AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Lídia Senra visita Catalunya para seguir o referendo dentro dunha delegación parlamentaria internacional

29 Setembro, 2017 1 de outubro, 1-0, Catalunya, dereito de autodeterminación, GUE/NGL, Lidia Senra, referendo
  • A deputada galega estivo hoxe no Parlament catalán e na Generalitat, participando nas reunións con Puigdemont, Forcadell e Romeva 
  • A europarlamentaria, que chama a respectar o dereito de autodeterminación dos pobos, permanecerá até o luns en Barcelona 

20170929_114312_2656x1494

Barcelona, 29 de Setembro de 2017. A eurodeputada galega Lídia Senra atópase xa en Catalunya, onde permanecerá até o próximo luns, para seguir o referendo do 1 de outubro dentro dunha delegación parlamentaria internacional organizada por Diplocat. En calidade de visitante, Senra mantivo xa este venres pola mañá varios encontros en Barcelona, que incluíron reunións coa presidenta do Parlament catalán, Carme Forcadell, na sede da institución catalá; e co presidente do Goberno catalán, Carles Puigdemont, e o conselleiro de Asuntos Exteriores, Relacións Institucionais e Transparencia, Raül Romeva, no Palau da Generalitat. Tamén tivo a oportunidade de escoitar a diferentes expertos académicos en materia económica e política, así como a diferentes representantes da sociedade civil catalá. 

A eurodeputada galega, integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL) do Parlamento Europeo, está a comprobar en directo o sentir da poboación catalá, en defensa do seu dereito a votar. Preocupada polas trabas coas que o Goberno do Estado español está tentando intimidar ao pobo catalán para que renuncia á súa vontade de exercer o dereito de Autodeterminación, Senra defendeu unha vez máis “o dereito dos pobos a decidir sobre as súas propias formas de goberno e o seu desenvolvemento económico, social e cultural, sen inxerencias externas e de acordo ao principio de igualdade”. “Estamos a falar dun dereito que está recollido nos Pactos Internacionais de Dereitos Humanos da Asemblea Xeral das Nacións Unidas”, reiterou Senra, que advirte que “quen queira poñerlle portas ao campo en Catalunya equivócase totalmente”.

A preocupación polo clima de confrontación que o Goberno do Partido Popular está instigando contra o pobo catalán, así como a instrumentalización das estruturas xudiciais e policiais para poñer en marcha detencións, rexistros en domicilios e empresas e cuantiosas multas a persoas que están participando da organización do referendo, está a ser subliñada tanto por Lídia Senra como por numerosas eurodeputadas de distintos grupos políticos.

Así, xunto con máis de trinta eurodeputados/as a pasada semana denunciou diante da Comisión Europea o acoso por parte da Fiscalía española a máis de setecentos alcaldesas/es catalás. Tamén forma parte do case medio cento de deputadas/os europeos que subscribiron unha carta dirixida a Mariano Rajoy instándoo a poñer fin á violación dos dereitos civís da cidadanía de Catalunya, e das representantes europeas que se dirixiron ao vicepresidente da Comisión Europea, Frans Timmermans, para denunciar a vulneración do dereito de liberade de expresión que supón a prohibición de actos públicos que pretendían abordar o tema do referendo.

Asemade, tamén dende Galiza, no marco do coloquio sobre os desafíos aos que está a facer fronte esquerda política internacional, celebrado a pasada semana en Santiago de Compostela, a eurodeputada galega voltou amosar o seu apoio ao dereito do pobo catalán a expresarse a través das furnas do referendo convocado pola Generalitat.

Ademais, a través dunha pregunta parlamentaria, Lídia Senra solicitou tamén saber exactamente se a Comisión Europea contempla reaccionar ante a vulneración de dereitos fundamentais que está a protagonizar o Goberno do Partido Popular contra o pobo catalán, a través por exemplo da posta en marcha dun mecanismo preventivo ou incluso sancionador contra o Estado español por estas prácticas seguindo o Artigo 7 do Tratado da Unión Europea, que establece medidas para facer fronte a ameazas sistémicas ao Estado de Dereito nos países da UE.

20170929_114234_2656x1494

20170929_132205_2656x1494

20170929_132418_2656x1494

20170929_132456_2656x1494

20170929_132828_2656x1494

20170929_132934_2656x1494

20170929_133136_2656x1494

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra no banco mais fedento do mundo con vistas ao vertedoiro de sogama

Lídia Senra: “Na Galiza urxe un modelo de xestión de residuos público 100%, descentralizado e baseado na redución, reciclaxe, reutilización e protección do medio ”

14 Maio, 2019
Comprobando o estado da contorna da Lanzada_2656x1494

Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

12 Abril, 2019
VdMRXGtM

Lídia Senra reclama na CE solucións para que unha muller poida acceder sen barreiras á súa casa en Abadín

9 Abril, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies