AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Senra solicita á UE a suspensión dos acordos vixentes ca India até que cese a represión contra activistas

12 Setembro, 2018
  • Nove eurodeputadas/os subscriben unha carta a F. Mogherini para denunciar o ataque contra activistas polos dereitos humanos na India
  • Esta iniciativa súmase ás misivas enviadas anteriormente á Vicepresidenta da CE e ó Presidente do PE, e ao rexistro de dúas preguntas parlamentarias

Estrasburgo, 12 de Setembro do 2018. A eurodeputada galega do Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), Lídia Senra, vén de promover unha carta enviada hoxe á Alta Representante da Unión Europea para Asuntos Exteriores e Política de Seguridade, Federica Mogherini, na que insta ao ente comunitario a suspender tódolos acordos co Goberno indio “ata que as e os activistas polos dereitos humanos sexan liberadas/os e se poña fin á persecución contra os pobos Adivasi, Dalits, minorías relixiosas, pobos de Cachemira e Manipur”.  No seu escrito pide tamén a inmediata liberación do profesor GN Saibaba e dxs activistas -poetas, escritores/as, directores/as de cine, profesores/as, avogadas/os…-  Varavara Rao, Anand Teltumbde, Gautam Navlakha, Vernon Gonsalves, Arun Ferreira, Surendra Gadling, Shoma Sen, Sudhir Dhawle, Rona Wilson, Mahesh Raut e Sudha Bharadwaj .

As eurodeputadas do GUE/NGL Ángela Vallina, Paloma López e Merja Killonen, e as deputadas/os socialistas Ana Gomes, Clara Aguilera, Ciprian Tănăsescu, Claude Moraes e Julie Ward asinan tamén a esta iniciativa para condenar as detencións o pasado 28 de agosto de defensoras/es dos dereitos humanos na India. Actualmente, a controvertida Lei de Prevención de Actividades Ilegais (Unlawful Activities Prevntion Act, UAPA) permite o arresto indefinido de calquera persoa que o Goberno indio considere sospeitosa de querer ir contra o Estado.  “Estas detencións engádense á continua e implacable represión por parte do Goberno sobre a voz e aspiracións democráticas do pobo indio”, alerta a eurodeputada galega no escrito dirixido á tamén Vicepresidenta da Comisión Europea, Federica Mogherini. De feito, hoxe mesmo  deuse a coñecer a prologación ata o vindeiro 17 de setembro do arresto domiciliario das persoas detidas no mes de agosto. Tamén para esta semana, o venres 14 de setembro, está convocada a vista de apelación do profesor GN Saibaba, logo de ter sido suspendida até en sete ocasións, o que significa de facto a extensión da súa condena até que se permita celebrar esta vista.

No texto enviado á Alta Representante da Unión Europea para Asuntos Exteriores e Política de Seguridade as eurodeputadas/os recollen, asemade, a preocupación manifestada publicamente por organizacións como Amnistía Internacioal ou a ONU, ao tempo que lle lembran que a propia Mogherini, na respostas proporcionada á pregunta parlamentaria rexistrada por Lídia Senra no ano 2016, admitiu que a Delegación da UE en Nova Delhi ten feito chamamentos por motivos humanitarios á Comisión Nacional de Dereitos Humanos. “¿Como pode a Comisión Europea ter contactos e acordos cun goberno que defende que hai persoas de primeira e de segunda clase, mata indiscriminadamente a Adivasis e Dalits, ataca minorías relixiosas e mete no cárcere a activistas de dereitos humanos?”.

O clima de tensión e denuncia na India está a ser cada vez máis pronunciado e acadando unha maior difusión internacional. Mostra desta visibilización foi por exemplo a repercusión do hastag #MeTooUrbanNaxalite logo das detencións producidas a finais de agosto, e a través do cal se está a dinamizar unha vaga de solidariedade e denuncia da violencia ca que o goberno do Primeiro Ministro Narendra Modi actúa contra quenes apoian a loita polos dereitos humanos e sociais na India, nomeadamente dos pobos Adivasis e Dalits, e no marco dunha dura ofensiva por parte de grandes poderes económicos indios e internacionais para facerse co control dos recursos naturais existentes nas zonas nas que vive esta parte da poboación.

Ao longo desta lexislatura, a eurodeputada galega ten denunciado en varias ocasións a escalada de represión que está a ter lugar na India. A carta enviada hoxe vense engadir a unha primeira misiva enviada a Mogherini en marzo de 2017,  ás dúas preguntas parlamentarias rexistradas no ano 2016[1] e 2017[2] pedindo unha maior implicación das institucións comunitarias na defensa da popular escritora Arundhati Roy e do profesor universitario GN Saibaba -encarcerado acusado de “terrorista” pese a ter o 90% do seu corpo paralizado- e á carta enviada ao Presidente do Parlamento Europeo, Antonio Tajani, para expresar a súa preocupación pola presenza no PE da Ministra de Asuntos Exteriores da India, Sushma Swaraj, o pasado mes de xuño con motivo do Día Internacional do Ioga.

 

[1]Encarceramento de G.N. Saibaba e proceso contra Arundhati Roy:  http://www.europarl.europa.eu/sides/getDoc.do?pubRef=-//EP//TEXT+WQ+E-2016-001822+0+DOC+XML+V0//ES&language=es

[2]Cadea perpetua do profesor G. N. Saibaba: http://www.europarl.europa.eu/sides/getDoc.do?pubRef=-//EP//TEXT+WQ+E-2017-006242+0+DOC+XML+V0//ES&language=es

 

LetterHRMogherini_HumanRightActivistIndia_140918_merged

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra no banco mais fedento do mundo con vistas ao vertedoiro de sogama

Lídia Senra: “Na Galiza urxe un modelo de xestión de residuos público 100%, descentralizado e baseado na redución, reciclaxe, reutilización e protección do medio ”

14 Maio, 2019
Comprobando o estado da contorna da Lanzada_2656x1494

Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

12 Abril, 2019
VdMRXGtM

Lídia Senra reclama na CE solucións para que unha muller poida acceder sen barreiras á súa casa en Abadín

9 Abril, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies