AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

O PP está eludindo transpoñer a Directiva 2014/52/UE, que podería botar atrás a Lei de Depredación da Galiza

26 Xaneiro, 2018 Directiva 2014/52/UE, GUE/NGL, Lei de Depredación, Lei de Fomento da Implantación de Iniciativas Empresariais, Lidia Senra
  • A resposta a unha consulta realizada por Senra revela que a CE xa se atopa no paso previo a unha posible denuncia contra o Estado español no TXUE
  • A CE subliña que a Xunta de Galicia tamén ten a responsabilidade de lexislar cumprindo o especificado na normativa medioambiental da UE

IMG-20180126-WA0000

Bruxelas, 26 de Xaneiro de 2018. Fai xa máis de medio ano que a Comisión Europea (CE) está a agardar a que o Estado español lle especifique como ten pensado transpor a Directiva 2014/52/UE, relativa á avaliación das repercusións de determinados proxectos públicos e privados sobre o medio ambiente, que modifica a  Directiva 2011/92/UE.

Así llo comunicou o Comisario Karmenu Vella directamente á eurodeputada do Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), Lídia Senra, quen nunha pregunta parlamentaria rexistrada en outubro alertaba ao ente comunitario das alarma social creada pola aprobación con carácter de urxencia por parte do Partido Popular de Galicia da Lei de Fomento da Implantación de Iniciativas Empresariais -máis coñecida como Lei de Depredación da Galiza-, e consultaba á CE sobre a posible incompatibilidade da mesma ca nomeada Directiva medioambiental comunitaria.

Na súa resposta, o Comisario de Medioambiente informou a Senra de que o Estado incumpriu o prazo para a transposición desta Directiva, que finalizaba o 16 de maio do 2017, polo que  o 19 de xullo procedeu a remitirlle ao Goberno central unha carta de emprazamento seguindo o Artigo 258 do Tratado de Funcionamiento da Unión Europea, o cal especifica a posibilidade de que a CE poida levar ao Estado español diante do Tribunal de Xustiza da UE (TXUE).

“A información da Comisión pon de manifesto os resultados da alianza do Partido Popular no Goberno do Estado e no Goberno da Xunta para esquilmar Galiza. Rajoy négase a adoptar a normativa europea de medioambiente antes do 16 de maio do ano pasado, e en outubro Feijoo aproba con carácter de urxencia Lei de Depredación”, fiou a eurodeputada galega.

De feito, a connivencia do PP cas agresións ao medioambiente en aras do lucro privado é tan manifesta que levou ao Estado español a ser o territorio que acumulou un maior número de procedementos por infracción medioambiental no ano 2017 dentro da UE. Ademais, o Partido Popular está a combinar a súa predisposición á destrucción dos ecosistemas e á capitalización da Natureza cun cada vez maior incumprimento das normas europeas.  Así o sinalan os propios datos da Comisión sistematizados até o 2016, data na que o Goberno español estaba a acumular xa 32 casos abertos de infracción por demoras nas transposicións.

“A avaricia do PP, a súa intención de estar ao servizo dos intereses das empresas privadas pasa por riba da saúde das personas, do medoambiente ou dos dereitos humanos e sociais en xeral. E cando unha norma non lles vai ben, non a cumpren e punto”, criticou a eurodeputada galega. “É un verdadeiro escándalo que o PP estea darlle largas a aplicación dunha normativa europea que tenta mitigar os impactos negativos na Natureza, unha das cuestións que máis directamente afectan á saúde e calidade de vida da cidadanía”. 

Ademais, a Comisión Europea, se ben eludiu pronunciarse polo momento no caso concreto da Lei de Depredación da Galiza, si fixo fincapé na súa resposta en que a transposición, aplicación e execución correctas da lexislación da UE é fundamentalmente responsabilidade dos Estados membro, “incluidos os Gobernos rexionais”, polo que o Goberno galego estaría incumprindo as súas responsabilidades ao aprobar unha Lei contraria á comunitaria de obrigada transposición. 

“É urxente alertar á cidadanía de que o texto aprobado polo Partido Popular na Galiza incumpre cuestións da Directiva 2014/52/UE que son esenciais para defender os nosos dereitos”, denunciou Lídia Senra. “Limita o dereito á consulta pública reducindo nalgúns casos os prazos de exposición a 20 ou mesmo 15 días en lugar de máis de 30 como especifica a norma europea e, en xeral, establece condicións máis febles para as avaliacións de impacto ambiental, contradicindo totalmente o recollido na Directiva medioambiental europea”. 

Avanzando na denuncia desta grave situación diante das institucións da UE, a eurodeputada galega dirixiuse hoxe mesmo á Dirección Xeral de Medioambiente (CE) e ao Servizo Xurídico da Comisión Europea para solicitar información máis exacta en relación ao requirimento de transposición enviado ao Goberno español, así como para consultar a posibilidade de obter o antes posíbel unha valoración específica por parte da UE en relación ás incompatibilidades existentes entre a Lei de Depredación aprobada pola Xunta de Galicia e a nomeada Directiva europea relativa á avaliación das repercusións de determinados proxectos públicos e privados sobre o medio ambiente.

Pregunta de Lídia Senra á CE sobre a Lei de Depredación de Galiza
Pregunta de Lídia Senra á CE sobre a Lei de Depredación de Galiza

 

Contestación da CE á pregunta de Lídia Senra
Contestación da CE á pregunta de Lídia Senra
anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra no banco mais fedento do mundo con vistas ao vertedoiro de sogama

Lídia Senra: “Na Galiza urxe un modelo de xestión de residuos público 100%, descentralizado e baseado na redución, reciclaxe, reutilización e protección do medio ”

14 Maio, 2019
Comprobando o estado da contorna da Lanzada_2656x1494

Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

12 Abril, 2019
VdMRXGtM

Lídia Senra reclama na CE solucións para que unha muller poida acceder sen barreiras á súa casa en Abadín

9 Abril, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Xullo 2025
M T W T F S S
« Mai    
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies