O vindeiro sábado 21 de novembro terá lugar na Facultade de Filosofía de Santiago de Compostela a xornada “A Esquerda Europea. Garante dos dereitos das persoas fronte ás políticas de austeridade”, avanzamos aquí o programa das mesmas.
Haberá servizo de gardería na propia Facultade de Filosofía para todas aquelas persoas que queiran vir ás xornadas acompañadas de nenas e nenos.
“A Esquerda Europea. Garante dos dereitos das persoas fronte ás políticas de austeridade”
Programa
10:00h.- Recepción dos/as participantes e apertura das xornadas por Lidia Senra Rodríguez, Deputada no Parlamento Europeo pola Alternativa Galega de Esquerda en Europa e membro do Grupo Parlamentario da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL).
10:30 h.- As políticas de austeridade e a ditadura do euro.
- Joan Tafalla. Doutor en Historia ola U.A.B.. Membro da Asociación Expai Marx.
- Daithí Doolan. Concelleiro do Sinn Féin en Dublín (Irlanda).
- Ramón Franquesa. Profesor de Economía na Universidade de Barcelona.
Introdución e moderación: Antón Sánchez García. Deputado no Parlamento Galego pola Alternativa Galega de Esquerdas.
12:00 h.- Descanso
12:30 h.- Debate.
14:00 h.- Fin da xornada de mañá.
16:00 h.- Que propostas dende a esquerda para poñer os dereitos das persoas no centro das políticas da Unión Europea?.
- Yolanda Jubeto. Doutora en Economía pola Universidade do País Vasco e activista feminista.
- Fabio De Masi, Deputado no Parlamento Europeo polo Die Linke (Alemania).
- Yiannis Tolios. Membro do Consello Político de Unidade Popular de Grecia e Director do Centro de Investigación Marxista MAXOME.
- Joana Mortagua. Deputada do Bloco de Esquerdas en Portugal.
- Xosé Manuel Beiras. Portavoz Nacional de Anova-IN e Portavoz de Alternativa Galega de Esquerda (AGE) no Parlamento Galego.
Introdución e moderación: Lidia Senra Rodríguez. Deputada no Parlamento Europeo pola Alternativa Galega de Esquerda en Europa.
17:30 h.- Debate.
19:00 h.- Fin da xornada