AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

As análises galegas destacan no encontro de autoridades locais europeas REALPE 2018

28 Xuño, 2018
280618_Realpe2018-
Vista xeral da sala de traballo do REALPE 2018
  • Equilibrio e eficiencia no reparto de fondos, e máis control na execución, demandas do alcalde da Pobra do Caramiñal, Xosé L. Piñeiro
  • A concelleira da Estrada Mar Blanco reivindicou a planificación dun transporte público vertebrador, en beneficio da sociedade e do medio

Bruxelas, 27 de Xuño de 2018. Durante toda a xornada de hoxe, 24 cargos electos e persoas vinculadas á xestión municipal en Cambados, O Courel, Pontevedra, Manzaneda, Cangas, As Pontes, Trives, A Estrada, Noia, Ribadumia, Arbo, Pobra do Caramiñal, Salceda de Caselas, Ponte Caldelas, Corcubión e Laza están a participar na edición anual do encontro internacional sobre políticas públicas locais a nivel europeo REALPE, organizado polo Grupo da Esquerda Unitaria Europea-Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL).

Convidadada pola responsábel do GUE/NGL na Comisión de Agricultura e Desenvolvemento Rural do Parlamento Europeo, a eurodeputada Lídia Senra, a galega foi unha das delegacións máis numerosas de cantas acudiron a este encontro, polo que as problemáticas, propostas e análises dos 16 concellos representados contaron cun diferenciado espazo de visibilización e debate nesta edición do REALPE 2018.

Co obxectivo de fortalecer e visibilizar o desenvolvemento de políticas públicas de esquerdas na Unión Europea, a convocatoria deste ano estruturouse arredor de tres eixos principais [PROGRAMA]: a xestión de fondos europeos, a batalla pola igualdade territorial e o acceso aos servizos públicos e o despoboamento.

Durante o primeiro dos paneis, o alcalde da Pobra do Caramiñal, Xosé Lois Piñeiro García, puxo sobre a mesa as dificultades que entraña acceder aos fondos europeos, así como a distribución pouco eficiente que se fai dos mesmos. Ao tempo que subliñou a necesidade de que exista un control exhaustivo que garanta que os investimentos previstos resposten aos obxectivos establecidos, destacou a necesidade de contar con “unha normativa clara e xusta, atendendo a unha axeitada distribución dos recursos, non permitindo o desequilibrio no reparto e reforzando os mecanismos de control posteriores á execución dos fondos”. Piñeiro denunciou tamén que, ademais, “por desgraza, moitos dos Estados membros, entre eles o español, sofren o azote da corrupción que ás veces actúa cumprindo aparentemente coa Lei, pero iso non impide que o fraude se produza”.

280618_Realpe2018_XoséLoisPiñeiro--768x432
Intervención do alcalde da Pobra do Caramiñal, Xosé Lois Piñeiro

Para Xosé Lois Piñeiro dentro de cada rexión o reparto de fondos debería seguir “criterios que favorezan a distribución equilibrada”, e non concentrada en grandes proxectos que tiveron “a sorte” de ser escollidos. “E si, digo a sorte, como acontece cos fondos que o Instituto para a Diversificación e Aforro Enerxético (IDAE) distribúe entre os concellos de menos de 20.000 habitantes para, por exemplo, proxectos de aforro enerxético no alumeado público. A orde de chegada establece a concesión ou non da axuda, a través de unha plataforma que invariablemente se bloquea o día que abre a convocatoria”. Resulta “inadmisible”, criticou o alcalde da Pobra, que logo do traballo esixido para presentar un proxecto, “finalmente o criterio de concesión sexa algo tan inxusto como a orde de chegada”.

Asemade, abondou, cómpre ademais que dende a UE se esixa aos Estados membro unha áxil distribución dos fondos unha vez sexan distribuídos, non ficando nunca supeditados á “estabilidade” política do mesmo: “A UE debe establecer mecanismos que aseguren que a súa aplicación se produza de maneira efectiva de xeito independente a este tipo de inxerencias”.

En conclusión, a través da experiencia en solicitude de fondos europeos do concello da Pobra do Caramiñal, Xosé Lois Piñeiro resaltou que, habida conta de que se trata dunha “ferramenta fundamental para un dos grandes obxectivos da UE, como é acadar o equilibrio económico e de benestar social entre todas as rexións dos estados membros”, a aplicación dos mesmos “debería realizarse con eficacia e coa máxima eficiencia, atendendo a criterios xustos no seu reparto”.

Intervención da eurodeputada galega Lídia Senra
Intervención da eurodeputada galega Lídia Senra

Xa na segunda parte da xornada, a primeira das mesas de traballo da tarde acolleu a intervención da concelleira do Movemento Veciñal Estradense, Mar Blanco Casais, que espuxo as claves da experiencia na Galiza con respecto ao acceso a transportes e investimentos públicos nas infraestruturas. Casais introduciu a súa exposición contextualizando que o noso é un País “fundamentalmente rural” que está a atravesar  “unha importante crise demográfica”, polo que, “para evitar que morra, a acción política debe pasar por poñer en marcha medidas que garanta un medio rural vivo, é dicir, un rural produtivo e con servizos”.

A concelleira de Móvete, que describiu a situación do transporte público na Galiza como “un problema para o noso País”, lamentou que a día de hoxe inda carezamos dunha política integral neste eido, “que teña como obxectivo prioritario a articulación territorial do país, capaz de dar resposta ás demandas de mobilidade de toda a poboación, que permita a tódalas persoas usar o dereito de acceso aos servizos públicos”.

A situación do transporte de proximidade por ferrocarril, ampliou Casais, lonxe de ser mellor que o das estradas, sufriu un claro retroceso nos últimos anos: “o Goberno do Estado, a través do Ministerio de Fomento, e co amparo do Goberno galego fai anos que iniciaron un proceso para desmantelar as liñas ferroviarias convencionais en Galicia, podemos dicir que carecemos dun tren de proximidade real”. Esta situación está a implicar “deixar de lado” unha cuestión tan esencial como é “a vertebración e a mobilidade interna da comunidade”.

Pese as dificultades da situación actual, Mar Blanco chamou a aproveitar a oportunidade creada no marco da actual elabración do novo Plan de Transporte Público de Galicia, para loitar por “adaptar o transporte colectivo ás necesidades reais de mobilidade da poboación”, para o que “é preciso que neste proceso as persoas usuarias teñan a voz principal”.

A planificación da mobilidade debe estar “fundamentada no beneficio social”, reivindicou, “na procura da mellora de calidade de vida da poboación, garantindo o dereito á mobilidade para todas as persoas –das cidades, das vilas e do rural-, a través dun transporte público de calidade, adaptado á demanda -especialmente en zonas de pouca densidade de poboación-, que ademais redundará nunha mellor calidade ambiental e axudará a avanzar cara a sobernía enerxética”.

Están a participar no REALPE 2018 as e os edís locais Constantino Cordal Rodríguez (Concelleiro de Servizos Sociais, Sanidade e Terceira Idade e Tenente de Alcalde; Somos Cambados), Óscar Carrete Lage (Concelleiro e Voceiro doC@ourel Vivo), María del Carmen Moreira Martínez (Concelleira do Grupo Municipal Marea Pontevedra), Félix Domínguez Cortiñas (Alcalde do concello de Manzaneda), Manuel Álvarez Groba (Concelleiro da Agrupación de Electores de Arbo), Ángela Vizoso Marcos (Concelleira de Desenvolvemento Económico e Emprego Local de Cangas), Tomás Hermelo Álvarez (Concelleiro de Servizos Sociais, Igualdade e Sanidade de Cangas), María Chao Martínez (Concelleira de Xunt@s por As Pontes), Jorge Vázquez Rodríguez (Concelleiro de Son de Trives), Mar Blanco Casais (Concelleira do Movemento Veciñal Estradense, Móvete), Xurxo Charlín Trigo (Voceiro municipal e Concelleiro de Economía e Facenda de Somos Cambados), José Enrique Oubiña Lago (Tenente de Alcalde e Concelleiro de Obras, Vías, Urbanismo, Terceira Idade, Asuntos sociais e Sanidade de Ribadumia), Fabiola Durán Pedrosa (Concelleira daAgrupación de Electores de Arbo), José Luís Piñeiro García (Alcalde da Pobra do Caramiñal), Rosario Varela Fernández (Concelleira de Turismo e Igualdade da Pobra do Caramiñal) e Marcos David Besada Pérez (Alcalde de Salceda de Caselas). Tamén asisten Rodrigo Márquez Rincón (Voceiro municipal de En Marea en Ponte Caldelas), Iolanda Pérez Docampo (Ex-concelleira de Vivenda e Rehabilitación en Ourense), Alfredo Benigno González García (Ex-primeiro tenente de alcalde e Ex-concelleiro de Corcubión),Alejandro Sánchez Vidal (Ex-tenente de alcalde e ex-concelleiro en Ourense), María Teresa Brey Eyo (integrante de Móvete, A Estrada), Ana María Costa Rodríguez (Responsábel da Área Administrativa, Económica e Feminismo de Son de Trives), María Dolores Caramés (Co-voceira da Marea Cidadá de Noia)e Jorge Lorenzo Vila (Laza).
Están a participar no REALPE 2018 as e os edís locais Constantino Cordal Rodríguez (Concelleiro de Servizos Sociais, Sanidade e Terceira Idade e Tenente de Alcalde; Somos Cambados), Óscar Carrete Lage (Concelleiro e Voceiro doC@ourel Vivo), María del Carmen Moreira Martínez (Concelleira do Grupo Municipal Marea Pontevedra), Félix Domínguez Cortiñas (Alcalde do concello de Manzaneda), Manuel Álvarez Groba (Concelleiro da Agrupación de Electores de Arbo), Ángela Vizoso Marcos (Concelleira de Desenvolvemento Económico e Emprego Local de Cangas), Tomás Hermelo Álvarez (Concelleiro de Servizos Sociais, Igualdade e Sanidade de Cangas), María Chao Martínez (Concelleira de Xunt@s por As Pontes), Jorge Vázquez Rodríguez (Concelleiro de Son de Trives), Mar Blanco Casais (Concelleira do Movemento Veciñal Estradense, Móvete), Xurxo Charlín Trigo (Voceiro municipal e Concelleiro de Economía e Facenda de Somos Cambados), José Enrique Oubiña Lago (Tenente de Alcalde e Concelleiro de Obras, Vías, Urbanismo, Terceira Idade, Asuntos sociais e Sanidade de Ribadumia), Fabiola Durán Pedrosa (Concelleira daAgrupación de Electores de Arbo), José Luís Piñeiro García (Alcalde da Pobra do Caramiñal), Rosario Varela Fernández (Concelleira de Turismo e Igualdade da Pobra do Caramiñal) e Marcos David Besada Pérez (Alcalde de Salceda de Caselas). Tamén asisten Rodrigo Márquez Rincón (Voceiro municipal de En Marea en Ponte Caldelas), Iolanda Pérez Docampo (Ex-concelleira de Vivenda e Rehabilitación en Ourense), Alfredo Benigno González García (Ex-primeiro tenente de alcalde e Ex-concelleiro de Corcubión),Alejandro Sánchez Vidal (Ex-tenente de alcalde e ex-concelleiro en Ourense), María Teresa Brey Eyo (integrante de Móvete, A Estrada), Ana María Costa Rodríguez (Responsábel da Área Administrativa, Económica e Feminismo de Son de Trives), María Dolores Caramés (Co-voceira da Marea Cidadá de Noia)e Jorge Lorenzo Vila (Laza).

 

O portavoz de En Marea #PonteCaldelas @RoiRicon poñendo enriba da mesa no Parlamento Europeo as carencias de servizos públicos que teñen os concellos medianos e pequenos na Galiza pic.twitter.com/IPRTjexu55

— Lídia Senra (@LidiaSenra) June 28, 2018

Tino Cordal, tenente de alcalde de Cambados, denunciando no Parlamento Europeo os problemas que teñen os concellos galegos para acceder aos fondos europeos @SomosCambados @C_Cambados pic.twitter.com/lTGxAHe2zO

— Lídia Senra (@LidiaSenra) June 28, 2018

 

 

 

 

 

 

 

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra no banco mais fedento do mundo con vistas ao vertedoiro de sogama

Lídia Senra: “Na Galiza urxe un modelo de xestión de residuos público 100%, descentralizado e baseado na redución, reciclaxe, reutilización e protección do medio ”

14 Maio, 2019
Comprobando o estado da contorna da Lanzada_2656x1494

Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

12 Abril, 2019
VdMRXGtM

Lídia Senra reclama na CE solucións para que unha muller poida acceder sen barreiras á súa casa en Abadín

9 Abril, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Xullo 2025
M T W T F S S
« Mai    
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies