AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Senra denuncia ante a CE as eivas na conservación patrimonial e uso público do Castelo de Monterrei

3 Agosto, 2018
  • A eurodeputada denuncia a través dunha pregunta parlamentaria a cementación dun camiño medieval que dá acceso á fortaleza
  • Senra visitou Monterrei no mes de xullo e comprometeuse a levar á UE o desleixo na conservación patrimonial desta comarca ourensá

Compostela, 03 de Agosto de 2018. Conforme ao avanzado o pasado 28 de xullo en rolda de prensa en Ourense, a eurodeputada do Grupo da Esquerda Unitaria Europea-Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), Lídia Senra, vén de dirixirse á Comisión Europea (CE) para denunciar a situación de falta de protección na que se atopa un destacado exemplo do patrimonio cultural do noso país: o Castelo de Monterrei.

castelo2-768x576

A través dunha pregunta parlamentaria dirixida á CE –adxunta-, Senra relata as deficiencias na conservación desta fortaleza do século XII declarada Monumento Nacional no ano 1931, actualmente catalogado como Ben de Interese Cultural (BIC), e que a propia eurodeputada puido comprobar nunha visita ás instalacións do Castelo realizada o pasado 17 de xullo  xunto ao deputado de En Marea no Parlamento Galego, Davide Rodríguez; Carmen Sola, concelleira de Veciños de Monterrei e Aurora Sola, da Plataforma en defensa do Castelo de Monterrei.

Na súa interpelación, Senra chama a atención sobre “a cobertura de las calzadas medievais por una capa de cemento” debido a obras nos accesos, e lembra que precisamente unha destas vías, o Camiño Real, forma parte da Vía da Prata, unha calzada romana que atravesaba de sur a norte parte da Península Ibérica e que inda a día de hoxe é a principal ruta do Camiño de Santiago dende o sur do Estado.

camiño-asfaltado-768x576

Apelando non só á designación do presente ano 2018 como Ano Europeo do Patrimonio Cultural polo Parlamento Europeo e o Consello, senón tamén ao Artigo 3 do Tratado da Unión Europea (TUE) que especifica a responsabilidade da UE de “velar pola conservación e desenrolo do patrimonio cultural europeo”, a galega alerta tamén de que a conversión do Castelo de Monterrei en Parador significa “privar este espazo dun uso para a poboación”.

A través desta comunicación directa ca Comisión Europea, Lídia Senra, ao tempo que pon en coñecemento do ente comunitario algúns dos aspectos deficitarios na preservación deste ben patrimonial da comarca de Monterrei, pregunta  á CE se contempla desenvolver algún tipo de actuación para que as institucións galegas activen as medidas precisas para garantir a correcta conservación deste monumento, así coma o seu desfrute público.

PE-Obras-Castillo-Fortaleza-de-Monterrei_gal-001

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra no banco mais fedento do mundo con vistas ao vertedoiro de sogama

Lídia Senra: “Na Galiza urxe un modelo de xestión de residuos público 100%, descentralizado e baseado na redución, reciclaxe, reutilización e protección do medio ”

14 Maio, 2019
Comprobando o estado da contorna da Lanzada_2656x1494

Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

12 Abril, 2019
VdMRXGtM

Lídia Senra reclama na CE solucións para que unha muller poida acceder sen barreiras á súa casa en Abadín

9 Abril, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies