AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Lídia Senra, responsábel polo GUE/NGL do seguimento das medidas de apoio ao sector apícola europeo

30 Agosto, 2017 abellas, apicultura, comisión de agricultura, GUE/NGL, Lidia Senra, Parlamento Europeo, sector apícola
  • A Comisión de Agricultura, da que Lídia Senra é titular para o Grupo Confederal da Esquerda Europea, está elaborando un informe específico
  • A eurodeputada galega traballa co sector na Galiza na recopilación de achegas para mellorar o texto que se levará ao pleno do Parlamento

abellas

Bruxelas, 30 de agosto de 2017. A eurodeputada galega Lídia Senra foi designada responsable do seguimento da elaboración do informePerspectivas e desafíos para o sector da apicultura da UE en representación do Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL).

Actualmente a Comisión de Agricultura do Parlamento Europeo, da cal Senra é titular para o GUE/NGL, está en proceso de elaboración dun texto que pretende adoptar medidas  de apoio á produción de mel dentro da Política Agraria Común (PAC). Entre outras cuestións, a Comisión de Agricultura subliña que o 84% das especies vexetais e o 75% da produción de alimentos na UE depende das abellas, que ademais ostentan unha responsabilidade crucial na conservación do equilibrio ecolóxico e a diversidade biolóxica.

A data de incorporación de achegas a este texto finaliza o vindeiro 8 de setembro , polo que a eurodeputada galega está xa a traballar co sector apícola para presentar as incorporacións e modificacións que as apicultoras e apicultores galegos consideren pertinentes. Unha vez consensuado o texto final, este será sometido a votación na Comisión de Agricultura e, no caso de ser aprobado, votarase novamente por tódalas eurodeputadas/os en sesión plenaria do Parlamento Europeo.

Lídia Senra vén traballando no fortalecemento da apicultura galega ao longo desta lexislatura  promovendo iniciativas como o encontro “Afrontando retos para a supervivencia das abellas en Europa”[1], celebrado en marzo do ano 2016 no Parlamento Europeo; así como a través do rexistro dunha pregunta parlamentar sobre a “vespa asiática” (outubro de 2014); a promoción dunha declaración para acadar unhaEstratexia europea de xestión, control e posíbel erradicación da Vespa Velutina Nigrithorax,  asinada por máis de setenta eurodeputadas/os de tódolos grupos político ou o apoio á unha iniciativa europea de apoio ao mel e ao Día Mundial das Abellas. 

____________________

[1]Máis información: [NdP030316] Apicultoras e apicultores demandan en Bruxelas a prohibición dos pesticidas neonicotinoides e [NdP030316_2]A vespa velutina pode poñer en perigo a seguridade alimentaria de toda Europa

anterior seguinte

Artigos relacionados

web_PACgz

Renunciar a unha PAC adaptada á realidade galega é renunciar ás nosas competencias como País

16 Outubro, 2018
Portadanovaweb_190918

Benvidas/os á nova páxina web da eurodeputada Lídia Senra. Novo enderezo: www.lidiasenra.gal

19 Setembro, 2018
Senra_ComAGRI_290818-520x245

Senra critica a falta de determinación da UE á hora de facer cumprir as directivas medioambientais

29 Agosto, 2018

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies