AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

“En Marea debemos marcarnos como obxectivo conseguir o acceso de toda a poboación a unha alimentación sana, suficiente e de calidade”

14 Decembro, 2015 20D, Breogán Riobóo, Castroverde, Eleccións Xerais, En Marea, Escairón, Fundación Uxío Novoneyra, Lalín, Lidia Senra, Miguel Anxo Fernán-Vello, Quiroga, Silleda, Viveiro, Xosé Manuel Beiras

A eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), Lídia Senra, participou esta fin de semana novamente en diferentes actos electorais na provincia de Lugo e de Pontevedra en apoio á candidatura En Marea para as Eleccións Xerais do Estado Español do 20 de decembro.

Xantar de Lídia Senra con Miguel Anxo Fernán-Vello, Breogán Riobóo e veciños de Castroverde o pasado domingo
Xantar de Lídia Senra con Miguel Anxo Fernán-Vello, Breogán Riobóo e veciños de Castroverde o pasado domingo

Lídia Senra interviu o venres pasado nun mitin en Quiroga, día que tamén aproveitou para visitar a Fundación Uxío Novoneyra no Courel. Xa o sábado, o periplo electoral levouna a Lalín, Silleda e Viveiro. Foi nesta localidade da Mariña lucense onde tivo lugar o acto electoral máis concorrido, que contou coa participación tamén do potavoz nacional de Anova e deputado no Parlamento galego, Xosé Manuel Beiras; do cabeza de lista de En Marea por Lugo, Miguel Anxo Fernán-Vello; do número 3 da lista de En Marea por Lugo, José Manuel Pérez Afonso; da número 4, Sol González-Ruiz Carcur; e do deputado galego Ramón Vázquez Díaz. Nos actos de Pontevedra, Lídia estivo acompañada polo deputado galego Antón Sánchez e pola número 4 da lista de En Marea por Pontevedra e concelleira de Lalín, Lara Rodríguez.

Xa o domingo, Senra achegouse ao mediodía ata Castroverde, para falar, en compañía do propio Fernán-Vello e do secretario xeral de Podemos-Galicia Breogán Riobóo, cos veciños da zona da montaña lucense. Á tardiña, un mitin en Escairón puxo o punto e final á participación da eurodeputada na campaña electoral por Galiza desta fin de semana.

Visita á Fundación Uxío Novoneyra, o pasado venres
Visita á Fundación Uxío Novoneyra, o pasado venres

Durante todos os actos, Lídia Senra insistiu na necesidade de facerlle fronte ás políticas neoliberais e de austeridade impostas nos últimos tempos polos Gobernos do PP.

“Temos a necesidade de dar a batalla ata as últimas consecuencias para que non desaparezan as conquistas logradas despois de moitos anos de loita e que levaron a que poideramos ter un ensino e unha sanidade pública, por exemplo”, defendeu.

“Os servizos públicos están en perigo agora mesmo e nas eleccións do 20 de decembro En Marea debe entrar con forza no Parlamento do Estado para poder atallar esta situación de risco. En Marea é a casa común das xentes que queremos quitar á dereita do poder”, dixo.

No acto de Quiroga Lídia Senra dixo alto e claro que é necesario ter políticas específicas para protexer as zonas de montaña. “Cómpre unha política decidida para o desenvolvemento da agricultura e a gandaría na montaña, políticas específicas que apoien a actividade na montaña e o desenvolvemento nestas zonas. Na montaña precísase blindar os servizos públicos, a sanidade, a educación e unha atención a maiores pública e de calidade”.

“En Austria, por exemplo, vese perfectamente como o Goberno leva a cabo un apoio decidido para manter á xente na montaña e as súas actividades. Sen embargo, aquí, nin por parte do Goberno Estatal nin por parte da Xunta de Galiza hai esa actitude. Manter a montaña é imprescindible para a sociedade. Non se pode pensar en ter un país desenvolvido se a montaña está abandonada como pretende o Partido Popular”, advertiu.

Acto electoral de Lalín, con Lídia Senra, Antón Sánchez, Breogán Riobóo e Lara Rodríguez
Acto electoral de Lalín, con Lídia Senra, Antón Sánchez, Breogán Riobóo e Lara Rodríguez

En Lalín, Senra aproveitou para deixar claro que En Marea é unha “candidatura galega, moi diversa no seu interior e que inclúe por suposto unha forte compoñente nacionalista”.

“O PP e o PSOE están promovendo leis para roubarnos o ben común que nos queda á cidadanía e convertelo en mercado. Temos que paralos, parar a política que está acabando cos postos de traballo na pesca e no campo. E iso só poderá ser se entramos con forza e con grupo propio no Parlamento do Estado”, resaltou.

En Silleda, a eurodeputada defendeu a necesidade de pelexar por un prezo mínimo do leite que garanta uns salarios dignos no sector e cubra os custos. “Se queremos saír da crise, ten que haber regulación da produción e priorizar os mercados internos. Somos de esquerdas e queremos un medio rural vivo. O agro e a gandeiría van En Marea”.

O Conservatorio da Música de Viveiro acolleu ateigado o acto electoral de En Marea do pasado sábado
O Conservatorio da Música de Viveiro acolleu ateigado o acto electoral de En Marea do pasado sábado

Cun Conservatorio da Música totalmente ateigado de xente, en Viveiro Lídia Senra alertou sobre o feito de que “a aplicación das políticas de austeridade do bloque neoliberal estannos levando a que en Galiza volva a haber fame”.

“En Marea debemos marcarnos como obxectivo conseguir o acceso de toda a poboación a unha alimentación sana, suficiente e de calidade. Para iso precisamos que haxa labregas e labregos producindo no noso país e manter a pesca artesanal e costeira”.

“É necesario manter como bens públicos a agua, a terra e as sementes. Loitaremos contra todas as leis que supoñan a privatización da auga, o acaparamento de terras e a apropiación das sementes”, afirmou.

Así mesmo, explicou que desde En marea “tamén nos opoñenos a que dentro da relectura que está facendo a Comisión Europea da normativa de transxénicos sexan consideradas como non transxénicas novas técnicas de reprodución que si que o son”.

“Dicimos NON a que as nosas costas sexan ocupadas pola acuicultura industrial. Non imos permitir q se arruine a nosa pesca”, concluiu.

Paseo por Castroverde xunto a Miguel Anxo Fernán-Vello e Breogán Riobóo
Paseo por Castroverde xunto a Miguel Anxo Fernán-Vello e Breogán Riobóo

E no acto de Escairón Lídia aclarou que “toda a cidadanía fai política desde o momento en que se mobiliza e protesta”.

“En Marea pensamos que Galiza ten dereito a decidir como se quere gobernar e ou paramos as políticas de austeridade ou o PP levaranos ao desmantelamento total dos servizos públicos. A situación de Grecia podemos vivila aquí nun futuro non moi lonxano se non mudan as cousas”, alertou.

“Non fai falta que as multinacionais veñan aquí roubar a nosa riqueza por catro pesos. Recuperemos os mercados locais, apostemos por producir a nosa alimentación”, concluiu.

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra no banco mais fedento do mundo con vistas ao vertedoiro de sogama

Lídia Senra: “Na Galiza urxe un modelo de xestión de residuos público 100%, descentralizado e baseado na redución, reciclaxe, reutilización e protección do medio ”

14 Maio, 2019
Comprobando o estado da contorna da Lanzada_2656x1494

Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

12 Abril, 2019
VdMRXGtM

Lídia Senra reclama na CE solucións para que unha muller poida acceder sen barreiras á súa casa en Abadín

9 Abril, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Xullo 2025
M T W T F S S
« Mai    
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies