AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Lídia Senra apoia o Acordo de Diálogo Político e de Cooperación entre a Unión Europea e Cuba

5 Xullo, 2017 Cuba, dereitos humanos, Estados Unidos, GUE/NGL, Lidia Senra, Unión Europea
  • A eurodeputada galega recrimina á vez á UE que intente dar leccións de dereitos humanos a terceiros países cando nos Estados membros se están a vulnerar a diario 
  • Defende que as relacións e o diálogo con Cuba teñen que partir do escrupuloso respecto das súas decisións, “sen intentar impoñer cambios que o pobo cubano non decida”

 

Estrasburgo, 5 de xullo de 2017. A eurodeputada galega Lídia Senra, integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), votou este mércores no pleno do Parlamento Europeo a favor do Acordo de Diálogo Político e Cooperación entre a UE e Cuba, á vez que votou en contra da resolución adxunta  por considerala unha proposta totalmente “inxerencionista”. “Desde o meu grupo, o GUE/NGL, por suposto que apoiamos o acordo UE-Cuba que supón a normalización das relacións e remata coa Posición Común de 1996 da UE contra Cuba, pero votamos en contra da inxerencista resolución que propón este Parlamento Europeo”, explicou Senra durante unha intervención no pleno xa onte pola noite, previa á votación que tivo lugar hoxe.

A parlamentaria galega dixo “rexeitar o Instrumento Europeo para a Democracia e os Dereitos Humanos que ten como pretensión financiar á oposición e impulsar un cambio de réxime en Cuba”. “As relación e o diálogo con Cuba teñen que partir do escrupuloso respecto das súas decisións, sen inxerencias e sen intentar impoñer cambios que o pobo cubano non decida”, defendeu. “En Cuba non hai un proceso de transición política e económica nin liberalización. En Cuba hai unha actualización do seu modelo económico e social”, dixo.

Senra considera que “o bloqueo imposto por Estados Unidos contra Cuba limitou durante anos o pleno desenvolvemento do seu pobo e os vínculos coa UE, en gran medida polo seu carácter extraterritorial” e “en canto aos dereitos humanos, existe un diálogo a través do cal ambas as partes discutiron sobre bases de igualdade e respecto mutuos, pero a UE non está en posición de cuestionar a Cuba nestes temas”, dixo.

Fronte a isto, Senra fixo fincapé no que xa leva esta semana repetindo varias veces no pleno do Parlamento Europeo. “Arranxemos primeiro a nosa casa, miremos cara á vulneración dos Dereitos Humanos que se está a dar na UE. No Estado Español, hai sindicalistas encarcerados por exercer o dereito a manifestarse; póñense trabas e impedimentos ás persoas xornalistas; o Delegado do Goberno na Galiza recoñece que controlan, fan seguemento e investigan a persoas que asisten regularmente a manifestacións. Isto é unha vulneración do dereito de expresión e manifestación, por non falar xa da Lei Mordaza, ampliamente cuestionada, ou das políticas de austeridade que vulneran o dereito á saúde, á ensinanza ou á vivenda, e atacan os dereitos sociais e laborais. E a pesar de todo isto, que está pasando no Estado español e na UE… aínda nos atrevemos a dar leccións de dereitos humanos aos demais?”, criticou a deputada.

“A UE non ten ningunha lexitimidade para iso. E debe respectar os principios básicos de soberanía, independencia e autodeterminación do poblo cubano”, concluiu Lídia Senra, quen hoxe pola mañá tamén participou nunha acción fotográfica organizada polo GUE/NGL no Parlamento Europeo para denunciar o bloqueo de EEUU contra Cuba.

foto lidia cuba

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra, cos carteis contra o PEPP, no pleno do Parlamento Europeo hoxe

Lídia Senra vota contra o Produto Paneuropeo de Pensións Individuais: “É un insulto para a maioría social”

4 Abril, 2019
Plenary session - Minimum requirements for water reuse

A reutilización de augas no actual modelo industrial é un risco para as persoas e o medioambiente

12 Febreiro, 2019
150119_AngelaVallina-coordinadora do GUE-NGL en FEMM e Senra--

Temos que conseguir que os avances institucionais en materia de igualdade cheguen á vida real

15 Xaneiro, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies