AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

“Deixen de empregar os cartos da cidadanía para machacar ás vítimas das súas políticas económicas”

2 Maio, 2018 economía, GUE/NGL, Lidia Senra, Marco Financieiro Plurianual, Unión Europea
  • Primeiras reaccións de Lídia Senra á intervención da Comisión Europea esta tarde durante a sesión plenaria do Parlamento Europeo
  • Críticas ao desvío de orzamento público a favor da industria militar e aos recortes da PAC e dos fondos de cohesión para o periodo 2020-2027 

2020-2027-graficoBruxelas, 02 de Maio de 2018. Logo da comparecencia do Presidente da Comisión Europea (CE), Jean Claude Juncker, e do Comisario de Programación Financieira e Orzamentos, Günther Oettinger, para presentar durante o inicio da sesión plenaria do Parlamento Europeo algunhas das claves do Marco Financieiro Plurianual (MFP) da UE para o período 2021-2027, a eurodeputada galega do Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), Lídia Senra, reiterou as súas críticas a unha proposta orzamentaria que “visibiliza a tendencia da UE a reforzar a industria militar e a inaceptábel actual política de migración, en detrimento do fortalecemento dunha Europa social, tanto a nivel interno como de política exterior”.

O feito de que as dúas novas categorías orzamentarias creadas se correspondan precisamente cos epígrafes “Seguridade e Defensa” e “Migración e Protección de Fronteiras”, vén corroborar, xunto ca proposta da CE de aumentar o gasto en industria armamentística até os 2.000 millóns de euros e as tropas da axencia FRONTEX de 1.200 a 10.000 efectivos,  a utilización dos cartos da cidadanía europea para dar unha resposta militar ás graves consecuencias que as políticas económicas neoliberais están a ter para a cidadanía e o medioambiente a nivel global. “É un cruel despilfarro de cartos públicos regalar millóns de euros á industria armamentística baixo a desculpa de facer fronte a supostas ameazas que en realidade son consecuencia da agresividade neoliberal que caracteriza as políticas da UE. O cambio climático ou a destrución das capacidades produtivas dos países e, de paso, a súa estabilidade e seguridade en termos xerais, son algúns dos principais motivos polos que as persoas tentan emigrar aos Estados membro. E ámbolos dous aspectos están estreitamente relacionados cas políticas inxerencistas e depredadoras, social e medioambientalmente, que está a desenvolver a UE. Abonda xa de empregar os cartos da cidadanía para machacar precisamente a quenes son vítimas das súas políticas económicas, tanto dentro coma fóra da UE”.

Con respecto aos recortes de até un 5% no orzamento destinado á Política Agraria Común (PAC) e do 7% nos Fondos de Cohesión, a eurodeputada galega criticou o “cinismo” co que o Presidente Juncker tentou “vender” hoxe unha proposta orzamentaria que, segundo as propias palabras do Presidente da CE, “pretende  dar resposta aos retos da UE”. “Que reto maior e máis importante pode haber que o de garantir a toda a cidadanía da UE, non só unha alimentación sa e de calidade que redunde ademais nunha mellor calidade medioambiental, senón suficientes labregas e labregos no medio rural europeo como para garantir o control sobre as políticas e a produción con vistas a alcanzar a Soberanía Alimentarias para os pobos? Non é compatíbel reducir os pagos directos aos labregos e labregas sen falar de prezos que cubran os costes e o traballo de produción”.

Na primeira valoración realizada hoxe Senra tamén lamentou que, unha vez máis, á hora de pór sobre a mesa a configuración do orzamento comunitario non se deixaran claras cuestións de fondo que historicamente teñen distorsionado a percepción que a cidadanía ten con respecto á contribución por parte dos Estados membro. “Hai que aclarar aspectos como que os países chamados “contribuíntes netos” son precisamente os máis beneficiados, e as persoas que tributan neles deberían saber que os seus impostos son empregados en seguir potenciando as multinacionais e reforzando a lóxica capitalista de concentración da riqueza da que é partícipe a UE”.

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra

Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito

26 Maio, 2019
Lidia Senra comprando no mercado de teo

Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei”

25 Maio, 2019
Vista xeral_2592x1460

Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade

24 Maio, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies