AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Lídia Senra valora moi positivamente a sentenza que anula o acordo comercial entre Marrocos e a UE

11 Decembro, 2015 AGEe, dereitos dos pobos, Lidia Senra, Marrocos, pobo saharaui, Sahara Occidental, Tratado de Libre Comercio, Tribunal de Xustiza Europeo, Unión Europea
  • A eurodeputada de AGEe amosa unha vez máis “todo o noso apoio á loita do pobo saharaui” tras lograr esta nova vitoria
  • “Trátase dunha decisión histórica que pon de manifesto os acordos ilegais acadados entre Europa e Marrocos”, enfatiza
Reunión de Lídia Senra cunha delegación da Comisión Saharaui contra a Tortura, a Asociación de Pescadores Saharauis e representantes da organización Sociedade Civil Cidade de Dajla en decembro do 2014 no Parlamento Europeo
Reunión de Lídia Senra cunha delegación da Comisión Saharaui contra a Tortura, a Asociación de Pescadores Saharauis e representantes da organización Sociedade Civil Cidade de Dajla en decembro do 2014 no Parlamento Europeo

Bruxelas, 11 Decembro 2015. A eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), Lídia Senra, valora “moi positivamente” a sentenza dictada onte polo Tribunal de Xustiza Europeo pola que se anula o Tratado de Libre Comercio UE-Marrocos debido á non exclusión do territorio do Sáhara Occidental.

Despois de coñecerse a sentenza, Senra amosou unha vez máis “todo o noso apoio á loita do pobo saharaui” e puxo a énfase en que se trata dunha “decisión histórica que pon de manifesto os acordos ilegais da UE con Marrocos”. Neste sentido, lembrou que tamén o Tribunal de Xustiza Europeo está tratando nestes momentos a posible ilegalidade en relación á pesca da UE no territorio do Sáhara Occidental e tamén a posible ilegalidade en relación ao etiquetado de produtos, procedementos iniciados pola Fronte Polisaria e por Western Sahara Campaign UK.

A decisión adoptada onte polo Tribunal de Xustiza Europeo, que marca un antes e un despois, afectará de forma positiva á loita do Sáhara Occidental pola autodeterminación e tamén ás relacións bilaterais entre a UE e Marrocos adoptadas sen ter en conta ao pobo saharaui. A sentenza do Tribunal de Xustiza da UE do 10 de decembro do 2015 ten unha importancia histórica xa que se trata da  primeira vez que se anula un acordo internacional da UE con Marrocos por violar os dereitos do pobo saharaui.

No Tratado de Libre Comercio UE-Marrocos dábase vía libre a que os produtos agrícolas ou pesqueiros facturados no Sáhara Occidental puidesen ser considerados como produtos de Marrocos. Coa sentenza de onte, o Tribunal de Xustiza da UE recoñece que o Sahara Occidental non forma parte de Marrocos e  considera que se a UE permite a importación de produtos obtidos dun terceiro país violando os dereitos fundamentais estaría incentivando indirectamente esas violacións de dereitos. Na propia sentenza, o Tribunal recolle que “non só ningún Estado recoñece que o Sahara Occidental forme parte das fronteiras marroquís, senón que ningunha instancia internacional lle deu un mandato para administrar o Sáhara Occidental”.

Neste sentido, o Tribunal afirma que o acordo de liberalización UE-Marrocos facilita a importación de productos do Sáhara Occidental, pero ese acordo non garante que esa actividade económica vaia beneficiar aos saharauis.

O antiguo Asesor Xurídico da ONU, Hans Corell, chegou a dicir que “sentía vergoña” de ser europeo, á luz dos acordos ilegais da UE con Marrocos.

Ante o paso histórico producido onte a nivel xudicial, Lídia Senra chama a “seguir pelexando para que se recoñezan os dereitos de todos os pobos do mundo, incluído o dereito a decidir”.

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra no banco mais fedento do mundo con vistas ao vertedoiro de sogama

Lídia Senra: “Na Galiza urxe un modelo de xestión de residuos público 100%, descentralizado e baseado na redución, reciclaxe, reutilización e protección do medio ”

14 Maio, 2019
Comprobando o estado da contorna da Lanzada_2656x1494

Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

12 Abril, 2019
VdMRXGtM

Lídia Senra reclama na CE solucións para que unha muller poida acceder sen barreiras á súa casa en Abadín

9 Abril, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Xullo 2025
M T W T F S S
« Mai    
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies