AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Lídia Senra denunciará na CE a posíbel vulneración de directivas comunitarias por parte da Lei de Depredación de Galiza

17 Outubro, 2017
  • Esta mesma semana presentará unha primeira denuncia á Comisión Europea e solicitará xuntanzas cas Direccións Xerais correspondentes
  • Critica a “desprotección” e “vulnerabilidade” ás que o PPdG está sumindo ao noso país lexislando á medida das empresas transnacionais

Bruxelas, 17 de outubro de 2017. Lídia Senra expresou hoxe a súa fonda preocupación pola aprobación da Lei de Fomento da Implantación das Iniciativas Empresariais en Galicia, máis correctamente nomeada Lei de Depredación de Galiza, un texto que, advertiu, “o único que fomenta é o espolio e destrución dos nosos recursos naturais e, de paso, arrampla tamén cos xa de por si limitados dereitos da cidadanía para facer fronte ás ameazas das empresas que queren esquilmar o noso País”.

O empuxón dado polo Partido Popular a esta lei “deixa ben claro que o Goberno da Xunta traballa para as empresas privadas, non para as galegas e galegos” valorou Senra. Ao contrario do que quere dar a entender a exposición de motivos desta lei, a sociedade galega non está preocupada por facer “máis atractiva” a explotación mineira, o acaparamento de terras nin a proliferación de eólicos e eucaliptos.

De feito, fai menos de cinco anos a sociedade galega deixou ben claro a súa posición neste sentido cando gañou a batalla contra a mina que a corporación canadense Edgewater quería explotar en Corcoesto. “Logo de loitas sociais como as que o pobo galego ten levado adiante contra a explotación salvaxe da nosa terra, a aprobación desta lei alegando que é unha demanda social é dun cinismo impresentábel”, recriminou a eurodeputada galega integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea-Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL) no Parlamento Europeo.

Diante desta situación de desprotección total “ante a rapiña empresarial e a vulnerabilidade que provoca fronte a iniciativas privadas que poden ter graves consecuencias para as persoas o medio ambiente”, Lídia Senra denunciará diante da Comisión Europea a posíbel vulneración ou incorrecta transposición de normativas comunitarias nas que poda estar incorrendo a Lei aprobada hoxe polo Partido Popular.

“Imos analizar o texto e plantexar directamente á Comisión xa nesta semana a posibilidade de incompatibilidade con normativas europeas”, abondou a eurodeputada galega, “paralelamente tamén solicitaremos reunións cas direccións xerais da Comisión Europea  correspondentes, para trasladarlles directamente esta denuncia”.

Aliás, Lídia Senra púxose tamén a disposición da plataforma de colectivos sociais que están coordenando a loita contra a Lei de Depredación da Galiza para prestarlles apoio nas posíbeis vías de denuncia que poderían activar nas institucións comunitarias, nomeadamente a través da Comisión de Peticións do Parlamento Europeo e a solicitude de apertura dun procedemento de infracción por parte da Comisión Europea a través do servizo de tramitación de queixas ao ente comunitario. Asemade, o vindeiro domingo 22 de outubro Lídia Senra participará na manifestación convocada por dita plataforma en Compostela.

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra no banco mais fedento do mundo con vistas ao vertedoiro de sogama

Lídia Senra: “Na Galiza urxe un modelo de xestión de residuos público 100%, descentralizado e baseado na redución, reciclaxe, reutilización e protección do medio ”

14 Maio, 2019
Comprobando o estado da contorna da Lanzada_2656x1494

Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

12 Abril, 2019
VdMRXGtM

Lídia Senra reclama na CE solucións para que unha muller poida acceder sen barreiras á súa casa en Abadín

9 Abril, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies