AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

As persoas presas teñen dereito a estar informadas e o Estado debe garantilo, advirte a Comisión Europea

25 Setembro, 2018
web_SKMBT_C36018051719540_ESCULCA
Fonte da imaxe: OBSERVATORIO PARA A DEFENSA DOS DIREITOS E LIBERDADES (ESCULCA)
  • A CE resposta a unha pregunta rexistrada pola eurodeputada Senra denunciando trabas para recibir a publicación de actualidade La Directa
  • Aclara que é responsabilidade dos Estados facer cumprir o Artigo 24.10 da Rec(2006)2 do Consello de Europa sobre Regras Penitenciarias

Bruxelas, 25 de Setembro de 2018. O pasado mes de xuño a eurodeputada do Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea-Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL) Lídia Senra dirixiuse á Comisión Europea para denunciar que a varias persoas presas no Estado español vetóuselle o acceso ao número 451 do medio de comunicación en catalán La Directa[1]. Con máis dunha década de traxectoria, esta publicación aborda temas de actualidade, investigación, debate e análise, presentando unha liña editorial significativamente comprometida ca defensa dos dereitos humanos.

En abril deste ano algúns dos presos e presas aos que a editora enviou a publicación non só non a recibiron, senón que no seu lugar algunhas destas persoas recibiron unha notificación informándolles de que o subdirector de seguridade da prisión decidira retela ao considerar que o seu contido tiña por obxectivo “a desestabilización do sistema penitenciario”, considerando por este motivo “non convinte” a súa entrega.

Tendo en conta que La Directa conta con depósito legal, denunciou diante da Comisión Europea Lídia Senra nunha pregunta escrita rexistrada a principios de verán, “esta práctica semella un claro exemplo de censura e ataque á liberdade de expresión, información e prensa”.

Na resposta proporcionada pola Comisaria de Xustiza, Vera Jourová, en nome da Comisión Europea, esta reitera  que tanto a liberdade de expresión como o pluralismo dos medios de comunicación non só son dereitos fundamentais consagrados na Carta dos Dereitos Fundamentais da Unión Europea,  senon que constitúen “o núcleo dos valores democráticos básicos e dos alicerces esenciais das sociedades democráticas”.

Nesta liña, destaca, é responsabilidade dos Estados garantir o cumprimento destes dereitos, no só seguindo os propios ordenamentos consitucionais, senon tamén habida conta dos compromisos adquiridos en virtude do Dereito Internacional. Polo tanto, sinala especificamente a Comisaria Jourová na súa resposta, o Estado español ten a obriga de respectar marcos normativos como a Recomendación Rec(2006)2 do Consello de Europa sobre las Regras Penitenciarias Europeas, a cal no seu Artigo 24.10 establece que as persoas detidas «poderán estar informadas regularmente dos asuntos públicos, poderán ler diarios, revistas e outras publicacións e subscribirse a elas». Esta situación presenta como excepción o feito de que unha autoridade xudicial e, polo tanto, non o subdirector dunha prisión, prohiba expresamente o acceso a algún medio de comunicación “para un caso individual e por un período concreto”.

“Estamos ante un claro caso de censura. Publicacións, cancións, exposicións fotográficas, libros, obras de teatro… A persecución da mensaxe política difundida a través da arte e da información, a intimidación ás persoas creadoras e ás xornalistas campa ás súas anchas no Estado español… Estamos vivindo unha verdadeira persecución das ideas ao máis puro estilo ditatorial. Estas actuacións, acontecidas maiormente durante o tempo no que o PP estivo no Goberno, evidencia un intento desesperado por querer controlar as opinións e o pensamento das persoas a través do medo e da censura”, criticou a eurodeputada galega. “Situacións coma esta son impropias dun Estado que se di democrático. Agardamos que non se volva repetir e que se depuren responsabilidades”.

 

[1]Censura da publicación La Directa: http://www.europarl.europa.eu/sides/getDoc.do?pubRef=-//EP//TEXT+WQ+E-2018-003640+0+DOC+XML+V0//ES&language=es

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra

Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito

26 Maio, 2019
Lidia Senra comprando no mercado de teo

Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei”

25 Maio, 2019
Vista xeral_2592x1460

Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade

24 Maio, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies