AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Lídia Senra: “A globalización non é reformábel, cómpre derrubala”

13 Setembro, 2017
  • A eurodeputada galega posicionouse na sesión plenaria en contra dun informe do Parlamento que pretendía “lavar a cara” á globalización
  • “A soberanía política, alimentaria e enerxética dos pobos do mundo é incompatible ca globalización”, lembrou

STOPGLOB

 

Estrasburgo, 13 de Setembro de 2017. A eurodeputada galega Lídia Senra, integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), posicionouse onte en contra do informe sobre  Impacto do comercio internacional e das políticas comerciais da UE nas cadeas de valor mundiais por considerar que “é un lavado de cara á globalización e á Organización Mundial do Comercio (OMC), instrumentos do capitalismo para dominar o mundo e seguir concentrando a riqueza”. Dito texto, se ben parte do recoñecemento dos impactos negativos das políticas comerciais da Unión Europea (UE) e dos efectos adversos do actual réxime mundial de comercio e investimento, avoga polo plantexamento da posta en marcha de medidas -apenas esbozadas no informe-, cas que tentar probar a mitigar algunhas das graves consecuencias que a deslocalización e desmembramento a nivel mundial do proceso produtivo capitalista está a carrexar para as persoas e a Natureza.

Fronte a esta tentativa de xustificación da globalización apostando por “parchear” as súas consecuencias, Lídia Senra sinalou con contundencia que “non é reformábel” senón que “é preciso derrubala”. Fronte ao modelo homxeneizador e de concentración do poder impulsado polo capitalismo na súa fase neoliberal, a eurodeputada galega chamou a “construír relacións entre os pobos en pé de igualdade recuperando o seu dereito a decidir, relocalizando a produción, devolvendo os dereitos sociais, políticos e laborais roubados; protexendo os recursos naturais e o clima”.

A eurodeputada galega advertiu que a propia globalización da produción mundial constitúe un marco no que xustificar a posta en marcha de políticas, medidas e leis que lexitiman afondar no proceso de concentración da riqueza “a costa de desposuír de dereitos á clase traballadora e traspasando o dereito a decidir dos pobos,  ademais de regalar competencias das institucións públicas ás transnacionais”.

 “A soberanía política, alimentaria e enerxética dos pobos é incompatible ca globalización”, sentenciou.

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra, cos carteis contra o PEPP, no pleno do Parlamento Europeo hoxe

Lídia Senra vota contra o Produto Paneuropeo de Pensións Individuais: “É un insulto para a maioría social”

4 Abril, 2019
Plenary session - Minimum requirements for water reuse

A reutilización de augas no actual modelo industrial é un risco para as persoas e o medioambiente

12 Febreiro, 2019
150119_AngelaVallina-coordinadora do GUE-NGL en FEMM e Senra--

Temos que conseguir que os avances institucionais en materia de igualdade cheguen á vida real

15 Xaneiro, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Xullo 2025
M T W T F S S
« Mai    
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies