AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Senra e Ward piden coherencia á UE na súa posición ao respecto da represión social na India

21 Xuño, 2018

Bruxelas, 21 de Xuño de 2018. A eurodeputada galega Lídia Senra e a eurodeputada laborista Julie Ward  remitiron onte unha carta ao presidente do Parlamento Europeo, Antonio Tajani, para expresar a súa preocupación pola presenza hoxe no PE da Ministra de Asuntos Exteriores da India, Sushma Swaraj, con motivo do Día Internacional do Ioga.

Durante o actual período do Parlamento Europeo, lembraron, foron dirixidas á  Comisión Europea alomenos dúas preguntas escritas interesándose pola posición da UE nos casos de represión contra persoas defensoras dos dereitos humanos na India, destacando a situación do profesor universitario GN Saibaba. Cunha discapacidade física do 90%, agravada nos últimos meses por  unha pancreatitis aguda, Saibaba foi condenado cadena perpetua por amosar publicamente o seu apoio aos dereitos dos pobos Adivasis e Dalits e á súa crítica á estratexia gubernamental de contrainsurxencia “Operación Cacería Verde”.

As propias respostas dadas pola Vicepresidenta Mogherini no nome da Comisión Europea a estas preguntas confirman que a UE está seguindo de perto os casos de persoas defensoras de dereitos humanos arrestadas en la India. A Delegación da UE en Nova Delhi tamén ten feito chamamentos por motivos humanitarios diante da Comisión Nacional de Dereitos Humanos. Nesta situación, as eurodeputadas Senra e Ward recomendaron ao Presidente Tajani cancelar a intervención da Ministra india Sushma Swaraj no Parlamento Europeo.

0001_CartaTajaniIoga

0001_CartaTajaniIoga2Finalmente a xornada conmemorativa do Día Internacional do Ioga no PE tivo lugar contando ca participación da Ministra Sushma Swaraj, pero non do Presidente do Parlamento, Antonio Tajani, como si estaba anunciado inicialmente.

poster_internationaldayofyoga

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra no banco mais fedento do mundo con vistas ao vertedoiro de sogama

Lídia Senra: “Na Galiza urxe un modelo de xestión de residuos público 100%, descentralizado e baseado na redución, reciclaxe, reutilización e protección do medio ”

14 Maio, 2019
Comprobando o estado da contorna da Lanzada_2656x1494

Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

12 Abril, 2019
VdMRXGtM

Lídia Senra reclama na CE solucións para que unha muller poida acceder sen barreiras á súa casa en Abadín

9 Abril, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Xullo 2025
M T W T F S S
« Mai    
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies