AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Lídia Senra participa nunha delegación do GUE/NGL para coñecer a realidade cubana

15 Febreiro, 2018

 

  • Durante esta semana unha delegación do GUE/NGL participa en Cuba dun programa de xuntanzas ca ANPP e organizacións da sociedade civil
  • O Comisión de Economía do Goberno cubano fixo fincapé nas consecuencias que o bloqueo estadounidense ten para a poboación
GUENGL_Delegation150218
Delegación do GUE/NGL participando na mesa coordenada pola Comisión de Economía da ANPP para informar sobre as consecuencias do bloqueo

 

Bruxelas, 15 de Febreiro de 2018. Lídia Senra, eurodeputada galega integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL) e representante do mesmo na Asamblea Paritaria da Unión Europea para África, Caribe e Pacífico (ACP-UE) participa durante esta semana en Cuba nunha delegación do GUE/NGL  composta por nove eurodeputadas/os.

Na xornada de onte desenvolvéronse a principais xuntanzas ca Asamblea Nacional de Poder Popular (ANPP), á que se engadiu unha reunión co Presidente da Comisión de Asuntos Xurídicos e Constitucionais da ANPP, o deputado José Luis Toledo.

A continuación a Comisión de Economía da ANPP trasladou as claves principais das consecuencias derivadas do bloqueo económico imposto polos Estados Unidos de América dende a década dos anos sesenta.

A xornada de hoxe comezará cunha reunión con representantes do Ministerio de Relacións Exteriores, que dará paso a xuntanzas centradas no ámbito sanitario, nomeadamente co Presidente da Comisión de Saúde da Asamblea Nacional, e as visitas ao Cardiocentro William Soler e ao Centro Nacional de Cuba para a Educación Sexual. Finalizará cunha reunión co Comité Central do Partido Comunista de Cuba.

A delegación concluirá mañá venres. Pola maña terá lugar un intercambio de opinións co Ministerio de Cultura e a Comisión de Educación, Cultura, Ciencia, Tecnoloxía e Medio Ambiente e pola tarde un encontro con organizacións da sociedade civil na Asociación Cubana de Naciones Unidas.

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra no banco mais fedento do mundo con vistas ao vertedoiro de sogama

Lídia Senra: “Na Galiza urxe un modelo de xestión de residuos público 100%, descentralizado e baseado na redución, reciclaxe, reutilización e protección do medio ”

14 Maio, 2019
Comprobando o estado da contorna da Lanzada_2656x1494

Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

12 Abril, 2019
VdMRXGtM

Lídia Senra reclama na CE solucións para que unha muller poida acceder sen barreiras á súa casa en Abadín

9 Abril, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Xullo 2025
M T W T F S S
« Mai    
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies