AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Lídia Senra fará folga feminista mañá e só participará nas actividades de loita polos dereitos das mulleres

7 Marzo, 2018

 070318_MesaMulleresNenasRural2 

·        A eurodeputada reclama a fin da fenda nos salarios e nas pensións e a aplicación das leis de igualdade desde unha perspectiva non machista

·        Igualdade dende a educación e asunción de que tras os privilexios dos homes está a discriminación das mulleres, reivindicacións das galegas

  

Bruxelas, 07 de marzo de 2018. Lídia Senra secundará este xoves, 8 de marzo, a convocatoria de Folga Feminista. E eurodeputada galega do GUE/NGL só participará nas actividades organizadas para apoiar a folga e para loitar polos dereitos das mulleres, cancelando todo o resto da súa axenda e todos os actos que podía ter no día. “Sóbrannos razóns para ir á folga”, dixo e anunciou que ela tamén vai á folga “porque queremos que se apliquen as leis de igualdade desde unha perspectiva non machista; porque queremos rematar coa violencia machista; porque queremos acabar coa fenda salarial, coa fenda das pensións tamén; porque queremos  corresponsabilidade nos coidados; porque queremos que se aplique a lei de titulariedade compartida nas explotacións agrarias; e porque as mulleres queremos poder vivir a nosa vida con tranquilidade e sen violencias machistas”.

Senra leva xa dous días participando en Bruxelas no Foro Internacional Feminista organizado polo seu grupo, o Grupo Parlamentario Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), ao que tamén se desprazaron, a iniciativa dela, un grupo de 24 galegas pertencentes a diferentes colectivos que loitan polos dereitos das mulleres na Galiza. Dentro da extensa programación do Foro, hoxe tivo lugar unha mesa de debate centrada na importancia de lograr a igualdade de xénero e o empoderamento das mulleres e nenas no medio rural. Nel interviron como relatoras a propia Lídia Senra; a secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego (SLG), Isabel Vilalba; a responsábel do GUE/NGL na Comisión de Dereitos da Muller e Igualdade de Xénero, Ángela Vallina; a directora do Instituto Universitario UC3M de Estudos de Xénero do Estado español, Rosa San Segundo; a directora da Fundación de Estudos, Acción e Participación Social (FEDAEPS, Ecuador), Irene León e a presidenta da Asociación de Mulleres Vítimas da Esterilización Forzada en Chumbivilcas (Perú), Inés Condori.

Irene León, que despois da súa estancia no Parlamento Europeo acompañará a Lídia Senra e viaxará a Galiza, destacou o feito de que “tras terse consumado a globalización e con ela a expansión do capitalismo e da súa cultura de poder patriarcal a escala mundial, a perspectiva antipatriarcal de transformación integral, presente no pensamento feminista, é máis indispensable que nunca”.  Abordou tamén expresamente a situación das mulleres no medio rural, e criticou que habitualmente “a existencias das mulleres rurais é lida en negativo, victimizando”, apostando polo seu empoderamento “tomando en conta os seus coñecementos históricos”. 

 Isabel Vilalba pola súa banda, encetou a súa intervención aledándose de que por vez primeira podíase expresar en galego nas institucións europeas, grazas á xestión que dende a oficina da eurodeputada galega se fixo da loxística de interpretación deste Foro internacional. A Secretaria Xeral do SLG introduciu o seu discurso afirmando que as mulleres alimentan o mundo, “o cal pode ser chamativo en Europa, onde asistimos á destrución progresiva do modelo labrego de produción de alimentos, onde as mulleres son protagonistas. Entre un 60 e un 80% da alimentación esta producida por labregas”. Avanzou lembrando a estreita relación entre patriarcado e capitalismo subliñando que “moitas veces as políticas económicas europeas están na causa da desposesión das mulleres labregas, e na espiral de violencia. Ate a FAO recoñeceu que o acoso sexual ás mulleres que traballan como asalariadas acada cotas arrepiantes”. Analizou que tamén a discriminación presente noutros eidps estase a dar no ámbito da representación as mulleres nas organizacións agrarias, onde calificou o feito de que as mulleres ocupen os máximos postos de coordenación, ou teñan órganos de dirección paritarios como “unha completa anomalía”. Fronte a esta realidade, Vilalba puxo o exemplo de pasos dados para a despatriarcalización por parte do Sindicato Labrego Galego, tales como “o fortalecemento dun espazo específico das mulleres, a Secretaría das Mulleres; a participación das mulleres en todos os niveis da organización e a paridade nos estatutos dende o ano 20007, así como a participación no movemento feminista, formando parte a Secretaría das Mulleres dende o ano 2003 na Marcha Mundial das Mulleres”.

A eurodeputada Lídia Senra, que foi co-poñente no ano 2016 dun informe do Parlamento Europeo sobre mulleres rurais, e que participará dentro de dúas semanas en Nova York na reunión de ONU Mulleres que  abordará como tema principal os desafíos e oportunidades das mulleres e nenas no mundo rural, denunciou na  sinerxia de “rapiña” que o  capitalismo está a facer dos recursos naturais, da que existen abondosos exemplos tamén na UE e na Galiza, “as loitas contra estes ataques que se están a levar adiante dende o medio rural están sendo apoiadas pola sociedade, pero moi especialmente protagonizadas polas mulleres”. Mulleres que, en moitas ocasións, “precisamente sofren con maior intensidade as distintas violencias despregadas polas  grandes corporacións”.

Asemade, aproveitou a súa intervención para destacar “a forza que está a coller na Galiza e no Estado o debate sobre a folga feminista convocada para mañá” aludindo a enquisas publicadas nestes días polos medios de comunicación que recollen que o 82% das persoas afirman coincidir cos motivos expostos  para a convocatoria da mesma. “Paréceme que estamos avanzando, e esta folga tense que extender, ten que chegar a ser a nivel planetario porque é a única forma de cambiar a vida das mulleres”. Porén, a eurodeputada galega foi tamén crítica expresamente con propostas que relativizan a convocatoria desta xornada de folga,  “unha vez máis o machismo non é capaz de dixerir que sexamos as mulleres as que levemos a iniciativa, as que convocamos unha folga. Os sindicatos de clase quérennos emendar a plana convocando paros de dúas horas, non o podemos consentir”. Enlazando con esta análise animou a “dende a esquerda”, afrontar “o reto de definir propostas para despatriarcalizar as sociedades”, como teñen avanzado xa por exemplo Gobernos latinoamericanos como os de Bolivia e Ecuador.

070318_MesaMulleresNenasRural3

Nas actividades no Parlamento Europeo tamén tomaron a palabra ao longo do día varias das galegas desprazadas a Bruxelas para participar do evento. A canguesa Andrea Bernárdez defendeu na reunión do GUE/NGL, hoxe pola mañá, a necesidade de que os homes asuman que os seus privilexios veñen dados por razóns de xénero. Tamén Cristina Ledo interveu para reivindicar a necesidade de empregar unha linguaxe non sexista para avanzar nos dereitos das mulleres. Tamén xa no Foro Feminista tomou a palabra pola tarde Noelia Darriba, de Fiadeiras, para reivindicar que a educación social ten que pasar por ser feminista ou do contrario non será educación social.

39963637004_f516773a57_z

 O grupo de mulleres galegas chegou xa estes martes a Bruxelas e diante do Parlamento Europeo cantaron o Verdegaio Lilá que chama a acabar co patriarcado e o machismo e a unirse na loita pola feminista. No grupo están concelleiras como Sandra Pesqueira (Marea Marín) ou Margarita López (Marea Vigo), así como integrantes de Alternativa Canguesa de Esquerdas, da Marcha Mundial das Mulleres na Galiza, de SOS Racismo, da Marea Feminista de Vigo, de Andaina Mulleres, do Grupo de Traballo en Igualdade do Colexio Profesional de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia Fiadeiras, de Anova Ourense, da CIG, do colectivo Arente do Chan, do proxecto Buserana e do Sindicato Labrego Galego (SLG). Regresarán a Galiza este xoves pola noite.

070318_grupo3

 

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra

Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito

26 Maio, 2019
Lidia Senra comprando no mercado de teo

Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei”

25 Maio, 2019
Vista xeral_2592x1460

Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade

24 Maio, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies