AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Lídia Senra esixe a posta en marcha de medidas que reforcen o poder negociador do sector produtor

12 Novembro, 2015 acordos comerciais, agricultura, bruxelas, crise agrícola europea, economía rural, Isabel Vilalva, leite, liberalización, liberalización comercial, liberalización sector lácteo, libre mercado, Lidia Senra, PAC, políticas públicas, SLG, soberanía alimentaria, sustentabilidade, transxénicos

• AGEe critica a actitude hipocritamente triunfalista da ministra Tejerina esta mañá na Comisión de Agricultura en relación á cadea alimentaria
• Nin os prezos, nin a prohibición da venda a perdas, nin a negociación están presentes nunha lexislación que ningunea ao sector produtor

Bruxelas, 12 Novembro 2015. Na mañá de hoxe tivo lugar na Comisión de Agricultura do Parlamento Europeo[1] un intercambio de opinións ca ministra de Agricultura do Estado español, Isabel García Tejerina, en relación á aplicación da lexislación vinculada á cadea alimentaria.

A eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), Lídia Senra, subliñou a insuficiencia da lexislación posta en marcha no Estado, xa que “precisamente a maior preocupación das labregas, labregos e sector gandeiro é prezo, pero este aspecto nin se garante nin se soluciona ca lei”. Fronte a esta situación, interpelou, “cómpre por xa en marcha medias que permitan ao sector produtor equilibrar prezos en orixe con custos reais, especificando prezos mínimos que cubran custos de produción e traballo nos contratos, e trasladando ás consumidoras e consumidores de xeito adecuado o valor dos produtos”.

Outra das dificultades que marcan a pronunciada asimetría entre o sector produtor e outros axentes da cadea como a grande distribución é a consabida práctica da “venda a perdas”, é dicir, situar produtos a prezos moi baixos que funcionen como reclamo, unha práctica que sectores como o lácteo levan denunciando reiteradamente, “mais sen que tampouco a lexislación da cadea alimentaria, esa que di pretender ter coma obxectivo conseguir equilibrio e transparencia nas relacións comerciais, teña abordado unha cuestión de práctica desleal tan clara coma esta”, recriminou Senra.

Pero se hai unha eiva significativamente notoria na lexislación estatal da cadea alimentaria esa é a da negociación colectiva, cuestión que novamente contrasta co suposto obxectivo de “equilibrar” as relacións comerciais. Ca lexislación actual, reiterou Senra, “se queremos que os produtores e produtoras sobrevivan, é fundamental e imprescindíbel que as organizacións agrarias poidan negociar, para o que é necesario a posta en marcha de medidas específicas que permitan un marco real de negociación, podendo ser acordados colectivamente, no marco das Organizacións Interprofesionais, as condicións dos contratos dos produtos agrarios”.

En relación á aplicación das normas da competencia, Senra lembrou que só serviu “para permitir que, en aras a esta lexislación, lles fora negada sistematicamente a posibilidade de levar adiante unha negociación colectiva para establecer prezos remuneradores”. Neste senso, apuntou que o Estado debe establecer excepcións ou realizar reformas na lexislación da cadea alimentaria, “porque estamos a falar de comida, e a alimentación ten que ser tomada en conta de xeito diferenciado porque é algo imprescindíbel para todas e todos nós”.

A ministra Tejerina, pola súa banda, fiou a súa réplica á concatenación de datos económicos, argumentando a inversión de 80 millóns de euros adicionais para o sector no Estado, cuestión que fica absolutamente diluída se temos en conta que entre os meses de abril e outubro, computando só as granxas galegas, estas acumulan xa unha perda de 82 millóns de euros.

Polo tanto, concluíu a eurodeputada galega, se os datos esbozan unha realidade na que as industrias están a pagar entre 22 e 27 céntimos por litro de leite, e algunhas delas acumulan incluso varios meses de impago, “estamos unha vez máis diante dun engano á sociedade, porque o diñeiro que tiña que ser empregado para paliar as perdas acumuladas están na realidade amparando que se sega a permitir prezos á baixa”.

 

[1]Orde do día: http://www.europarl.europa.eu/sides/getDoc.do?pubRef=-//EP//TEXT+COMPARL+AGRI-OJ-20151109-1+01+DOC+XML+V0//PT

 

anterior seguinte

Artigos relacionados

web_PACgz

Renunciar a unha PAC adaptada á realidade galega é renunciar ás nosas competencias como País

16 Outubro, 2018
Portadanovaweb_190918

Benvidas/os á nova páxina web da eurodeputada Lídia Senra. Novo enderezo: www.lidiasenra.gal

19 Setembro, 2018
Senra_ComAGRI_290818-520x245

Senra critica a falta de determinación da UE á hora de facer cumprir as directivas medioambientais

29 Agosto, 2018

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Xullo 2025
M T W T F S S
« Mai    
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies