AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Senra saúda a aprobación do regulamento de produción ecolóxica da UE pero critica a súa vocación neoliberal

22 Novembro, 2017 agricultura ecolóxica, oxm, quecemento global, transxénicos

 

  • A Comisión de Agricultura do Parlamento aprobou hoxe un regulamento comunitario para a produción e etiquetaxe de alimentación ecolóxica
  • A deputada galega considera “totalmente necesario” este regulamento pero chama a abordar con contundencia os relevantes puntos febles

 

 

 

https://ageuropa.gal/wp-content/uploads/2017/11/00092-VALORACION-INFORME-AGRI-ORGÁNICA.mp4

Bruxelas, 22 de Novembro de 2017. A Comisión de Agricultura do Parlamento Europeo (PE) aprobou hoxe unha proposta de regulamento do PE e o Consello Europeo a aplicar á produción ecolóxica e etiquetado de produtos ecolóxicos. No marco dun auxe exponencial do consumo deste tipo de alimentos nos países membro, e dunha cada vez maior concienciación por parte da cidadanía das repercusións que a alimentación ten na nosa saúde, a negociación interinstitucional deste texto a nivel comunitario presentou unha relevante complexidade que deu conta da multiplicidade de intereses económicos e políticos inherentes a este regulamento. Nestes últimos dous anos tiveron lugar até dezaoito xuntanzas PE-Comisión Europea-Consello Europeo para a súa elaboración.

Lídia Senra, responsábel na Comisión de Agricultura e Desenvolvemento Rural para o Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea-Esquerda Verde Nórdica- (GUE/NGL), saudou hoxe a aprobación deste informe ao constituír “un instrumento necesario para a certificación ecolóxica, ferramenta á súa vez imprescindíbel para poder identificar os produtos ecolóxicos nos mercados”.

Aliás, o texto recolleu tamén cuestións especificamente positivas, como a incorporación do denominado “material heteroxéneo”. Así, até o dagora para producir en ecolóxico había que empregar sementes ecolóxicas incorporadas a un rexistro controlado maiormente polas grandes multinacionais das sementes, ou ben iniciar un proceso de solicitude de excepción. “Ao incluír agora no regulamento europeo o recoñecemento ao material heteroxéneo, se se aplica correctamente, pode servir de apoio ás asociacións de mantemento e intercambio de sementes e, en xeral, contribuír a que a alimentación estea na man das persoas e non unicamente na das corporacións privadas”, explicou a eurodeputada galega.

Non obstante, advertiu, “non podemos obviar que este é un acordo de mínimos”, xa que “non resposta satisfactoriamente ás reivindicacións de fondo e necesidades reais das labregas e labregos que precisamente levan loitando varias décadas para defender e socializar a agricultura ecolóxica e a agroecoloxía; por iso non podiamos apoialo co noso voto e decidimos absternos”.

Nomeadamente, Senra criticou a clara intención deste informe de intensificar inda máis as dinámicas de comercialización mundial de alimentos ao redor do planeta, é dicir, someter á alimentación ecolóxica ás dinámicas comerciais neoliberais. “Para nós, a agricultura ecolóxica ten que ir máis aló, non pode entrar no comercio global de alimentos, senón basearse na produción de proximidade e de tempada. Até que punto podemos considerar como  ecolóxico un alimento que presenta o forte impacto medioambiental derivado do seu traslado a milleiros de kilómetros de distancia? Esas dinámicas comerciais contradín o propio significado que implica a agricultura ecolóxica”.

Outro dos aspectos que impedían que este informe contase  co voto positivo da eurodeputada galega foi o feito de que non recollese o establecemento de axudas para compensar as perdas das granxas ecolóxicas que se podan ver contaminadas involuntariamente, cuestión sobre a que Senra presentara emendas específicas a este informe. Aliás, este regulamento tamén adoece dunha excepcional permisividade con prácticas que distan moito de adscribirse aos preceptos de benestar animal que cabe supor á produción ecolóxica, tales como cortar o pico das aves ou a extracción de cornos.

En conclusión, “é importante que exista un apoio á produción ecolóxica por parte das institucións públicas, porque é unha posición que pode facernos avanzar cara unha transición no modelo que axude a afastarnos da actual agroindustrialización”, reflexionou Lídia Senra, “pero non podemos pechar os ollos diante da fortísima influencia das grandes multinacionais e dos gobernos neoliberais, que na súa obcecación por cooptar a toda costa todos os nichos de mercado, están dispostos a forzar a deturpación dos preceptos básicos da produción ecolóxica para sometela aos seus intereses”.

Conforme aos procedementos administrativos de regulamentación comunitaria, o informe aprobado hoxe na Comisión de Agricultura será sometido a votación en sesión plenaria do Parlamento Europeo, previsibelmente en abril de 2018.

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra no banco mais fedento do mundo con vistas ao vertedoiro de sogama

Lídia Senra: “Na Galiza urxe un modelo de xestión de residuos público 100%, descentralizado e baseado na redución, reciclaxe, reutilización e protección do medio ”

14 Maio, 2019
Comprobando o estado da contorna da Lanzada_2656x1494

Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

12 Abril, 2019
VdMRXGtM

Lídia Senra reclama na CE solucións para que unha muller poida acceder sen barreiras á súa casa en Abadín

9 Abril, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies