AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Lídia Senra denuncia na CE a vulneración do principio de obxectividade, pluralidade e imparcialidade da CRTVG

31 Agosto, 2018 CRTVE, CRTVG, GUE/NGL, Lidia Senra, manipulación, medios de comunicación, obxectividade, pluralidade
  • A eurodeputada reclama que se investigue a situación por parte de diferentes organismos europeos e que desenvolva a Lei galega de 2011 
  • Fixo o rexistro en Bruxelas tras reunirse con representantes de CCOO, UXT, CIG e CUT no Comité Intercentros da Radio Televisión de Galicia

FOTO-FACE-768x432

Santiago, 31 de agosto de 2018. A eurodeputada galega Lídia Senra denunciou este venres en Bruxelas a vulneración dos principios de obxectividade, pluralidade e imparcialidade que se produce día a día nos servizos da Compañía da Radio Televisión de Galicia (CRTVG). A europarlamentaria rexistrou esta mañá tres documentos ante a Comisión Europea (CE) nos que informa ao ente comunitario da situación e insta a tomar medidas para que nas canles públicas galegas se cumpran os dereitos fundamentais europeos e se poña fin á manipulación informativa coa que a forza política no Goberno intenta controlar á poboación, presionando aos profesionais da comunicación que alí traballan. Senra dá este paso despois de manter hai uns días na súa oficina en Santiago unha reunión para analizar a situación, á que asistiron representantes das organizacións sindicais UXT (Raimundo Méndez), CCOO (Xesús Domínguez), CIG (Tiago Alvite) e CUT (Andrea de Francisco) no Comité Intercentros da CRTVG.

Pregunta-IA eurodeputada informa á CE de que hoxe precisamente os traballadores e traballadoras da CRTVG cumpren 15 semanas secundando unha intensa campaña de “Venres negros”[1] para denunciar a manipulación nos medios de comunicación audiovisuais públicos galegos.

“O uso partidista diario dos servizos informativos para beneficiar ao partido do Goberno e desacreditar á oposición é escandalosamente notable, feito que levou o 15 de xuño a dous dos xornalistas máis veteranos e coñecidos da TVG, Alfonso Hermida e Tati Moyano, a dimitir como presentadores do Telexornal para denunciar o control ao que está sometido todo o persoal da canle pública”, explica Senra no seu escrito, que relata como a manipulación se exerce doadamente ocupando sempre os postos de control dos informativos e programas con persoas afíns e partidistas, apartando ás persoas críticas[2].

Así, tendo en conta que o pluralismo nos medios de comunicación forma parte do dereito á liberdade de expresión consagrado no artigo 11 da Carta dos Dereitos Fundamentais da UE[3], e tendo en conta que o Comité de Empresa da CRTVG rexistrou recentemente unha Petición na Comisión de Peticións do Parlamento Europeo para que se investigue esta vulneración, a deputada reclama que a CE explique que medidas tomará para garantir o pluralismo na CRTVG.

Pregunta-II

 

Nunha segunda pregunta, Lídia Senra pón o foco no último informe[4] do Observatorio do pluralismo dos medios de comunicación, que dirixe o Instituto Universitario Europeo e que financia a CE, no cal se apreciou un risco medio e alto no Estado español no que respecta á pluralidade e á concentración da propiedade no sector dos medios de comunicación e de aplicación das normas de competencia.

Así, a eurodeputada reclama que a CE inste ao Instituto Universitario Europeo para que tamén analice nos informes que elabore a partir de agora a situación da CRTVG. “O deterioro e uso partidista é un continuo, convertindo a canle pública galega nun voceiro ao servizo do PP.

A man dura por parte dos directivos cos traballadores e traballadoras que se atreven a denunciar a manipulación fixo que se chegase a abrir un expediente disciplinario con ameaza de despido a unha traballadora, cando nos máis de 30 anos de vida do ente a penas se utilizou este recurso de control do persoal. O orzamento reduciuse de 148 millóns no 2007 a 107 este ano; e o persoal pasou de 1200 traballadores no 2009 a 952 hoxe (o 38% son temporais)”, critica Senra. “Os galegos e as galegas temos dereito a ter uns medios públicos plurais, e os traballadores e traballadoras teñen dereito a exercer a súa profesión con liberdade e obxectividade. Isto non pode seguir así”, defende.

Pregunta-III

Nunha terceira pregunta tamén rexistrada hoxe na CE, Lídia Senra fai fancapé en que pasaron xa 7 anos desde que na Galiza se aprobou a Lei 9/2011 de 9 de novembro dos Medios Públicos de Comunicación Audiovisual de Galicia[5].

Nela recóllese (artigo 36), que se deberá de crear o Estatuto Profesional da Corporación RTVG, instrumento destinado a fortalecer a calidade, profesionalidade e independencia dos contidos informativos ofrecidos e que se creará un Consello de Informativos como órgano interno de participación dos profesionais da información da Corporación RTVG, co fin de velar pola independencia, veracidade e obxectividade dos contidos informativos difundidos nas súas canles.

“Non obstante, 7 anos despois, O Consello de Informativos segue sen crearse e o Estatuto profesional segue sen elaborarse, atopándonos na Galiza nunha situación de manipulación total da CRTVG por parte do partido no Goberno, que non desenvolve nin as leis aprobadas por el mesmo”, critica a eurodeputada. Así, Senra pídelle á CE que se posicione claramente sobre se evitando o desenvolvemento dos órganos que axudarían a garantir a pluralidade informativa e o dereito ao acceso á información non manipulada, a CRTVG e a Xunta están vulnerando a Directiva 2010/13/UE[6] de servizos de comunicación audiovisual, que ademais se atopa en proceso de reforma para adaptarse ás novas realidades dos medios.

Lídia Senra ten previsto asistir tamén á manifestación pola dignidade dos medios públicos organizada para o sábado 8 de setembro de San Marcos a Santiago e convocada polo Comité Intercentros da CRTVG e o Comité de Empresa da CRTVE-Galicia.

CARTEL-MANI-724x1024

[1] https://www.facebook.com/defendeagalega.1

[2] https://www.publico.es/sociedad/seis-ejemplos-manipulacion-informativa-tele-feijoo.html

[3] Artículo 11- Liberdade de expresión e de información – http://www.europarl.europa.eu/charter/pdf/text_es.pdf

  1. Toda persoa ten dereito á liberdade de expresión. Este dereito comprende a liberdade de opinión e a liberdade de recibir ou de comunicar informacións ou ideas sen que poida haber inxerencia de autoridades públicas e sen consideración de fronteiras.
  2. Respéctase a liberdade dos medios de comunicación e o seu pluralismo.

[4] http://cmpf.eui.eu/media-pluralism-monitor/mpm-2016-results/spain/

[5] https://www.boe.es/buscar/pdf/2012/BOE-A-2012-549-consolidado.pdf

[6] https://ec.europa.eu/digital-single-market/en/revision-audiovisual-media-services-directive-avmsd

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra no banco mais fedento do mundo con vistas ao vertedoiro de sogama

Lídia Senra: “Na Galiza urxe un modelo de xestión de residuos público 100%, descentralizado e baseado na redución, reciclaxe, reutilización e protección do medio ”

14 Maio, 2019
Comprobando o estado da contorna da Lanzada_2656x1494

Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

12 Abril, 2019
VdMRXGtM

Lídia Senra reclama na CE solucións para que unha muller poida acceder sen barreiras á súa casa en Abadín

9 Abril, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies