AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Lídia Senra leva á CE o caso de Willy Toledo: “Non hai liberdade de expresión no Estado español”

26 Setembro, 2018

Question_68580_Liberdade de Expresión o Ee-webGAL--

  • A eurodeputada informa á Comisión Europea sobre as accións xudiciais contra o actor por insultar nas redes sociais a Deus e á Virxe María
  • “De verdade, van adicarse a  procesar á xente por xurar nun Estado que se di aconfesional?”

Bruxelas, 26 de Setembro de 2018. Lídia Senra, eurodeputada galega integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), considera que no Estado español “estamos asistindo día tras día a unha preocupante criminalización da liberdade de expresión e xa nin se respectan os dereitos fundamentais das persoas”. Así o asegurou hoxe, despois de que se dera a coñecer que o tribunal vén de procesar finalmente ao actor Willy Toledo por insultar nas redes sociais a Deus e á Virxe María.

A eurodeputada ten rexistrado durante a presente lexislatura numerosas preguntas parlamentarias dirixidas á Comisión Europea denunciando a continua vulneración do dereito á liberdade de expresión no Estado español[1] e, desta volta, tomando como exemplo a situación do actor Willy Toledo, insiste novamente ao ente comunitario. Senra describe no seu texto como este actor foi denunciado pola Asociación Española de Abogados Cristianos, acusado de ter cometido un presunto delito de ofensa aos sentimentos relixiosos ao escribir nas redes sociais un comentario de apoio ás mulleres ás que se lles abriu xuízo oral por participar nunha procesión que paseou unha vaxina de plástico polas rúas de Sevilla co obxectivo de criticar publicamente o machismo católico.

Dado que a xustiza española admitiu a trámite a denuncia, Willy Toledo foi detido hai unhas semanas e pasou unha noite nos calabozos, sendo obrigado a declarar diante dun xuíz, que agora acaba de decidir procesar ao investigado. “Esta investigación é totalmente absurda. De verdade vanse adicar a procesar á xente por xurar nun Estado que se di aconfesional? Máis que ser propia do que deberiamos agardar dun sistema xudicial do século XXI, situacións coma esta retrotráennos á Idade Media, cando as persoas consideradas blasfemas eran conducidas pola forza diante do Tribunal da Inquisición”, critica Senra.

Para concluír, a eurodeputada galega lembra no texto dirixido á CE que a liberdade de expresión está protexida polo Artigo 11 de la Carta Europea dos Dereitos Fundamentais, e pídelle que aclare se baixo o seu punto de vista o acontecido a Willy Toledo supón a violación deste dereito. Ademais, subliña, “xa que continuamente estamos asistindo a casos similares no Estado español, pensan tomar algunha medida?”

[1]Preguntas rexistradas pola eurodeputada Lídia Senra dispoñíbeis neste enlace: http://www.europarl.europa.eu/meps/PT/125049/MARIA+LIDIA_SENRA+RODRIGUEZ_activities.html

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra

Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito

26 Maio, 2019
Lidia Senra comprando no mercado de teo

Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei”

25 Maio, 2019
Vista xeral_2592x1460

Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade

24 Maio, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies