AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Coloquio en Cangas sobre o futuro do xeito e da pesca artesanal galega na UE, este venres ás 20hrs

12 Setembro, 2018 anxela vizoso, GUE/NGL, Javier Costa, Lidia Senra, mariano abalo, pesca, xeito
  • No Salón de Plenos, coa eurodeputada Lídia Senra, o patrón maior da confraría Javier Costa, e os concelleiros Ánxela Vizoso e Mariano Abalo 
  • A europarlamentaria informará das negociacións que se están levando a cabo nas institucións europeas e de como poden afectar a esta arte

Acto-Cangas-140918

Santiago, 12 de setembro de 2018. O Salón de Plenos do Concello de Cangas acollerá este venres, 14 de setembro, ás 20:00 horas, un coloquio sobre ‘O futuro do xeito e da pesca artesanal galega na Unión Europea’, no que intervirán a eurodeputada galega, membro do Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), Lídia Senra; o patrón maior da Confraría de Cangas, Javier Costa; a 2ª tenente de alcalde e concelleira de Desenvolvemento Económico e Emprego Local por Asemblea pola Unidade (ASpUN), Ánxela Vizoso Marcos; e o 3º tenente de alcalde e concelleiro de Facenda, Urbanismo e Patrimonio por Alternativa Canguesa de Esquerdas (ACE), Mariano Abalo Costa.

A eurodeputada Lídia Senra anima a todas as persoas interesadas na situación do sector pesqueiro galego a acudir á cita. Nela, informará das negociacións que se están levando a cabo nas institucións europeas e que poden poñer en perigo a arte pesqueira do xeito, que a Comisión Europea xa intentou prohibir no ano 2014 e que agora, cando se está tratando o novo Regulamento sobre a Conservación dos recursos pesqueiros e a protección dos ecosistemas mariños con medidas técnicas, non está garantido que se vaia manter a dimensión da malla actual. “A día de hoxe, a proposta da Comisión sigue sendo que a dimensión da malla para pescar especies peláxidas pequenas con redes de deriva como é o xeito sexa 50 milímetros e a nosa emenda para modificar isto non foi aprobada, igual que tampouco o foron outras presentadas por outros eurodeputados no mesmo sentido”, asegura.

Senra leva tempo loitando para que se inclúa a especificación do uso de mallas de menos de 40 mm para a pesca da sardiña e chama a todo o sector a informarse e a mobilizarse na Galiza para facer forza e poder blindar esta exixencia, pois, do contrario, o sector podería verse moi afectado. No coloquio tamén se abordará a modificación do Regulamento de Control que agora mesmo está a debate no Parlamento Europeo e outras Resolucións aprobadas polo Parlamento Europeo como a que inclúe que en augas interiores, a pesca accidental artesanal quede fora de cotas. Así, abordaranse posibles medidas a tomar para que a Comisión e o Consello leven a cabo esta recomendación.

Co acto deste venres en Cangas, a eurodeputada dá comezo a unha serie de coloquios públicos nos que abordará esta cuestión. Así, tamén está organizado xa un coloquio similar para o sábado día 22 de setembro, ás 12:00 horas, en Cambados (será en Exposalnés, coa participación do concelleiro Constantino Cordal Rodríguez, de Somos Cambados); e o venres 5 de outubro, pola tarde, en Rianxo. Con estes coloquios, preténdese dar continuidade á campaña de información e sensibilización, despois de que xa numerosos concellos, alertados da situación pola propia Lídia Senra, aprobasen durante o verán mocións municipais en apoio ao xeito e a favor de presionar tamén á Xunta e ao Estado español para que se preocupen por estas cuestións.

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra no banco mais fedento do mundo con vistas ao vertedoiro de sogama

Lídia Senra: “Na Galiza urxe un modelo de xestión de residuos público 100%, descentralizado e baseado na redución, reciclaxe, reutilización e protección do medio ”

14 Maio, 2019
Comprobando o estado da contorna da Lanzada_2656x1494

Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

12 Abril, 2019
VdMRXGtM

Lídia Senra reclama na CE solucións para que unha muller poida acceder sen barreiras á súa casa en Abadín

9 Abril, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies