AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Senra presenta en Varsovia unha análise sobre os impactos do quecemento global na cidadanía

19 Outubro, 2018

 

  • Participa nunha reunión do GUE/NGL con forzas da esquerda para achegarse ao contexto polaco previo ás eleccións locais, estatais e europeas
  • A eurodeputada galega coordenará tamén unha mesa de debate sobre dereitos das traballadoras/es no actual contexto de desigualdade social

Bruxelas, 19 de Outubre de 2018. Lídia Senra, eurodeputada galega integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), participa durante todo día de hoxe en Varsovia nunha intensa xornada de análise e debate convocada polo GUE/NGL para coñecer en profundidade o contexto polaco, establecer contactos con forzas políticas e sociais da esquerda e discutir desafíos comúns.

Senra_191018_Varsovia_2-.JPG
As eurodeputadas do GUE/NGL Lídia Senra e Malin Björk

 “Está a ser unha experiencia moi enriquecedora que nos permite aproximarnos á realidade de Polonia e intercambiar sobre o futuros retos da esquerda no contexto europeo”, valora Senra.

Como marco para o desenvolvemento destes obxectivos, o GUE/NGL estruturou unha axenda de traballo que abarca dende como facer fronte o fortalecemento da extrema dereita na UE, pasando por claves relacionadas cos dereitos das mulleres e o feminismo, a loita contra o racismo e a xenofobia ou os dereitos laborais.

Precisamente a mesa de debate que terá lugar ás 15.30h. baixo o título “Os dereitos das traballadadoras e traballadores nun contexto de desigualdades económicas e sociais. O caso de Polonia” será coordenada pola eurodeputada galega. Neste panel intervirán a presidenta do GUE/NGL, a alemá Gabi Zimmer (Die Linke); Piotr Ostrowski, Vicepresidente da All-Poland Alliance of Labour Union (OPZZ) e Dorota Koszal, da alianza de partidos de esquerda RAZEM.

Previamente tivo lugar un espazo de análise e intercambio de estratexias arredor da premisa “A mudanza climática e os seus efectos no benestar da cidadanía”, no que a propia Senra foi a encarregada de presentar as ideas clave xunto con Beata Maciejewska, Presidenta da Fundación Espazo de Diálogo e  Filip Chudy, en representación de RAZEM.

O programa desta xuntanza finalizará co panel “Feminismo e liderado feminino”. Introducido pola eurodeputada francesa Marie-Christine Vergiat, contará cas intervencións de Krystyna Kacpura, Directora Xeral da  Federación de Mulleres e Planificación Familiar; Ewa Majewska, e Florentyna Gust de RAZEM e a eurodeputada sueca Malin Bjork.

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra no banco mais fedento do mundo con vistas ao vertedoiro de sogama

Lídia Senra: “Na Galiza urxe un modelo de xestión de residuos público 100%, descentralizado e baseado na redución, reciclaxe, reutilización e protección do medio ”

14 Maio, 2019
Comprobando o estado da contorna da Lanzada_2656x1494

Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

12 Abril, 2019
VdMRXGtM

Lídia Senra reclama na CE solucións para que unha muller poida acceder sen barreiras á súa casa en Abadín

9 Abril, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies