AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Santiago acolle hoxe unha xornada sobre os Fondos Europeos na Galiza para o período 2021-2027

10 Marzo, 2018 Ana Rodríguez, Fondos Europeos, Javier Vázquez, Lidia Senra, Xavier Vence
  • Organiza a eurodeputada Lídia Senra e interveñen Xavier Vence, Javier Vázquez Lamas e Ana Rodríguez explicando as perspectivas económicas 
  • É na Facultade de Filosofía de Compostela de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 17:15 horas e está aberto a todas as persoas que queiran asistir

Desde a esquerda, Ana Rodriguez, Javier Vazquez, Lidia Senra e Xavier Vence, antes de comezar a xornada

Santiago, 10 de marzo de 2018. A Aula 2 da Facultade de Filosofía de Santiago de Compostela (Praza de Mazarelos) acolle este sábado unha xornada sobre os ‘Fondos europeos na Galiza para o 2021-2017’, un evento aberto a todas as persoas que queiran asistir e que se desenvolverá de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 17:15. Organizada pola eurodeputada galega Lídia Senra, a xornada contará con varias mesas informativas, nas que participarán como relatores o catedrático de Economía Aplicada da USC Xavier Vence; o asesor do Grupo Municipal de Compostela Aberta Javier Vázquez Lamas; e a economista Ana María Rodríguez. 

Concretamente, nas sesións da mañá, Vence ofrecerá unha visión das perspectivas económicas da Unión Europea e os escenarios que se nos plantexan para Galiza, mentres que Javier Vázquez abordará o caso concreto do Concello de Santiago e ofrecerá unha visión municipal do acceso aos fondos. Ana Rodríguez, xa pola tarde, realizará un repaso dos fondos europeos que se están aplicando no actual período de programación 2014-2020 na Galiza. 

Na Galiza, os fondos da Unión Europea seguen tendo moita importancia para o desenvolvemento dalgúns sectores sobre todo. No ano 2018 están previstos nos orzamentos da Comunidade Autónoma 542 millóns de euros dos distintos fondos, sendo os principais en contía o FEDER (Fondo Europeo de Desenvolvmento Rexional) e o FEADER (Fondo Europeo Agrario de Desenvolvemento Rural). A esta cantidade hai que engadir outros proxectos que presentan directamente os Concellos aos Programas Estatais ou os que poden presentar distintas Administracións, Universidades, empresas ou organizacións, directamente á Comisión Europea (CE). A maiores está tamén FEAGA (Fondo Europeo Agrícola de Garantía), que é o fondo responsable do pago do primeiro pilar da Política Agraria Común (PAC) e que pode supoñer uns 170 millóns anuais.

De todo isto falarase na xornada, tendo en conta que a CE está en plena negociación dos fondos da Unión Europea e decídese o Marco Financeiro para o periodo 2021-2027. “A fixación do Marco Financeiro vai fixar as prioridades políticas e este é o momento de debater que tipo de Europa queremos para os próximos sete anos. Está en debate a agricultura que queremos, se Galiza queda fora dos fondos estruturais ou se eses fondos que lle poden quitar a Galiza a UE os vai destinar a defensa, por exemplo”, explica Lídia Senra. “Queremos que o seminario sirva de debate entre as persoas que asistan para os futuros escenarios. Reclamamos tamén que a Administración galega se implique e que non sexa unha mera espectadora das decisións que tome o Goberno do Estado español”, defendeu a eurodeputada.

Para acceder a audio de declaracións realizadas hoxe por Lídia Senra sobre os Fondos Europeos pincha aquí

Para acceder a audio de declaracións realizadas hoxe por Xavier Vence sobre os Fondos Europeos pincha aquí

20180310_123340 20180310_123452   20180310_124655

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra no banco mais fedento do mundo con vistas ao vertedoiro de sogama

Lídia Senra: “Na Galiza urxe un modelo de xestión de residuos público 100%, descentralizado e baseado na redución, reciclaxe, reutilización e protección do medio ”

14 Maio, 2019
Comprobando o estado da contorna da Lanzada_2656x1494

Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

12 Abril, 2019
VdMRXGtM

Lídia Senra reclama na CE solucións para que unha muller poida acceder sen barreiras á súa casa en Abadín

9 Abril, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies