AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Lídia Senra esixe á Comisión Europea unha Directiva comunitaria contra a violencia machista

12 Setembro, 2017
  • Saúda a ratificación hoxe do Convenio de Istambul por parte da UE pero esixe máis medios, análise e formación en xénero para optimizar a loita
  • Unha terceira parte das mulleres da Unión Europea teñen sufrido violencia sexual ou física alomenos unha vez durante a súa vida adulta

 

Intervencion en sesión plenaria durante o debate do informe
Intervención en sesión plenaria durante o debate do informe

Estrasburgo, 12 de Setembro de 2017. Lídia Senra saúda a adhesión ao Convenio do Consello de Europa sobre prevención e loita contra a violencia contra as mulleres e a violencia doméstica (Convenio de Istambul) aprobada na mañá de hoxe polo pleno do Parlamento Europeo (PE) reunido en Estrasburgo. Non obstante, subliñou onte a eurodeputada galega durante o debate de devandito informe, “a Unión Europea debe de pasar xa das palabras ás accións, precisamos unha Directiva europea para reforzar a loita contra a violencia machista”.

A violencia contra as mulleres na UE presenta datos arrepiantes. Segundo a información recollida no último estudo sobre violencia machista realizado pola Axencia dos Dereitos Fundamentais da UE (2014) unha terceira parte das mulleres en Europa teñen sufrido actos de violencia física ou sexual alomenos unha vez durante a súa vida adulta.

Diante desta realidade, Lídia Senra demandou aos Estados membro “unha avaliación en profundidade que revele que é o que non está a funcionar na aplicación das leis contra a violencia”, xa que moitas veces a vontade recollida en convenios como o de Istambul, malia seren asumidos polos Gobernos, non alcanzan a efectividade á que aspiran.  “Queremos que se garanta que casos como o de Juana Rivas non acontezan nunca máis, e que ningunha muller sexa ameazada co cárcere por non querer entregar as súas fillas ou fillos a pais agresores”, abondou.

Neste senso, a eurodeputada galega sinalou que resulta “imprescindíbel” que todas aquelas persoas que teñen a responsabilidade de implementar a lexislación contra a violencia machista conten cunha formación fonda e específica en materia de xénero, xa que “é o único xeito de que o machismo non se cole tamén na propia implementación das leis”[1].

 

 

[1] En novembro do ano 2015 Lídia Senra convocou no Parlamento Europeo a xornada “O nesgo machista na aplicación das políticas: o caso da xustiza”, levada adiante por varios colectivos galegos. Nesta mesma liña, o pasado mes de xuño Senra coordenou no PE unha segunda xornada de traballo, desta volta baixo o lema “Unha xustiza adaptada á infancia: A consideración da voz das vítimas menores de idade”, na que colectivos especializados demandaron o cumprimento das directrices do Consello de Europa sobre a adaptación da xustiza ás necesidades da infancia.

 

 

 

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra

Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito

26 Maio, 2019
Lidia Senra comprando no mercado de teo

Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei”

25 Maio, 2019
Vista xeral_2592x1460

Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade

24 Maio, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Xullo 2025
M T W T F S S
« Mai    
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies