AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

O tratamento xudicial da violencia machista, a análise a próxima semana no Parlamento Europeo

13 Novembro, 2015 asap, feminismo, Lidia Senra, machismo, políticas públicas, xustiza

 

  • Mulleres de diferentes colectivos participarán o día 18 nesta iniciativa organizada pola eurodeputada de AGEe Lídia Senra
  • Rede de Mulleres Contra os Malos Tratos de Vigo, AGAMME, Secretaría das Mulleres do SLG ou o Colexio de Psicoloxía de Galicia serán algunhas das poñentes

 Santiago de Compostela, 13 Novembro 2015. O tratamento xudicial da violencia machista chegará a próxima semana ao Parlamento Europeo. Será a través dunhas xornadas, organizadas polo Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), no que está integrada a eurodeputada por AGEe Lídia Senra.

Baixo o título ‘O sesgo machista na aplicación das políticas: O caso da xustiza’, a xornada de ánálise terá lugar o mércores 18 de novembro, durante todo o día, e reunirá en Bruxelas a representantes de diferentes colectivos de mulleres e do eido da Psicoloxía e do Dereito.

Durante a rolda de prensa de presentación de ditas xornadas, celebrada hoxe pola mañá en Santiago de Compostela, a propia eurodeputada galega Lídia Senra, acompañada por Estrela Gómez Viñas, coordenadora da Asociación Galega contra o Maltrato a Menores (AGAMME), e de Rosa Fontaíña Pazos, coordenadora da Rede de Mulleres Contra os Malos Tratos de Vigo, denunciou que os avances en materia de loita contra a desigualdade de xénero e a violencia machista “non están indo tan aló como sería desexable”.

Lídia Senra asegurou que “o machismo está tan presente nas institucións” a día de hoxe que impide que as propias Administracións que elaboran leis para loitar contra esta lacra actúen defendendo con efectividade os dereitos das mulleres. Por iso, anunciou que desde o grupo no Parlamento Europeo de GUE/NGL, “darase a batalla” e levarase á institución comunitaria a problemática actual que se vive na Galiza en relación a este asunto. “Estamos vendo como se están a aplicar políticas sempre cun sesgo machista, cando o necesario hoxe é ir cara á tolerancia cero coa violencia e desigualdade de xénero e as Administracións teñen que ser claras neste sentido, non se poden consentir actuacións como as que estamos vivindo nos últimos días no noso país por parte de persoas como o Presidente da Deputación de Ourense ou o propio presidente da Xunta de Galiza, por exemplo”.

Presentarase unha pregunta da Comisión Europea

Lídia Senra explicou que as xornadas do día 18 en Bruxelas non están concibidas para simplemente debater, senón que desde AGEe se presentarán preguntas na Comisión Europea sobre os asuntos que se plantexen nos relatorios. “Queremos abrir debate e deixar propostas no Parlamento Europeo para seguir traballando”, recalcou.

Neste sentido, Rosa Fontaíña Pazos destacou que nas xornadas faranse aportacións para facer visible a problemática e tamén visibilizar ás persoas que “estamos loitando contra a violencia de xénero todos os días” na Galiza. “No noso País estase desprezando ás mulleres a diario, non se está facendo caso ás asociacións, non se nos está tendo en conta. E ademais estamos escoitando a persoas con cargos políticos e responsabilidade pública moi grande facendo valoracións nada axeitadas”.

Fontaíña destacou que na aplicación da lexislación a nivel xudicial estanse producindo atrasos en sentencias que “son moi perxudiciais para as persoas”. “Querémolo contar en directo, levar a nosa realidade a Europa”. “Por un lado, as leis actuais non están dotadas de orzamentos para a súa aplicación e non se están a cumprir, polo que é necesario un cambio”, enfatizou. E por outro lado, chamou tamén a preguntarse o que pode haber detrás dos continuos casos de violencia machista. “Alguén se preguntou algunha vez por que as mulleres moitas veces non queren declarar despois de denunciar á súa parella ou de que esta sexa detida por un caso de violencia machista? A lei permite que o suposto delincuente hoxe en día poida facer unha chamada desde os calabozos secreta para dicir onde está. O que está pasando é que eles fan esa chamada ás mulleres ameazándoas con que se falan irán a por elas. Logo, estamos retrocedendo nesta materia co beneplácito nalgúns casos das políticas lexislativas e dos tribunais”. “Vivimos auténticas barbaridades cotiás”, dixo.

Pola súa banda, Estrela Gómez explicou que no Estado español hai unha práctica xudicial que considera que cando unha nai presenta unha denuncia contra o pai dos seus fillos, o testemuño que poidan dar as nenas e nenos vai ser falso por estar influenciado pola nai. “As Administracións non toman en serio ás mulleres”, denunciou. Ademais, tamén fixo fincapé en que mentres no 2014 o Comité de Nacións Unidas condenou ao Estado español por non estar a ter unha resposta axeitada ante a violencia de xénero, o Estado “segue sen facer nada”. “É unha burla”.

Para Gómez, é importante que isto chegue ao Parlamento Europeo, xa que o problema do sesgo machista nas institucións “é global”. “O marco normativo non sempre está correlacionado coa práctica xudicial”, insistiu. Así, defendeu que todas as nenas e nenos teñen dereito a ser escoitados en condicións óptimas e sen embargo estamos asistindo a interrogatorios policiais, que poden tardar ata 12 meses en producirse despois dunha denuncia e en espazos intimidatorios. “Con estas prácticas o testemuño infantil está sendo negado en casos de violencia machista, o propio sistema impide que se produzan testemuños válidos”. “Ningún Estado pode permitir que o maltrato sexa unha práctica” e temos que avanzar neste sentido”, dixo.

Para ditas xornadas desprazaranse a próxima semana ata Bruxelas, ademais da propia Estrela Gómez e de Rosa Fontaíña Pazos, outras destacadas integrantes dos movementos a prol da igualdade de xénero en Galiza como son María Ferreiro, Responsábel da Secretaría das Mulleres do SLG; ou Rosa Álvarez Prada, actual Decana do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia. Con elas abordaranse aspectos como as dificultades das vítimas de violencia machista nos procesos xudiciais; a situación das nenas e nenos e adolescentes nos procedementos xudiciais deste tipo; a situación no medio rural a este respecto; ou a necesaria mirada psicolóxica para unha abordaxe integral da violencia machista contra as mulleres.

Nas xornadas tamén intervirán Sonia Vaccaro, psicóloga experta en vitimoloxía e violencia de xénero, que falará sobre a utilización do SAP na xustiza como outra forma de violencia; e Lorena Garrido Jiménez, profesora e investigadora do Grupo Antígona, pertencente á Facultade de Dereito da Universidade Autónoma de Barcelona, que abordará a cuestión do dereito androcéntrico como reto pendente.

As xornadas serán introducidas tamén, ademais de por Lídia Senra, pola eurodeputada de Izquierda Unida-Izquierda Plural no GUE/NGL Ángela Vallina.

 

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra no banco mais fedento do mundo con vistas ao vertedoiro de sogama

Lídia Senra: “Na Galiza urxe un modelo de xestión de residuos público 100%, descentralizado e baseado na redución, reciclaxe, reutilización e protección do medio ”

14 Maio, 2019
Comprobando o estado da contorna da Lanzada_2656x1494

Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

12 Abril, 2019
VdMRXGtM

Lídia Senra reclama na CE solucións para que unha muller poida acceder sen barreiras á súa casa en Abadín

9 Abril, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies