AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Lídia Senra chama a frear o proxecto de mega mina Touro-O Pino porque vai destruír máis que beneficiar

13 Xaneiro, 2018 Aurora Puentes, cobre, GUE/NGL, Isabel García Vila, Lidia Senra, Mina Touro-O Pino non, minaría, SGHN
  • Denuncia que a minaría ameaza a saúde, contamina o aire, as augas, dana o territorio e acaba con máis postos de emprego dos que crea 
  • A eurodeputada defende a necesidade da mobilización social para que as institucións galegas e europeas tamén se posicionen en contra 

_K3S9459_2880x1920

O Pino, 13 de xaneiro de 2018. A eurodeputada galega Lídia Senra realizou este sábado un chamamento á necesaria mobilización social continua para lograr frear a mega mina de cobre en Touro e O Pino e facer que tamén as institucións galegas, estatais e europeas se posicionen en contra deste proxecto que “vai destruír máis que beneficiar”. “Non podemos consentir que vaia adiante o proxecto de mega mina de cobre de Touro-O Pino porque ameaza a nosa saúde, contamina o aire, as augas, destrúe o noso territorio e vai acabar con máis postos de emprego dos que vai crear”, asegurou Senra durante a xornada “A mina de Touro-O Pino, un problema de todos e todas”, que está a ter lugar no Hotel Bello, no Pino, durante todo o día, organizada pola propia Senra, como eurodeputada do Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL) e pola Plataforma Veciñal Mina Touro-O Pino NON. 

Isabel García Vila, membro da Plataforma, deu conta de cómo esta asociación de veciñas e veciños se adica a “combater” o proxecto de mega minaría que a empresa Cobre San Rafael S.L, -empresa participada por Atalaya Mining, a mesma dona das minas de Riotinto en Huelva- pretende implantar “sen ningún tipo de miramentos”. García Vila explicou que malia que o 25 de agosto pasado se presentou o proxeto, a veciñanza non se enterou desta ameaza até xa case cando estaba a rematar o periodo para presentar alegacións e cada vez son máis as persoas que se suman á Plataforma e acoden para informarse. “A nosa saúde, agricultura, turismo, o Camiño de Santiago, as augas, a gandeiría,…. estes señores pretenden desfacer todo o noso territorio”, dixo. “Isto afecta, e dígoo ben alto para que escoiten tamén na Xunta, á Rede Natura, ao río Ulla, e é moi grave”, engadiu.

O proxecto de mega mina de Touro-O Pino pretende explotar 2.000 hectáreas de terreo nun inicio, a través dunha mina a ceo aberto e cunha media de 6 explosións diarias, e cos anos pretenden chegar a 122 quilómetros cadrados de terreo, “é dicir, máis solo que toda a extensión que ocupa todo o concello de Touro”, relatou a membro da Plataforma. “Chegará directamente a Touro, O Pino, Boqueixón, Santiago e máis alá”, denunciou e isto “converterase nunha paisaxe propia de Marte”. “Mentres o Goberno da Xunta vende de palabra que hai que coidar o rural e dotalo de vida, ao mesmo tempo estanlle dando facilidades a quen prentede desfacelo”, advertiu. “O aire chega a todas as partes, a auga tamén, o po tamén, por iso, isto non é un problema só dos concellos nos que se pretende instalar a mina, senón un problema de todos e todas”, concluiu.

Ante esta situación, Lídia Senra ve “fundamental” que haxa información e que se divulguen as mentiras que as empresas e as Administracións adoitan contar sobre este tipo de proxectos. A europarlamentaria denunciou os “intereses por parte do capitalismo de apropiarse dos nosos recursos en xeral e os mineiros en particular, non só na terra senón tamén no mar”, o que é “un ataque en toda regra á alimentación, porque os alimentos veñen do campo e do mar”, dixo. “Xa fai moito tempo que defendemos que a alimentación ten que ser unha das principais preocupacións no debate político e non o é”, criticou.

Así, no caso concreto desta mina de Touro-O Pino, Senra animou a “botar as contas e calcular”. “Veñen prometendo postos de traballo, moi poucos, e cantos se van cargar?”, pregountouse. “Contabilicemos cantos postos de traballo directos e indirectos se van eliminar na agricultura e no marisqueo”, dixo. “Ademais, de pouco nos vale ter un proxecto empresarial que xere uns poucos postos de traballo se vai ir en detrimento da biodiversidade, do medio ambiente e da saúde das persoas e dos animais”, afirmou, e incidiu en que a mina non só contaminaría o aire e a auga, senón que a acapararía directamente, un recurso como é a auga que agora é de toda a sociedade.

Senra comprometeuse a seguir loitando en Bruxelas e en Estrasburgo para que a mina non vaia adiante e lembrou que xa o ano pasado realizou unha intervención no pleno do Parlamento Europeo denunciando posibles verteduras de residuos perigosos sen control que a veciñanza ten sospeitas que se están a dar nas balsas e escombreiras da antiga mina, situación que tamén denunciou a través dunha carta que lle remitiu ao comisario europeo de Medio Ambiente, Karmenu Vella. Tamén falou da pregunta escrita que rexistrou dirixida á Comisión Europea alertándoa do novo proxecto.

Na sesión da mañá da xornada no Pino estivo como ponente tamén Aurora Puentes, doutora en Bioloxía e membro da Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN), quen explicou que nos últimos anos as empresas, en conivencia coas Administracións públicas, están a intentar que proliferen este tipo de explotacións por todos os territorios porque o cobre aumentou o seu prezo e todos os proxectos parecen unha copia, chea de erros e contradicións. Puentes fixo un repaso por todos os problemas que traería a apertura dunha mega mina deste tipo en Touro-O Pino e explicou que a SGHN reclama un estudio de impacto ambiental rigoroso, onde aparezan as concentracións de metais perigosos, a perigosidade dos residuos mineiros, a análise do impacto da mina sobre a poboación, o tecido produtivo, a auga, a paisaxe, as especies ameazadas, os espazos naturais protexidos, un estudo dos recursos arqueolóxicos que se verían afectados, o monitoramento das augas e do aire, etc. e como fin reclaman que non se autorice a explotación mineira.

“Non se trata de riqueza, senón de diñeiro. Hai unha gran cobiza por parte das grandes empresas e a minaría actual deber ser moito máis pequena e equilibrada e controlable do que se pretende, ser máis beneficiosa para todos e todas. Non hai que extraer máis metais, hai que utilizar mellor os que temos”, concluiu a bióloga.

A xornada prolongarase todo o día cunha mesa con Miguel Ángel Collado Aguilar, doutorando en Historia da Universidade de Huelva e veciño de Nerva, que explicará a experiencia vivida en Riotinto, que é o principal activo da mineira Atalaya Mining.. E pola tarde, a a partir das 16:30 horas, terá lugar o coloquio “Galiza non é unha mina, pero hai quen pretende que o sexa”, no que se realizará un repaso ás últimas loitas galegas contra minaría e no que intervirán Braulio Amaro, voceiro da Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños; Joam Evans, membro da Sociedade Coluna Sanfins de Lousame e ContraMINAcción; Marga Prieto Ledo, coordinadora la loita contra a minaría salvaxe do Sindicato Lagrego Galego (SLG) e representante da Comisión das minas da Terra Cha; e Mero Iglesias Dobarro, membro da Coordinadora Antiminas de Xanceda, en Mesía. Xa ás 19:00 horas, e para rematar, terá lugar a proxección do documental “As Encrobas, a ceo aberto” e posterior coloquio do director do filme, Xosé Antón Bocixa Rei.

_K3S9466_2880x1920

_K3S9441_2880x1920

20180113_171727

20180113_193354

20180113_193612

20180113_165031

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra no banco mais fedento do mundo con vistas ao vertedoiro de sogama

Lídia Senra: “Na Galiza urxe un modelo de xestión de residuos público 100%, descentralizado e baseado na redución, reciclaxe, reutilización e protección do medio ”

14 Maio, 2019
Comprobando o estado da contorna da Lanzada_2656x1494

Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

12 Abril, 2019
VdMRXGtM

Lídia Senra reclama na CE solucións para que unha muller poida acceder sen barreiras á súa casa en Abadín

9 Abril, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies