AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Máis dunha vintena de galegas participarán no Foro Feminista do GUE/NGL no Parlamento Europeo

5 Marzo, 2018

 Poster_FeministForumGUENLG2018

  • Activistas feministas de distintos colectivos sociais participarán dende mañá até o vindeiro xoves 8 nun foro internacional en Bruxelas
  • Neste intercambio abordaranse, entre outros aspectos, a situación das mulleres no medio rural, a desigualdade laboral ou movemento #MeToo

Bruxelas, 05 de Marzo de 2018. Vinte e catro mulleres pertencentes a diferentes colectivos que loitan polos dereitos das mulleres na Galiza desprazaranse a Bruxelas dende mañá, martes 6, até o xoves 8 de marzo, a iniciativa da eurodeputada Lídia Senra, para participar nas actividades do Foro Feminista ‘Feminismo sen fronteiras’ que organiza este ano o Grupo Parlamentario Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL).

Concelleiras como Sandra Pesqueira (Marea Marín) ou Margarita López (Marea Vigo), así como integrantes de Alternativa Canguesa de Esquerdas, da Marcha Mundial das Mulleres na Galiza, de SOS Racismo, da Marea Feminista de Vigo, de Andaina Mulleres, do Grupo de Traballo en Igualdade do Colexio Profesional de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia “Fiadeiras”, de Anova Ourense, da Confederación Intersindical Galega (CIG), do colectivo Arente do Chan, do proxecto Buserana e do Sindicato Labrego Galego (SLG) formarán parte deste grupo.

Durante estes tres días de actividade no Parlamento Europeo, a mulleres que integran a delegación galega terán a oportunidade de intercambiar experiencias con representantes chegadas de Polonia, Alemaña, Ucraína, Grecia ou Italia de #MeToo, o coñecido movemento internacional que leva unha década denunciando a través das redes sociais casos de abuso e acoso machista.

Tamén terán ocasión de visitar a exposición “Vitorias do Feminismo”, da artista gráfica feminista do Estado español María Inmaculada Ramos Pizarro, e de coñecer o traballo que realiza a ONG portuguesa O Ninho de apoio ás mulleres que abandonan a prostitución. No Foro tamén estará presente o Mouvement du Nid, que loita en Francia contra as causas e consecuencias da prostitución, a través do seu secretario xeral Grégoire Thery, iniciador ademais da campaña de homes que apoian #MeeToo. Igualmente, está previsto un coloquio sobre Xénero e Migración, centrado nas loitas contra o racismo desde unha perspectiva feminista en cooperación coa ONG Le Monde selon les Femmes, coa Iniciativa Feminista Euromed IFE-EFI, e coa Asociación de Solidariedade de Mulleres Árabes.

Outro dos coloquios centrarase na importancia de lograr a igualdade de xénero e o empoderamento das mulleres e nenas no medio rural. Nel intervirán como relatoras a propia Lídia Senra; a secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego (SLG), Isabel Vilalba; a responsábel do GUE/NGL na Comisión de Dereitos da Muller e Igualdade de Xénero, Ángela Vallina; a directora do Instituto Universitario UC3M de Estudos de Xénero do Estado español, Rosa San Segundo; a directora da Fundación de Estudios, Acción y Participación Social (FEDAEPS, Ecuador), Irene León; a presidenta da Asociación de Mulleres Vítimas da Esterilización Forzada en Chumbivilcas (Perú), Inés Condori; e a membro da organización labrega Ecumenical Association for Sustainable Agriculture and Rural Development (ECASARD, La Vía Campesina África), Gladys Serwaa, de Ghana.

O programa completarase cun coloquio centrado na importancia da igualdade de remuneración e a negociación colectiva como elemento de equidade, e a conferencia  “#YouthVoices: ser nena e muller nova en tempos de violación e cultura porno”.

 Así mesmo, está previsto que na noite do mércores 7 de marzo teña lugar un evento cultural na Sala La Tentation, Centro Galego de Bruxelas, con stands de información de ONGs e co concerto gratuíto da africana Manou Gallo e a súa banda, aberto a todas aquelas persoas que queiran asistir.

Durante a realización do Foro tamén se levará a cabo unha acción fotográfica de apoio á Folga Feminista Internacional, e ese xoves 8 de marzo as persoas participantes no evento feminista internacional do GUE/NGL uniranse ás actividades públicas organizadas pola Marcha Mundial das Mulleres na Estación Central de Bruxelas a partir das 15:00 horas.

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra no banco mais fedento do mundo con vistas ao vertedoiro de sogama

Lídia Senra: “Na Galiza urxe un modelo de xestión de residuos público 100%, descentralizado e baseado na redución, reciclaxe, reutilización e protección do medio ”

14 Maio, 2019
Comprobando o estado da contorna da Lanzada_2656x1494

Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

12 Abril, 2019
VdMRXGtM

Lídia Senra reclama na CE solucións para que unha muller poida acceder sen barreiras á súa casa en Abadín

9 Abril, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies