- A Comisión Europea presentou hoxe unha comunicación na que recolle as liñas principais da Política Agraria Común a implementar dende 2020
- De00hrs.a 21hrs.o documento será trasladado tamén á Comisión de Agricultura do Parlamento Europeo en sesiónextraordinaria
Bruxelas, 29 de Novembro de 2017.Baixo o título “O Futuro da Alimentación e da Agricultura”, o Comisario de Agricultura da UE, PhilHogan, deu a coñecer fai unhas horas a comunicación que dá inicio ao proceso de negociación da nova Política Agraria Común (PAC), a implementar a partires do ano 2020.
Nunha primeira análise, aresponsábel na Comisión de Agricultura e Desenvolvemento Rural do Parlamento Europeo para o Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea-Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), Lídia Senra, destacou que este texto “adoece dunhaabsoluta falta de asunción de responsabilidades no deterioro do medio rural europeo e, nomeadamente, no peche de milleiros de explotacións agrarias vinculado á aplicación da PAC que se veu desenvolvendo até o dagora”.
De feito, o texto presentado pola institución comunitaria mesmo recolle que son as labregas e labregos quen teñen que responsabilizarse de deseñar estratexias para afrontar riscos vinculados ao quecemento global e as crises fitosanitarias, “non só obviando a responsabilidade política existente nestas problemáticas, senón empuxando unha vez máis ás explotacións a apostar por vías de tecnificación que alimentan o negocio das empresas privadas ao tempo que empeoran o xa grave endebedamento de moitas das granxas”.
A deputada galega cualificou de “decepcionante” o feito de que este documento non afonde nas causas da volatilidade dos prezos “precisamente unha das máis claras consecuencias da desregulamentación das políticas agrarias”. Aliás, a CE tampouco asume “o empeoramento na calidade da alimentación vinculada aos procesos de produción agroindustrializados, así como o seu impacto no deterioro dos solos e dos ecosistemas”.
Outro aspecto concreto a criticar no plantexamento realizado hoxepor PhilHogan é a actitude hipócrita na que está instalada a Comisión de Agricultura con respecto ao cambio climático. É “totalmente contraditorio que se argumente querer loitar contra o cambio climático ao tempo que se presenta un documento que afonda na vocación exportadora da política agraria europea”, razoou Lídia Senra. “Seguen apostando polo modelo de comercialización neoliberal, facendo que os alimentos sexan levados dun lado a outro do planeta, ca alta emisión de gases de efecto invernadoiro que iso conleva”.
En definitiva, o plan presentado fai unhas horas como base para unhanova Política Agraria Común “debe poñernos en alerta” xa que “vai na liña de seguir provocando o peche de explotaciónstanto no Norte como no Sur global, priorizandoúnicamente ao gran agronegocio a través dun modelo que afasta o dereito á alimentación das mans das persoas e dos pobos para convertilo nun negocio para as grandes empresas transnacionais”, advertiu Senra.
De 19.00 a 21.30 terá lugar hoxe unha sesión extraordinaria da Comisión de Agricultura do Parlamento Europeo na que o comisario Hogan trasladará directamente as eurodeputadas/os as claves da proposta da Comisión. A eurodeputada galega situará as principais críticas do GUE/NGL a este texto,ao tempo que reiterará a vontade da esquerda europea de seguirtraballando “por outro modelo de políticas agrarias, que respondan ás necesidades da sociedade, e con moitas labregas e labregos producindo alimentos en todo o territorio, en base a un modelo agroecolóxico, que contribúa a mitigar o cambio climático e ca soberanía alimentaria como marco de referencia”.
Comunicación da Comisión ao Parlamento Europeo, ao Consello, ao Comité Económico e Social Europeo e ao Comité das Rexións, O FUTURO DA ALIMENTACIÓN E DA AGRICULTURA:
s_2014_2019_plmrep_COMMITTEES_AGRI_DV_2017_11-29_1_CAP_ACT_PT