AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

A produción de enerxía á costa da deforestación ou o acaparamento de terras non pode ser considerada “limpa”

15 Xaneiro, 2018

 

  • O PE está a debater hoxe en sesión plenaria informes relativos a proposta conxunta da Comisión Europea en materia enerxética
  • Senra reivindica o respecto á biodiversidade, á produción de alimentos e á sostenibilidade como eixos principais na produción de enerxía na UE

Estrasburgo, 15 de Xaneiro de 2018. En novembro do ano 2016 a Comisión Europea  (CE) adoptou un paquete lexislativo centrado no que deu en denominar “enerxía limpa”. O Parlamento Europeo (PE) vén de dar comezo á súa sesión plenaria hoxe ás 17.00hrs. en Estrasburgo a través precisamente dun debate conxunto sobre algunhas destas propostas lexislativas, nomeadamente aquelas referidas á Promoción da utilización de enerxía renovábel, eficiencia enerxética e gobernanza da coñecida como “Unión da Enerxía”. A votación destes informes está prevista para este mércores, e o resultado será tomado en conta para dar inicio ás negociacións tripartitas CE-PE-Consello.

Lídia Senra, responsábel na Comisión de Agricultura e Desenvolvemento Rural para o Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL) incidiu hoxe na importancia de “garantir que a aposta polas enerxías renovábeis na UE pase ineludibelmente pola eliminación total dos agrocarburantes; as terras agrícolas unicamente deben ser empregadas para a produción de alimentos, primando sempre os modelos de produción agroecolóxicos”.

 

Senra reiterou que “non só o obxectivo final de obter enerxías máis limpas é o importante, a UE ten a responsabilidade de establecer tamén xeitos de chegar a elas que sexan coherentes co respecto á biodiversidade, á sostenibilidade e que axuden a avanzar nun cambio de modelo que faga fronte ao quecemento global”. Neste senso, a crecente demanda de biomasa forestal debe ser reconducida, alertou, “evitando sempre la forestación de tierras agrícolas, os monocultivos forestais e as especies foráneas e invasoras”.

 

Aliás, unha cuestión central a nivel comunitario debería ser precisamente “o deseño de ferramentas que axuden á redución do consumo enerxético da UE nun 20% daquí ao ano 2030”. Asemade, a nivel dos Estados membro, “urxe asumir a responsabilidade de garantir a propia soberanía enerxética en base ás enerxías renovábeis, pechando xa as centrais nucleares, e pondo fin á gravísima situación de pobreza enerxética á que se está a enfrontar unha significativa parte da poboación”.

 

A eurodeputada galega, que plantexou xa enmendas neste sentido para seren incorporadas aos informes relativos a enerxías renovábeis e de gobernanza enerxética, lembrou tamén hoxe que a Unión Europea debe en todo caso “decidir se realmente aposta por este tipo de enerxía de xeito colectivo, ou se cada Estado membro vai lexislar en función da forza que en cada territorio fai o lobby das empresas eléctricas”, un dos máis potentes do mundo e tamén un dos sectores que máis habitualmente incorpora ás súas filas a persoas que antes ocuparon cargos políticos que lle permitiron lexislar precisamente sobre ese sector.

 

Deste xeito Senra aludiu ás trabas ao autoconsumo e aos pequenos/as produtoras cas que teñen reaccionado Estados como o español, actitude fronte a cal Senra aposta polo “establecemento dun sistema de apoios públicos para proxectos de pequena dimensión, tales como comunidades de propietarias/os, particulares, colectivos veciñais, aldeas, pequenas ou medianas explotación agrogandeiras e empresas, administracións públicas ou organismos e organizacións sociais”.

 

Ilustración: Tunda Prada (© Rel-UITA)

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra no banco mais fedento do mundo con vistas ao vertedoiro de sogama

Lídia Senra: “Na Galiza urxe un modelo de xestión de residuos público 100%, descentralizado e baseado na redución, reciclaxe, reutilización e protección do medio ”

14 Maio, 2019
Comprobando o estado da contorna da Lanzada_2656x1494

Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

12 Abril, 2019
VdMRXGtM

Lídia Senra reclama na CE solucións para que unha muller poida acceder sen barreiras á súa casa en Abadín

9 Abril, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Xullo 2025
M T W T F S S
« Mai    
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies