AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

“A UE ten que ser contundente fronte aos abusos de Marrocos contra o pobo saharaui”

19 Setembro, 2017
  • A eurodeputada faise eco das denuncias de dispersión realizadas polas familias dos presos políticos saharauis do campamento Gdeim Izik
  • Esixe que se respecten os seus dereitos humanos, e reitera o seu apoio ao dereito do pobo saharaui ao referendo de autodeterminación

Nombre-Gdeim-Izik1

Bruxelas, 19 de Setembro de 2017. Persoas achegadas aos presos políticos saharauis do campamento Gdeim Izik, veñen de trasladarlle á eurodeputada galega integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), Lídia Senra, a denuncia dunha nova vulneración dos dereitos humanos destes líderes sociais, vítimas dun xuízo civil cheo de irregularidades por parte do Goberno de Marrocos o pasado mes de xuño.

Na madrugada deste sábado día 16, dezaoito dos dezanove presos que se atopaban no cárcere de marroquí de Aarjat foron sacados das súas celas e dispersados en seis prisións. Este medida parece ser precisamente unha represalia pola solicitude realizada previamente por estas persoas de seren trasladadas a centros penitenciarios máis próximos ao territorio ocupado de El Aaiún, para así poderen estar perto das súas familias. Tras unhas primeiras horas de incomunicación, nas que nin as propias familias puideron ter acceso á información sobre o seu paradoiro, finalmente os últimos datos sitúanos en centro penitenciarios que se atopan entre 460 e 1346kms de distancia de El Aaiún.

A eurodeputada Lídia Senra, que ten amosado xa a súa solidariedade cos presos de Gdeim Izik en varias ocasións[1], sumouse ás solicitudes de liberación inmediata e esixíu “un compromiso contundente da UE cos dereitos humanos destes activistas”. Nesta liña, insta  a comezar “asumindo que non se pode establecer acordos económicos cun país como Marrocos, que pretende facer negocio a costa dos dereitos do pobo saharaui e non dubida en empregar a violencia para manter o control e explotación dos seus recursos naturais”.

Senra lembrou tamén que o enésimo recoñecemento de que o territorio do Sáhara Occidental ten dereito  á súa autodeterminación é precisamente unha sentenza ditada polo Tribunal de Xustiza da UE en decembro do 2016, que pon en entredito específicamente os acordos comerciais UE-Marrocos. “Abonda xa de mirar para outro lado, a ONU e a Unión Europea non poden seguir obviando a gravidade da violencia ca que o Goberno de Marrocos ataca reiteradamente ao pobo saharaui”– advertiu- “A dispersión é unha volta de torca máis desta violencia, e busca causar sufrimento non só nas persoas presas, senón tamén directamente ás súas familias e persoas achegadas”.

A eurodeputada galega comprometeuse a seguir de perto a situación dos dezanove presos de Gdeim Izik e denunciar, tanto publicamente como a nivel institucional dentro da UE, todas as vulneracións de dereitos humanos que o Goberno de Marrocos sega obstinado en cometer contra estes activistas sociais e as súas familias.

 

[1]Vídeo-declaracións de Lídia Senra condenando xuízo farsa ao que o Goberno de Marrocos está a someter ao s presos de Gdeim Izik (16 de xuño, 2017): https://www.facebook.com/LidiaSenraRodriguez/videos/1145607132211284/. 
 [NdP040717] A eurodeputada galega Lídia Senra reclama a liberación dos presos políticos saharauis
anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra no banco mais fedento do mundo con vistas ao vertedoiro de sogama

Lídia Senra: “Na Galiza urxe un modelo de xestión de residuos público 100%, descentralizado e baseado na redución, reciclaxe, reutilización e protección do medio ”

14 Maio, 2019
Comprobando o estado da contorna da Lanzada_2656x1494

Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

12 Abril, 2019
VdMRXGtM

Lídia Senra reclama na CE solucións para que unha muller poida acceder sen barreiras á súa casa en Abadín

9 Abril, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Xullo 2025
M T W T F S S
« Mai    
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies