AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Lídia Senra insta a parar as negociacións dos tratados de libre comercio UE-Australia e UE-Nova Zelanda

31 Agosto, 2017 Austria, GUE/NGL, Lidia Senra, Nova Zelanda, Tratados de Libre Comercio, UE, Unión Europea
  • A Comisión de Agricultura do Parlamento Europeo está a debater a súa posición con respecto a estes acordos de liberalización comercial
  • Senra reiterou as consecuencias negativas que conlevan para as medianas e pequenas produtoras/es e o medio ambiente

Bruxelas, 31 de Agosto de 2017. A Comisión de Agricultura do Parlamento Europeo procedeu na mañá de onte ao debate dos textos de posición desta comisión con respecto ás negociacións de tratados comerciais que a UE quere establecer con Nova Zelanda e Australia. A eurodeputada galega Lídia Senra, titular do Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL) na Comisión de Agricultura, alertou das repercusións negativas que este tipo de acordos teñen para as pequenas e medianas produtoras e produtores,  así como para a pequena e mediana empresa local. “Os beneficios destes acordos son sempre unilaterais para fortalecer ao grande negocio exportador en detrimento das pequenas e medianas granxas que sempre se ven obrigadas a vender por embaixo dos custos de produción”, subliñou. Ademais, a nivel do sector agrario na Galiza, se estas negociacións avanzan, as consecuencias das mesmas afectarán directamente nos sectores do leite, da carne e do viño.

Por outra banda, lembrou Senra, estes tratados comerciais inflúen moi negativamente no quecemento global, xa que poñen innecesariamente en circulación mercadorías ao longo do planeta que xa están dispoñíbeis localmente. “A súa distribución supón un gasto enerxético, que redunda no aceleramento do cambio climático. Temos que parar estes acordos!”, esixiu, para o que procederá á presentación de emendas a ámbolos dous textos solicitando a paralización destas negociacións e o fin dos acordos de liberalización comercial.

anterior seguinte

Artigos relacionados

web_PACgz

Renunciar a unha PAC adaptada á realidade galega é renunciar ás nosas competencias como País

16 Outubro, 2018
Portadanovaweb_190918

Benvidas/os á nova páxina web da eurodeputada Lídia Senra. Novo enderezo: www.lidiasenra.gal

19 Setembro, 2018
Senra_ComAGRI_290818-520x245

Senra critica a falta de determinación da UE á hora de facer cumprir as directivas medioambientais

29 Agosto, 2018

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Xullo 2025
M T W T F S S
« Mai    
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies