar todas as persoas interesadas nos coloquios que consideren.

flyerA5-01 (1)

flyerA5 censurado-02

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra no banco mais fedento do mundo con vistas ao vertedoiro de sogama

Lídia Senra: “Na Galiza urxe un modelo de xestión de residuos público 100%, descentralizado e baseado na redución, reciclaxe, reutilización e protección do medio ”

14 Maio, 2019
Comprobando o estado da contorna da Lanzada_2656x1494

Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

12 Abril, 2019
VdMRXGtM

Lídia Senra reclama na CE solucións para que unha muller poida acceder sen barreiras á súa casa en Abadín

9 Abril, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies