AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Senra urxe a empregar os cartos no desenvolvemento de verdadeiras políticas de fondo para loitar contra os lumes

30 Maio, 2018
  • O PE aprobou hoxe destinar 228.675€ do FSUE para apoiar medidas para afrontar as consecuencias da vaga de incendios de 2017 na Galiza
  • Un medio rural labrego vivo, un sistema público de prevención e extinción e o fin do monocultivo do eucalipto, propostas de Senra

Estrasburgo, 30 de Maio de 2018. O Parlamento Europeo aprobou hoxe a mobilización de distintas partidas correspondentes ao denominado Fondo de Solidariedade da Unión Europea (FSUE), incluíndo 3.228.675€ para medidas relacionadas cas consecuencias da vaga de incendios que  tivo lugar na Galiza en outubro de 2017, e que provocaron a morte de catro persoas, a destrucción de case 50.000 hectáreas e numerosos danos materiais.

A eurodeputada galega Lídia Senra, valorou positivamente esta medida en tanto que “supón un aporte”, mais lembrou que, segundo os datos proporcionados polo propio Estado Español na súa solicitude de fondos á UE, os danos directos totais están estimados en 129,1 millóns. De feito, os tres millóns e pico de euros aprobados hoxe constitúen unha cantidade significativamente inferior aos 120 millóns para prevención e 12 para reparación contemplados no plan de desenvolvemento rural 2014-2020 de Galiza, segundo a Comisión Europea informou a Senra en decembro de 2017 en resposta a unha pregunta rexistrada pola europarlamentaria. “Creo que nun día coma hoxe é importante non perder de vista estas outras referencias económicas porque referenda algo que vimos reiterando dende fai tempo, tanto cos incendios como con outras cuestións: a solución de fondo non son os parches, senón os verdadeiros compromisos para empregar os cartos no deseño e aplicación das medidas políticas axeitadas. Parécenos ben que agora se mobilicen 3 millóns, pero inda nos tería parecido mellor que se tiveran empregado eficazmente os 120 que se teñen que destinar a medidas de prevención”.

Como xa propuxo nos días inmediatamente posteriores aos incendios do 2017, a coordinadora do Grupo da Esquerda Verde Nórdica-Esquerda Unitaria Europea (GUE/NGL) na Comisión de Agricultura e Desenvolvemento Rural voltou demandar hoxe dende Estrasburgo unha aposta contundente polas medidas de prevención, concretando como imprescindíbel “desenvolver medidas políticas que favorezan o  mantemento e instalación de pequenas e medianas granxas familiares, un sistema público e permanente de prevención e loita contra os incendios que teña en conta os efectos do cambio climático e o fin do monocultivo de eucalipto e da súa expansión por terras agrarias”.

Daquela Senra tamén enviou  unha carta urxente ao presidente da Comisión Europea, Jean Claude Juncker, na que denuciou “a falta de resolución e incompetencia total por parte das autoridades galegas e estatais”, advertindo que, unha vez máis, estaba a ser a poboación a que tivo que tentar salvar “coas súas propias mans” as súas fincas, casas, bens materiais e animais.

A continuación impulsou a recollida de varias ducias de sinaturas de eurodeputadas/os de distintos grupos políticos para secundar unha carta dirixida aos comisarios de Medio Ambiente e Agricultura da UE -Karmenu Vella e Phil Hogan- na que esixiu á UE a “urxente posta en marcha de políticas de revitalización do rural”.

A eurodeputada galega estivo tamén moi atenta aos movementos posteriores á vaga de lumes, e canda a deputada de En Marea no Congreso Alexandra Fernández e o deputado no Parlamento Galego Davide Rodríguez, denunciou en rolda de prensa o uso de diñeiro público para abrir pistas nos montes queimados “que ninguén pediu nin sabe para que son […], entrando nas fincas dos particulares sen pedir permiso”.

 

 

*Imaxe Ártabra21

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra

Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito

26 Maio, 2019
Lidia Senra comprando no mercado de teo

Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei”

25 Maio, 2019
Vista xeral_2592x1460

Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade

24 Maio, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies