AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Lídia Senra: “A crise do agro europeo non se soluciona só repartindo axudas, senón cunha política pública e forte”

30 Maio, 2018 Comisión Europea, crise agrícola europea, economía rural, GUE/NGL, Lidia Senra, PAC, políticas públicas, soberanía alimentaria, sustentabilidade
  • Senra alerta de que a posición sobre a PAC 2021-2027 aprobada hoxe polo pleno do PE mesmo empeora a proposta da Comisión Europea
  • Demanda prezos que cubran custos e traballo de produción, regulación dos mercados, agroecoloxía e rematar ca discriminación das labregas
  •  

    Estrasburgo, 30 de Maio de 2018. O Parlamento Europeo vén de aprobar en sesión plenaria o informe proposto dende a Comisión de Agricultura e Desenvolvemento como posición a adoptar pola Eurocámara no proceso de reformulación da Política Agraria Común (PAC) para o período 2021-2027.

    A coordenadora nesta comisión para o Grupo da Esquerda Unitaria Europea-Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), Lídia Senra, que xa no seu momento amosou a súa preocupación por un texto que “mesmo empeora a posición inicial da Comisión Europea”, votou novamente en contra deste informe e interveu no debate previo para condenar a estratexia de destrución paulatina do medio rural europeo da que están a ser cómplices as institucións comunitarias. “Os graves problemas que están a afrontar os labregos e labregas a nivel da Unión Europea require máis ca un reparto de axudas, require de decisións políticas e dunha política agrícola pública e forte”.

    Senra criticou as “grandes lagoas” tanto da comunicación da Comisión como do Parlamento, resaltando como “totalmente imprescindíbel” abordar dende a PAC, canto menos, tres aspectos fundamentais, “se realmente a UE quere apostar por un medio rural labrego vivo, e non por extensións de terra ao servizo da grande agroindustria, é necesario garantir que as persoas que traballan producindo alimentos teñan prezos que cubran custos e traballo de produción”.

    En segundo lugar, incidiu unha vez máis na “irresponsabilidade política” ca que están a actuar as institucións comunitarias ao obviar a súa laboura de precisamente elaborar políticas que regulen os mercados e a produción, un aspecto esencial e determinante “que non pode quedar única e exclusivamente nunha cuestión de voluntariedade”.

    Neste sentido, advertiu, unha proposta de políticas agrarias que realmente se corresponda co discurso ecoloxista do que tan a miúdo se gaba a UE, “ten que situar claramente medidas que leven a un modelo de produción respectuoso co medio ambiente, a preservación das augas, do aire e dos solos”.

    Aliás, a eurodeputada galega non quixo deixar de aproveitar a oportunidade da súa intervención para recriminar á Comisión Europea que unha vez máis estea a eludir admitir a situación de discriminación que está a afectar de xeito específico ás mulleres labregas. “Non quería rematar esta intervención sen facer referencia a outro aspecto esquecido nesta Comunicación: a da igualdade entre  mulleres e homes no agro. Necesitamos que a PAC recoñeza a titularidade compartida e que reparta as axudas ao 50 % entre ámbolos dous membros da parella”.

    Intervención da eurodeputada galega Lídia Senra (GUE/NGL) durante o debate sobre o informe “O futuro dos alimentos e da agricultura” celebrado en sesión plenaria do Parlamento Europeo o 28 de maio de 2018 en Estrasburgo.

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra

Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito

26 Maio, 2019
Lidia Senra comprando no mercado de teo

Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei”

25 Maio, 2019
Vista xeral_2592x1460

Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade

24 Maio, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies