AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Presentación en Pontedeume do libro “O feminismo, imprescindible para construír outra Europa”, este venres

20 Setembro, 2018 AGAMME, Estrela Gómez Viñas, feminismo, GUE/NGL, Lidia Senra, pontedeume

cartazA3_FEMINISMO_presentación libro_Pontedeume

  • Ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Pontedeume (Paseo de Raxoi, 1), coa eurodeputada Lídia Senra e a Coordinadora de AGAMME, Estrela Gómez 
  • A parlamentaria defende mecanismos contra o machismo nas organizacións e formación de xénero para o persoal que implementa e aplica as leis 

Pontedeume, 20 de setembro de 2018. A Casa da Cultura de Pontedeume (Paseo de Raxoi, 1) acollerá este venres, 21 de setembro, ás 20:00 horas, a presentación do libro “O feminismo, imprescindible para construír outra Europa” coordinado pola eurodeputada Lídia Senra. No acto público, intervirán ademais da propia europarlamentaria, a Coordinadora da Asociación Galega contra o Maltrato a Menores (AGAMME), Estrela Gómez Viñas.

A europarlamentaria quere poñer enriba da mesa o debate sobre como artellarse na sociedade para derrotar o patriarcado e o machismo e facer que todos os dereitos das mulleres sexan respectados. Neste sentido, Lídia Senra avoga por non permitir nin unha súa actitude machista e por denunciar todo tipo de acoso ou actitude reprobable cara ás mulleres, aínda que esta veña dos propios compañeiros de organización ou de institución. Así, a eurodeputada chama a non baixar a garda e a rematar con ese machismo que sigue imperando a día de hoxe en todos os ámbitos e que se ve claramente no feito de que as mulleres seguen sendo minoría á hora de encabezar listas electorais, ser portavoces de organizacións políticas ou sindicais, ou directivas no seu ámbito laboral. Os avances logrados polas mulleres foron moitos nos últimos anos, tamén grazas ás leis en defensa da paridade e contra a discriminación de xénero e os malos tratos, pero para que esas leis teñan unha aplicación na práctica efectiva, é imprescindible tamén que se leve a cabo unha avaliación profunda do nesgo machista co que se aplica a diario a xustiza, defende Senra. Así, reclama que se dote de medios e dunha sólida formación con perspectiva de xénero a todas as persoas que teñen que implementar e aplicar as leis.

Durante o acto en Pontedeume, repartirase gratuitamente o libro en versión impresa a todas as persoas que asistan e estean interesadas nel. A publicación, que conta tamén cunha versión dixital que se pode consultar na web de Lídia Senra, recolle textos de mulleres que participaron na xornada organizada por Senra en novembro do 2016 en Ourense co mesmo título que o libro e na visita realizada ao Parlamento Europeo en novembro do 2015 para participar na xornada “O nesgo machista na aplicación das políticas: o caso da Xustiza”. Así, na primeira parte recóllense artigos da feminista e profesora da Universidade de Valladolid Alicia H. Puleo, sobre o ecofeminismo; da brasileira doutoranda en socioloxía Eliane de Moura Martins, sobre o feminismo popular para facerlle fronte á colonialidade, ao capitalismo depredador e a todas as formas de machismos; de Fiadeiras, o Grupo de Traballo en Igualdade do Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia (CEESG), sobre a acción social desde o feminismo e a súa experiencia de traballo; das membros de Anova Ourense Nerea Conde e Tania Bouzo, sobre participación política e liderado feminino; da deputada Paula Verao, sobre a loita contra a precariedade e pobreza laboral feminina; e da Decana do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galiza, Rosa Álvarez, sobre como os micromachismos cimentan o patriarcado.

Na segunda parte do libro, recóllense artigos da eurodeputada do GUE/NGL Ángela Vallina, sobre a figura da Síndrome de Alienación Parental (SAP) como reforzo do heteropatriarcado nas sociedades europeas; da concelleira de Marea de Vigo Marga López Barreiro, sobre o nesgo machista na xustiza; da psicóloga clínica forense e experta en vitimoloxía e violencia de xénero Sonia Vaccaro, sobre a utilización do SAP como unha forma de violencia machista máis; da Rede de Mulleres Veciñais Contra os Malos Tratos de Vigo, sobre as dificultades da violencia machista nos procesos xudiciais; de Estrela Gómez Viñas, coordinadora da Asociación Galega contra o Maltrato a Menores (AGAMME), sobre por que se debe incluír a cuestión dos dereitos da infancia no debate sobre o nesgo de xénero presente nas institucións; da coordinadora da Área de Mulleres do Sindicato Labrego Galego (SLG), Ana Eiras, sobre a realidade das mulleres labregas; e de Rosa Álvarez novamente, desta vez cunha ollada desde a psicoloxía á violencia contras as mulleres para unha abordaxe integral do problema.

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra

Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito

26 Maio, 2019
Lidia Senra comprando no mercado de teo

Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei”

25 Maio, 2019
Vista xeral_2592x1460

Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade

24 Maio, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies